PROXIMAMENTE AS NOVAS EMISIÓNS DE RADIO FALADORA EN VERSION WEB

Nos vindeiros subiremos á rede os programas de Radio faladora, a nosa radio escolar, emitidos neste primeiro trimestre. Xa son 6 as emisións feitas e esperamos que vos gusten.

ESTREA DO NOVO CORO INFANTIL E XUVENIL CANTEMOS

ESTRENO DO NOVO CORO INFANTIL E XUVENIL “CANTEMOS”

 

 

O coro “Cantemos” está  coorganizado polo O.Vocal “ A Vila” e o Colexio Nosa Sra. dos Remedios, ambas institucións pertencentes á vila de Ponteareas.

Esta organización conxunta ven dada pola longa tradición musical coral deste colexio, que xa hai 40 anos contou coa súa propia  formación e que gravou un CD de panxoliñas, “Nadal Galego”, todo un referente das festas navideñas en toda a comunidade galega e aínda comercializado a día de hoxe nas grandes superficies comerciais.

Iniciou a súa andaina o pasado mes de outubro coa intención de  formar a novos cantores dende a súa base. Está formado por 44 coralistas de idades comprendidas entre os 7 e os 16 anos. Ademais de dar saída aos cantores do coro CEIP Nosa Sra. dos Remedios que rematan a E. Primaria, acolle a rapaces/as de tódolos centros de Ponteareas que desexen iniciarse no canto coral e na formación vocal.

O 3 de novembro levou a cabo o seu primeiro concerto no Theatro Circo en Braga, capital das Xuventudes europeas, no certame  “Voices of a T"Y"meline”  xunto con outras formacións xuvenís portuguesas., unha experiencia moi gratificante para o grupo.

Na actualidade está a preparar o repertorio de Nadal  que estrearán nun concerto conxunto co O.V. “A Vila” o vindeiro 22 de decembro no Auditorio Reveriano Soutullo.

 

O coro Cantemos está dirixido por Ruth Barros Abalde e conta con Andrea Iglesias Carracedo  como pianista acompañante.

 

Aínda se admiten novas voces para este proxecto. Os interesados/as poden dirixirse a : presidente@obradoiro-vocal-a-vila.es ou , ceip.nosasenora.remedios@edu.xunta.es.

 

 

 

 

CALENDARIO DE ENSAIOS E CONCERTOS DO CORO CANTEMOS PARA O NADAL 2012

 

 

CALENDARIO DE ENSAIOS E CONCERTOS PARA O NADAL 2012. 

 

*Concerto: Sábado 22 de decembro ás 21:00h no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas, compartido con O.V. “A Vila”

 

*Ensaios previos:

 

-Mércores 5 de decembro ás 16:00h todos/as os que poidan debido a que o xoves é festivo e precisamos ensaiar.

-Xoves 13 de decembro . Ensaio en hora de comezo habitual. Remataremos ás 19:30h.

-Domingo 16 de decembro. Horario por confirmar segundo dispoñibilidade do Auditorio. En principio será de mañá.

-Xoves 20 de decembro. Ensaio en hora de comezo habitual. Remataremos ás 19:30h.

                                                                            

O día 22 é probable que ensaiemos antes do concerto. Se concretará no ensaio do xoves.

 

*PROPOSTA DE INDUMENTARIA: 

 

*Nenos – homes: A proposta é mercar unha camisa negra en substitución da camiseta.  Servirá para o resto de concertos. O custo é de 11,60€ na tenda de Elena Pérez. Gravata en color prata. Custo a cargo do coro.

 

*Nenas – mulleres: A proposta é facerlles unha banda adaptada individualmente tamén en cor prata. O custo rondaría os 5€ aproximadamente. Aínda se está a mirar a tela e confección. Se vos informará en canto estea arrancado.

Avalorio a cargo do coro para poñer na camiseta. Xa está mercado.

 

Para calquera aclaración podedes escribir ao correo que aparece no encabezado ou chamar ao teléfono.

 

*IMPORTANTE:

 

Esta e outras informacións estarán colgadas tanto na páxina web do colexio como na do O.V. “A Vila”. Hai un apartado ao que unicamente teredes acceso os pais e os cantores/as do coro. Estas son as claves de acceso:

 

Web do colexio: Usuario: cantemos; clave: cantor

Web do O.V. “A Vila”. Clave: pais

Correo e- do colexio: ceip.nosasenora.remedios@edu.xunta.es

Correo e- Obradoiro VocalA Vila: presidente@obradoiro-vocal-a-vila.es

 

 

MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN

ORGANIZACIÓN ENSAIOS E ACTUACIÓNS DECEMBRO 2012

¡IMPORTANTE!

NON TIRAR O PAPEL ATA FINALIZAR CONCERTOS.

 

Estimados pais/nais:

 

O vindeiro venres día 14 de decembro daremos un Concerto de Nadal no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas ás 20:00h. Neste concerto participaremos a totalidade do coro dende 1º ata 6º.

