RADIO FALADORA 76 NA WEB

Pinchando no seguinte enlace poderás escoitar o programa nº 76 de Radio Faladora, a nosa radio escolar, en versión web:

http://www.box.net/shared/zbhvuzr9qr

O DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA NO COLEXIO

O venres 28 de xaneiro celebramos o Día da Paz e a Non Violencia no noso colexio. Deuse lectura a un manifesto e alumnos/as representantes de todos os grupos do colexio leron as súas mensaxes co gallo deste día.

Ao remate do acto todo o alumnado cantou a canción elixida para este día. Daremos máis información sobre este acto nesta web en próximos artigos.

BITÁCORA DE 5º A

Xa se pode acceder á Bitácora de 5º A dende o enlace situado nesta web do noso colexio. Esta bitácora está coordinada pola mestra titora do grupo e nela aparecen traballos dos alumnos e alumnas da clase.

BITÁCORA DE 6º A

Xa temos enlace dende esta web á bitácora do alumnado de 6º A, que está coordinada pola súa mestra titora. Animámosvos a que entredes nesta bitácora pois ten contidos moi interesantes.

RADIO FALADORA 71 NA WEB

Pinchando no seguinte enlace poderás escoitar o programa 71 de Radio Faladora, a nosa readio escolar en versión web, correspondente ao 22 de decembro de 2010:

http://www.box.net/shared/5sogex6b51

Distribuir contido