SAÍDA 5ºEP - QUIÑONES DE LEÓN E MUSEO DO MAR

Os alumnos/as de 5ºEP visitaron o Museo Quiñones de León e o Museo do Mar para realizar a actividade "Salvemos a ría"

O SISTEMA SOLAR

@s alumn@s de 5º de Ed. Primaria están a traballar en ciencias o Sistema Solar, e montaron esta bonita exposición de maquetas:

Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración!

O MAGOSTÍN

ASÍ GOZAMOS DA NOSA FESTA!
Houbo xogos súper divertidos coma o lanzamento de castañas, carreiras de sacos, pose terrorífica,.... e logo comemos as castañas quentiñas! Mmmm!
Tamén podedes ver que decoramos as portas das clases e os corredores do cole terroríficamente xenial!
Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración!
Houbo unha gran participación no concurso de historias terroríficas organizado polo equipo de Dinamización da Lingua Galega, e que despois foron contadas aos máis pequen@s do cole. 
En clase de plástica plurilingüe este ano o dedicamos aos monstros/monsters, e tamén fixemos moitas actividades nas outras áreas sobre o Magosto e o Samaín, as dúas festas de outono máis importantes da nosa cultura galega.
Esta actividade estivo organizada polo equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares.
 Samaín, MAMÁ CABRA

INAUGURACIÓN DA NOSA BIBLIOTECA "XELA ARIAS" no Día das Bibliotecas

Comezamos o día 24, Día das Bibliotecas, presentando as novas instalacións aos nos@s alumn@s onde puideron lembrar como era a biblioteca antes e ver como é agora despois da ampliación do espazo e a reforma. Tamén se lles informou das normas e de como temos que coidala para que tod@s poidamos gozar dela.
Ao acto de presentación acudiron o Xefe Territorial de Educación e a Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa que trouxo uns agasallos para a nosa biblioteca. Tamén estiveron presentes a alcaldesa de Ponteareas e o concelleiro de Educación. Por outra banda, asistiron representantes do CRA "A Picaraña", representantes de FANPO e da Anpa O Loureiro Ponteareas quen donou un conto á Biblioteca e aos que lles damos as grazas! 
Pola tarde invitamos a tod@s os pais e nais a vir visitala e que puidesen comprobar o bo traballo feito polo noso equipo de Biblioteca, coa coordinadora, a mestra Diana, á cabeza e en colaboración co equipo directivo, aos que queremos felicitar polo bo traballo! 
GRAZAS A TOD@S 

PROXECTO DE CENTRO - OS XOGOS OLÍMPICOS

COMEZAMOS O ADESTRAMENTO PARA OS XOGOS OLÍMPICOS DE PARÍS 2024!

Quixemos dar comezo ao proxecto de centro deste curso cunha andaina á beira do Río Tea facendo exercicio en contacto coa natureza; compartindo un magnífico día de outono en convivencia e apostando polos hábitos saudables.

Os máis pequenos do cole quedaron na Moscadeira, os medianos chegaron ata o merendeiro de As Searas, e os maiores foron ata a Ponte das Partidas, en Moreira. Un xeito tamén de coñecer o noso Concello e as súas rutas de sendeirismo.

GRADUACIÓN 6ºEP

Despedimos ao noso alumnado de 6º desexándolle a mellor das sortes nos seus camiños!
Aquí tedes a vosa casa!


Nos seus últimos días no cole fixeron unha saída a Tui cunha inmersión lingüística en inglés onde pasaron 3 días divertíndose cun montón de actividades a cargo de @nubra.nbr e o acto de graduación de Ed. Primaria onde lembraron o paso polo cole e os seus mestres e mestras que os acompañaron todos estes anos.
#graduaciónprimaria

SAÍDA 3ºEP - CORAXFAUNA

A saída de 3° foi a @coraxfauna

CORAX é un Centro Educativo da Fauna autorizado por la Xunta de Galicia que promove actividades lúdico-formativas orientadas a xerar respecto e amor á natureza, para apreciar a fauna dende moi preto gozando dela.
#coraxfauna #respectopolanatureza

BIBLIOTECA CREATIVA

Como remate a este curso mostramos o traballo realizado dentro do programa de Bibliotecas Creativas. Un vídeo elaborado polo alumnado de sexto de primaria que recolle as normas de uso e o funcionamento da mesma. E vós, coñecedes a biblio do cole?

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

O pasado venres 16 asistimos ao gran festival de fin de curso onde comprobamos os fabulosos artistas que temos no noso cole!
Parabéns! 
E moitas grazas á mestra Lucía por organizalo!.

SAÍDA 1ºEP - MONTE ALOIA

O mércores 14, os nosos alumnos e alumnas de 1° foron ata Tui para coñecer á Fada do Aloia coa que aprenderon moito sobre a maxia da natureza e educación ambiental nun dos parques naturais máis fermosos de Galicia. 
#educaciónambiental #montealoia @a_fada_do_aloia

Distribuir contido