Lembrade que os nenos/as deberán ir vestidos con: pantalón, camiseta, calcetíns e zapatos negros. Ademais as nenas levarán atada á cintura a banda que se adxunta e no lado esquerdo do peito a flor que lles enviamos. Fagan unha proba  antes para asegurarse de que lles senta ben por si lle teñen que facer algunha pequena modificación.

Os nenos levarán as bandas no pescozo sen atar.

Os pais/nais das nenas que o desexen poden facerlle un peinado que inclúa lazo, diadema ou semellante da cor da banda, pois o efecto óptico resulta moi vistoso no escenario.

 

NON SERÁ NECESARIO DEVOLVER OS COMPLEMENTOS ATA FINALIZAR O CURSO SALVO QUE O SEU FILLO/A DEIXE O CORO ANTES DESA DATA.

 

Os nenos/as NON teñen que traer as carpetas.

 

Para poder traballar ben o programa ademais dos ensaios habituais na escola precisamos quedar cos nenos/as os días que se marcan no seguinte calendario.

 

 

DÍA,HORA E LUGAR DE ENSAIO

CURSO

Sábado  1 de decembro de 10:00h a 11.00h. Ximnasio do colexio. Entrada pola porta de abaixo

1º,2º e 3º de E.Primaria

Sábado  1 de decembro de 10:45h a 12:30h. Ximnasio do colexio. Entrada pola porta de abaixo

3º,4º,5º e 6º de E.Primaria Tamén 3º xa que teñen que ensaiar cos maiores para o Festival de panxoliñas de Novagaliciabanco

Venres 14 de decembro a partires das 18:30h. Auditorio Reveriano Soutullo.

4º,5º e 6º de E.Primaria

Venres 14 de decembro a partires das 19:15h. Auditorio Reveriano Soutullo.

1º,2º e 3º de E.Primaria.

Os nenos xa quedarán dentro das instalacións ata o comezo do concerto doAuditorio

 

É moi importante para o coro a asistencia de público, polo que vos pregamos a maior difusión entre os vosos familiares, amigos, contactos de correo electrónico...

 

AO FINALIZAR O CONCERTO DEBEDES RECOLLER AOS NENOS/AS SEGUNDO VAIAN BAIXANDO DO ESCENARIO. Por favor, avisádenos aínda que sexa cun xesto na distancia de que os levades.

 

 

A TER EN CONTA

 

PÁXINA WEB DO COLEXIO

 

Ademais de enviarlles circulares informativas, queremos que saiban que colgaremos todas as informacións na páxina do colexio. Para acceder á mesma deberán seguir estes pasos:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipasveigas

 

1. Apareceralles na esquerda “Iniciar sesión” O noso nome de usuario será a palabra “coro” e o contrasinal “canto11” ( con minúsculas,sen comiñas e sen espazos).  A razón de ter acceso restrinxido é protexer as informacións que unicamente lle incumben ás persoas implicadas no coro. O resto das noticias estarán no apartado NOVAS DO CORO

 

2. Pinchar no apartado “Coro do colexio” e dentro del  “Membros do coro” que está na marxe dereita.

 

Lémbrenlles  aos seus fillos/as que non deben dar estes contrasinais a persoas alleas ao coro.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

PRECISAMOS FACER UNHA ESTIMACIÓN DOS NENOS/AS COS QUE PODEMOS CONTAR TANTO PARA ENSAIOS COMO PARA OS CONCERTOS. POR FAVOR, ENVIADE A PARTE DE ABAIXO DA CIRCULAR CUBERTA E QUE OS NENOS/AS A BOTEN NO BUZÓN DO CORO COMO É HABITUAL.

 

Un saúdo.

 

Cecilia e Ruth.

 

Cortar polos puntos e enviar autorización asinada.

.............................................................................................................................................

 

 

O alumno/a..........................................................................................................................

do curso........................ acudirá (si/non) ás actividades que se sinalan.

 

*ensaio do sábado 1 de decembro  si (    )   non (    )

*ensaio e concerto do día 14 de decembro  si (    )   non (    )

 

Entregar o venres día 30 de novembro como último día. Grazas. Teñan en conta que é complicado organizar actividades con tantos nenos/as e precisamos ter claro o listado con  antelación.

Si precisan calquera aclaración ou detalle que queiran puntualizar a título persoal poden escribilo pola parte de atrás deste xustificante.

 

 

 

 

 

ORGANIZACIÓN FESTIVAL DE PANXOLIÑAS NOVAGALICIA BANCO

 

* Data e lugar: Sábado 15 de decembro en Vigo. Centro Cultural Novacaixagalicia. Policarpo Sanz, 13. Vigo.

*Hora: A partires das 19:00h

*Lugar de actuación: Séptimo

*Hora de regreso ao colexio: 22:30h aproximadamente

 

            +O autobús será gratuíto.

