FESTA COMEZO DE CURSO #COMELOCAL
O noso cole, representado polo noso director José Ángel Penas, foi un dos participantes na Festa de Comezo de Curso do programa #comelocal. Foi toda unha oportunidade para gozar dun día cheo de actividades e descubrir o mellor da nosa gastronomía e da nosa #artesaniaalimentaria de Galicia que contou coa presenza do director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (#agacal), Martín Alemparte; a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro; e a campioa olímpica Teri Portela.
Como premio final da campaña entregáronnos unha tablet coa que poder realizar os menús dun xeito máis sinxelo, equilibrado e con recursos moi interesantes.