O TRABALLO NO NOSO COLEXIO CO ALUMNADO INMIGRANTE NO IV SEMINARIO NACIONAL DE ATENCIÓN A ESTE ALUMNADO

Este sábado 13 de novembro dentro do "IV Seminario Nacional de Atención ao alumnado inmigrante. Experiencia e Innovación" organizado pola Universidade de Santiago de Compostela e o grupo Esculca, o C.E.I.P. Nosa Señora dos Remedios participou cunha ponencia nunha mesa de experiencias.

Nesta ponencia expuxemos un resumo do amplo traballo feito no noso colexio ao longo dos últimos anos co alumnado inmigrante, detallando algunhas actividades e resumindo o feito durante o curso 2009-10.

A experiencia resultou moi positiva e unha vez máis amosamos o traballo que se está a facer no noso colexio. Isto fai que pouco a pouco sexamos un referente no traballo que desenvolvemos con este alumnado, traballo no que ten participado moi activamente todo o profesorado durante todos estes anos.

ACTIVIDADE DE CICLISMO DA FUNDACIÓN ÓSCAR PEREIRO NO COLEXIO

Durante esta semana, dende o luns ata o mércores a fundación Óscar Pereiro organizaou unha actividade de ciclismo para todo o alumnado de Primaria do noso colexio.

Os nenos e nenas divertíronse moito con esta actividade e aprenderon normas de seguridade viaria, ademais de traballar tamén o dominio da bicicleta.

 

RADIO FALADORA 62

Poderás escoitar o programa nº 62 de Radio Faladora, a nosa Radio Escolar, pinchando no seguinte enlace:

http://www.box.net/shared/37yjprccig

RADIO FALADORA 61

Pinchando no seguinte enlace poderás escoitar o programa 61 de Radio Faladora, a nosa Radio Escolar, emitido no colexio o 6 de outubro:

http://www.box.net/shared/tfglastg8c

RADIO FALADORA COMEZA OS SEUS PROGRAMAS DESTE CURSO 2010-11

No pasado mércores 6 de outubro iniciáronse as emisións de Radio Faladora, a nosa Radio escolar, correspondentes a este curso 2010-11.

Emitiuse no colexio o programa 61 que proximamente vai ser subido á rede.

remedios6b NOVA BITÁCORA EN INTERNET DA AULA DE 6º B

Nun paso máis no uso das novas tecnoloxías, a aula de 6º B de E. Primaria do CEIP Nosa Señora dos Remedios conta cunha bitácora propia en Internet, na que van ir aparecendo traballos e actividade do alumnado desta aula, baixo a coordinación da súa titora.

Podedes acceder a esta bitácora dende o enlace que hai na parte de arriba desta web ou indo ao enderezo de Internet: http://remedios6b.blogspot.com

Dende aquí animamos a todos/as a traballar nesta bitácora.

O CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS VAI CONTAR CUN AUXILIAR NATIVO DE CONVERSA EN INGLÉS

O CEIP Nosa Señora dos Remedios vai contar durante este curso cun auxiliar de conversa en Inglés, nacido na Gran Bretaña.

Este é un paso máis para a mellora no ensino do Inglés, que vén a completar ás seccións bilingües e o traballo tan importante que están a facer as mestras especialistas en Inglés do noso centro.

Distribuir contido