+Os nenos/as serán atendidos/as polas mestras e varios pais/nais voluntarios. Si desexan colaborar póñanse en contacto enviando unha nota na propia autorización co seu nº de teléfono.

+Non poderá facer uso do autobús ningún pai/nai/familiar que non estea ao cargo dun grupo de nenos/as.

+A entrada para vostedes será libre ata completar aforo. Recomendamos que cheguen con tempo para asegurar o sitio.

+Mandádelles un pequeno tentempé por si teñen fame despois da actuación.

+Os nenos/as NON teñen que levar a carpeta.

 

+Sábado 15 de decembro: Deberán traer aos nenos/as (xa vestidos co uniforme) )  pola parte de abaixo do colexio ás 17:15h. Faremos un ensaio  e dende alí partiremos cara a Vigo. Hora de recollida no colexio: 22:30h aproximadamente.

 

 

OS HORARIOS SON APROXIMADOS XA QUE NON SABEMOS CON EXACTITUDE A DURACIÓN DAS ACTUACIÓNS.

 

Si alguén desexa  recoller ao seu fillo/a antes de coller o autobús deberá comunicalo previamente ás mestras e ao pai/nai encargada del nese momento.

 

 

+Teléfono de contacto solo para este día 679056984.

 

.............................................................................................................................................

 

O alumno/a..........................................................................................................................

do curso......................... asistirá ao Festival de Panxoliñas que se celebrará o Sábado 15 de decembro en Vigo.

 

En caso de ofrecerse a  asistir como coidador/a dun grupo de nenos/as ese día, por favor, cubrir os seguintes datos:

 

Nome:

 

 

Nº de teléfono:

 

 

Asdo: Pai/Nai /Titor/a :

CONCERTOS DE NADAL DO CORO DO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

CONCERTOS DE NADAL DO CORO CEIP NOSA SRA. DOS REMEDIOS


 


No mes de abril de 2011 ponse en marcha o coro do CEIP Nosa Sra. dos Remedios de Ponteareas. Na actualidade conta  con 150 voces de nenos/as entre 6 e 12 anos alumnos/as do propio centro escolar. 


Este Nadal realizarán un concerto no Auditorio Reveriano Soutullo o venres 14 de decembro. 


Así mesmo, e tras quedar finalistas o pasado ano no 46 Festival de vilancicos organizado por Novacaixagalicia ,este ano participarán novamente o sábado 15 de decembro interpretando no seu programa Oh! Noche hermosa e A la orilla del río, Ímonos xa pra aldea e Deck the Halls.

O MAGOSTO NO COLEXIO

Este venres 9 de novembro festexamos no noso colexio o Magosto, como remate das actividades de outono. Participou todo o alumnado e profesorado do colexio. Fixemos unha fogueira con bullo e con castañas no medio, ao xeito tradicional e ademais asamos moitas máis castañas que trouxeron os alumnos e alumnas.


 

CONTOS DE MEDO

Dentro das actividades coordinadas polo Equipo de Biblioteca do colexio e como parte da celebración do Samaín, dende o pasado 29 de outubro e ata hoxe 8 de novembro, levouse a cabo a lectura de contos de medo escritos por alumnos/as do colexio.

A estas lecturas asistiron alumnos e alumnas de todos os cursos segundo o calendario que se propuxo, sendo un éxito importante, destacando a calidade destes contos.        Anoxado

O SAMAIN E O HALLOWEEN NO NOSO COLEXIO

Nos últimos días de outubro e nos primeiros de novembro estamos a celebrar no colexio o Samaín e o Halloween.

A INFORMACIÓN DA BIBLIOTECA DO COLEXIO NA NOSA BITÁCORA VIAXA CON POPI

Para ver a información sobre a Biblioteca do CEIP Nosa Señora dos Remedios, así como as actividades que desenvolve, vai á Bitácora Viaxa con Popi, pinchando no seguinte enlace: http://viaxaconpopi.blogspot.com.es/

XORNADAS DE EDUCACIÓN VIARIA 2012

Entre o 8 e o 16 de outubro celebramos no noso colexio as Xornadas de Educación Viaria 2012, coordinadas dende o equipo de actividades complementarias e coa imprescindible participación da Garda Civil que puxo un circuíto completo no que o alumnado recibiu unhas normas de educación viaria. Tamén foi importante a participación da Policía Local de Ponteareas que colaboraron todos estes días instruíndo ao alumnado.

Participaron todos os alumnos e alumnas do colexio; os máis pequenos con triciclos, outros con bicicletas e os amiores con karts que trouxo a Garda Civil. Houbo unha colaboración moi importante por parte das familias que prestaron triciclos e bicicletas para facer a actividade.

Tamén houbo a colaboración de todo o profesorado do colexio para participar nesta actividade.

Ao remate das xornadas repartíronse diplomas de participación a todo alumnado.


Distribuir contido