10ª EMISIÓN DO CURSO 12/13 DE RADIO FALADORA

Dende aquí podes escoitar a 10ª emisión deste curso 2012/13 de Radio Faladora, a nosa Radio Escolar, en versión web:


VISITA DO XOGADOR DO RC CELTA DE VIGO INSA AO COLEXIO

O pasado mércores 23 de xaneiro o xogador do Real Club Celta Insa visitou o noso colexio, para repartir entradas para o partido coa Real Sociedad do sábado 26 de xaneiro. Estas son imaxes desta visita:


O NADAL NO COLEXIO

Nestas imaxes pódese contemplar como está decorado o Colexio durante estas últimas datas

NOVO ÉXITO DO CORO DO COLEXIO NO 47º FESTIVAL DE VILANCICOS NOVACAIXAGALICIA

O pasado sábado 15 de decembro,no Auditorio de Novacaixagalicia en Vigo, o coro do Colexio Nosa Señora dos Remedios participou no 47º Festival de Vilancicos de Novacaixagalicia, logo de ser seleccionado para participar neste festival.

Fixeron unha brillante actuación mostrando un nivel alto neste acto.

GRANDE ÉXITO NO CONCERTO DE NADAL DO CORO DO COLEXIO

De grande éxito temos que cualificar o concerto de Nadal feito polo Coro do Colexio Nosa Señora dos Remedios este 14 de decembro no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas.

Fixeron pasar unha boa noite aos asistentes cun concerto completo que se achego á horade duración.

O auditorio fíxose pequeno, rexistrando un cheo absoluto.

Primeiro cantaron os compoñentes do coro 2 formado por alumnos/as de 4º, 5º e 6º de E. Primaria, despois foi o coro 1 de 1º, 2º e 3º de E. Primaria, para rematar todo o coro completo con máis de 130 voces coa interpretación de dous temas en conxunto.

Felicitacións para o coro e para as profes Ruth e Cecilia, directora e pianista do coro respectivamente.

Proximamente subiremos a esta web fotografís desta actuación.

O ALMANAQUE DE 2013 DO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS XA PODE DESCARGARSE DENDE ESTA WEB

Coordinado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e coa participación de todo o alumnado e profesorado do colexio, xa está elaborado o almanaque do ano 2013 do CEIP Nosa Señora dos Remedios.

Desta vez está dedicado á gastromonía típica galega e xa pode ser descargado dende esta web.

Estamos seguros de que vos gustará.

Distribuir contido