LOGO SEGUIREMOS COAS EMISIÓNS DE RADIO FALADORA

Xa queda pouco para iniciar as emisións de Radio Faladora, a nosa radio escolar, neste curso 2009-10. Igual que no curso anterior, os programas emitidos no colexio subirémolos a Internet para dende esta web poder escoitalos.

Estade atentos/as!!!!!!!!

Xa queda pouco!!!!!!!!

SECCIÓNS BILINGÜES NO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

Continuando co proxecto inciado no curso 2008-09, neste 2009-10 imos ter seccións bilingües en Plástica en todos os grupos do 2º ciclo de E. Primaria, polo que este ano todos os alumnos e alumnas de 3º e 4º de E. Primaria recibirán as clases de Plástica en Galego e Inglés.

Isto vén a supoñer un paso máis cara a unha educación moderna e de calidade no C.E.I.P. Nosa Señora dos Remedios.

PREVENCIÓN DA PEDICULOSE (PIOLLOS)

Neste inicio de curso xa apereceron novos casos de pediculose (piollos), polo que é necesario por parte de todos/as extremar as medidas de prevención e tratamento desta praga. Pinchando no seguinte enlace podedes atopar información sobre a prevención e o tratamento desta infección:

http://www.guiainfantil.com/salud/higiene/piojos.htm

NOVO HORARIO DO COLEXIO

A PARTIRES DESTE VENRES 11 DE SETEMBRO DE 2009 XA TEREMOS O NOVO HORARIO DE CLASE QUE SERÁ DE 9.25 A 14.25 HORAS.

ESTE HORARIO AXÉITASE MOITO MÁIS PARA TODOS/AS. AQUEL ALUMNADO QUE VÉN EN TRANSPORTE DEBERÁ ESTAR NA SÚA PARADA APROXIMADAMENTE 10 MINUTOS ANTES DA HORA NA QUE ESTABAN NO CURSO PASADO. NA VOLTA DESPOIS DE COMER ÁS SÚAS PARADAS TAMÉN SE ADIANTARÁ A SAÍDA DO AUTOBÚS.

A HORA DE SAÍDA ADIÁNTASE TAMÉN ÁS 14.25 (10 MINUTOS ANTES QUE NO CURSO ANTERIOR), POLO QUE AS FAMILIAS DO ALUMNADO NON TRANSPORTADO DEBERÁN ESTAR A ESA HORA NO COLEXIO PARA RECOLLELOS.

 

PUBLICADAS AS LISTAS DEFINITIVAS DO COMEDOR ESCOLAR 2009-10

Están publicadas no taboleiro de anuncios do colexio as listas definitivas de admitidos/as para o comedor escolar no curso 2009-10.

 

CALENDARIO ESCOLAR 2009-10

No ficheiro adxunto está o calendario escolar para o curso 2009-10 aprobado pola Consellería de Educación e O.U. e publicado recentemente no DOG.

1ºC STARRING ... GOLDILOCKS

Click here and you can see the students in 1st grade C singing their class songs from the story of Goldilocks. Have fun!

Preme aquí e poderá ollar ós alumnos e alumnas de 1º C cantando as súas cancións do conto de Riciños de Ouro. Desexamos que lles guste!

 

http://www.box.net/shared/v6hgt6pgbu

http://www.box.net/shared/reob29qmio

A PITA FALADORA

A PITA FALADORA

O derradeiro número do xornal escolar, A Pita Faladora, do curso 2008-2009, xa se pode ollar picando no seguinte enlace. Nel aparecen traballos e actividades, que os alumnos e alumnas de todos os niveis  levaron a cabo ao longo deste terceiro trimestre.

A semana que ven todos os membros da comunidade levarán o seu número do xornal impreso.

 

http://issuu.com/esther.prieto/docs/a_pita_faladora_29

SONG: "WHEN I WAS YOUNG"

Here is a new video of some students in Fifth Grade singing a classbook song. Enjoy it!

 

Aquí podedes atopar un novo vídeo de algúns alumnos e alumnas de 5º cantando unha canción do seu libro de texto. Desexamos que lles guste.

 

http://www.box.net/shared/lnty0zjbox

 

Distribuir contido