CIRCULAR I OBRADOIRO DE TÉCNICA VOCAL INFANTIL

 


Estimados pais/nais:


 


Dentro das actividades organizadas para o Coro Escolar as mestras decidimos convocar o I CURSO DE TÉCNICA VOCAL INFANTIL . A finalidade é que os nenos/as experimenten coas súas voces sensacións que de seguro serán novas para eles/as. Traballaremos a respiración, o rexistro de voz, a colocación, a afinación... da man de dous grandes profesionais da música, ambos os dous licenciados na carreira de canto.


Iria Rodríguez Cuevas traballará co CORO 1, formado polos coralistas de 1º a 3º e Juan Abalde o fará cos rapaces/as do CORO 2 integrado por nenos/as de 4º a 6º.


 


Sen dúbida é todo un luxo para os vosos fillos/as poder disfrutar desta xornada.


 


Poden mandarlles un pequeno almorzo. Imprescindible unha botella de auga.


A continuación detállase o calendario para que teñan coñecemento dos horarios.


 


CORO 1 (1º A 3º):


 


09:50-10:30h Situación dos nenos/as na planta baixa de E.Infantil.  Charla Ensaio de repertorio.


10:30h a 10.55h Descanso. Recreo.


11:00h a 11:45h Sesión de Técnica vocal.


12:00 DESPEDIDA. RECOLLIDA .


 


Sen máis, recibide un cordial saúdo.


 


Cecilia Louro e Ruth Barros


.............................................................................................................................................


Enviar asinado antes do xoves 19 de abril.


 


 


Eu, Don/Dona......................................................................................................................


 


con D.N.I........................................................................................ autorizo ao meu fillo/a


 


..................................................................................................................do curso..............


 


a participar no I CURSO DE TÉCNICA VOCAL que se celebrará o sábado 21 de abril  nas instalacións do colexio. Faremos a entrada e a saída pola porta de abaixo.


 


            Asdo. Pai, nai ou titor/a


 


 


 


 


 


Ponteareas, ........... de abril de 2012.


 


 


 


 


 


Estimados pais/nais:


 


Dentro das actividades organizadas para o Coro Escolar as mestras decidimos convocar o I CURSO DE TÉCNICA VOCAL INFANTIL . A finalidade é que os nenos/as experimenten coas súas voces sensacións que de seguro serán novas para eles/as. Traballaremos a respiración, o rexistro de voz, a colocación, a afinación... da man de dous grandes profesionais da música, ambos os dous licenciados na carreira de canto.


Iria Rodríguez Cuevas traballará co CORO 1, formado polos coralistas de 1º a 3º e Juan Abalde o fará cos rapaces/as do CORO 2 integrado por nenos/as de 4º a 6º.


 


Sen dúbida é todo un luxo para os vosos fillos/as poder disfrutar desta xornada.


 


Poden mandarlles un pequeno almorzo. Imprescindible unha botella de auga. Imprescindible carpeta con partituras.


 


A continuación detállase o calendario para que teñan coñecemento dos horarios.


CORO 2 (4º A 6º):


10:45 Situación dos nenos/as no Ximnasio  para presentar aos profesores e explicar sesgadamente a actividade.


11:00h a 11:45h Sesión de Técnica vocal.


11:45 – 12:10h Descanso, recreo. Xogos organizados.


12:15h – 13:00h Ensaio de repertorio.


13:00 – 13:10 h Audicións.


13:15 Despedida.


 


Sen máis, recibide un cordial saúdo.


Cecilia Louro e Ruth Barros


.............................................................................................................................................


Enviar asinado antes do xoves 19 de abril.


 


 


Eu, Don/Dona......................................................................................................................


 


con D.N.I........................................................................................ autorizo ao meu fillo/a


 


..................................................................................................................do curso..............


 


a participar no I CURSO DE TÉCNICA VOCAL que se celebrará o sábado 21 de abril  nas instalacións do colexio. Faremos a entrada e a saída pola porta de abaixo.


 


            Asdo. Pai, nai ou titor/a


 


 


 


 


 


Ponteareas, ........... de abril de 2012.

I CURSODE TÉCNICA VOCAL INFANTIL DO CORO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

O Coro CEIP Nsa. Sra. dos Remedios celebra o I CURSO DE TÉCNICA VOCAL INFANTIL o vindeiro sábado 21 de abril .


As clases serán impartidas polo tenor Juan Abalde e a soprano Iria Rodríguez, ambos Licenciados en canto polo Conservatorio Superior de Música de Vigo.


A nosa gratitude pola súa xenerosidade co coro.

RADIO FALADORA 102

Pinchando no seguinte enlace poderás escoitar o programa 102 de Radio Faladora, a nosa Radio Escolar, en versión web:


http://www.box.com/s/bfdb3534ccca09fa7390

AS V XORNADAS DE PORTAS ABERTAS UN NOVO ÉXITO

Os pasados 13 e 14 de marzo leváronse adiante as V Xornadas de Portas Abertas do CEIP Nosa Señora dos Remedios cunha importante participación de familias que teñen que solicitar praza para os seus fillos/as para o curso vindeiro. Nestas xornadas facilitouse información sobre o funcionamento do colexio e fíxose un amplo recorrido polas súas instalacións, respondendo a todas as preguntas que as familias fixeron.


Esperamos que os asistentes levaran unha boa impresión do noso Colexio e soliciten praza para os seus fillos/as no mesmo.

RADIO FALADORA 101

Pinchando no seguinte enlace poderás escoitar o programa número 101 en versión web de Radio Faladora, a nosa Radio Escolar, correspondente á emisión no colexio deste mércores 29 de febreiro de 2012:


http://www.box.com/s/tmj0i1g7rtzpn8ys487y

RADIO FALADORA CHEGA AOS CEN PROGRAMAS!!!!

O pasado venres 17 de febreiro de 2012 emitiuse no colexio o programa número 100 de Radio Faladora, a nosa Radio Escolar, que naceu no curso 2008-09.


Queremos felicitar a todos/as os que patrticiparon neste proxecto ata agora dende os seus inicios e esperamos que se sigan emitindo moitos programas máis.

FOTO DO 1º CONCERTO DO CORO NO FESTIVALO DE VILANCICOS DE NOVACAIXAGALICIA

FOTO CONCERTO NADAL


 


Os alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º que participastes no Festival de Vilancicos podedes adquirir unha foto da actuación que fixemos en Vigo o primeiro día.


Custa 3 € e tedes que traer asinada a autorización antes do venres 17 de febreiro.


 


Non lle entreguedes os cartos e as autorizacións ás titoras. Buscádeme no edificio de E.Infantil ou antes de que soe o timbre pola mañá ou ben durante o recreo.


 


Ruth.

Distribuir contido