Benvidos ao noso cole
CEIP Plurilingüe As Veigas
1969-2019 50 anos formando para o futuro
Rúa Azorín, s/n. 36860. PONTEAREAS
Telf.: 886 110 532
Fax: 886 110 538
Correo: ceip.asveigas@edu.xunta.gal
Impresos para AUTORIZACIÓNS
Nesta entrada podedes descargar os impresos para diferentes AUTORIZACIÓNS:
Períodos durante os que se poderán presentar as novas autorizacións ou modificación das existentes:
- mes de setembro
- 15 últimos días de xaneiro
- 15 últimos días de marzo
CONCURSO DE CABAZAS
Mirade as cabazas que decoran os nosos corredores! Xa temos todo preparado para festexar o Magostín!
Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración
LUZ NEGRA 4 ANOS
Nas aulas de 4 anos seguen estudando o corpo humano, desta vez mesturándoo co Samaín.
Foron á biblioteca e alí fixeron un obradoiro coa luz negra baseado no conto " Os esqueletos divertidos". Unha idea súper!
COMEZO CLUB DE CIENCIA NATURIÑA
Comezou o noso club de ciencias Naturiña e, para esta primeira xuntanza, relacionaron a sesión co proxecto do cole e elaboraron un medidor de aplausos!
Xenial! El@s si merecen unha chea de aplausos #clubdecienciasnaturiña #clubdeciencias #microbit #medidordeaplausos
GALICIA SABE A MAR
Onte apareceu unha foodtruck no noso patio! E os afortunad@s que puideron ir degustar os produtos con sabor a mar foron os alumn@s de 4° EP. Que saborosos estaban!
ARTISTAS DE OUTONO
Hoxe está un día perfecto para amosarvos os traballos que fixeron os nos@s artistas de Primaria inspirándose no outono.
WELCOME MEREDITH!! - AUXILIAR DE CONVERSA
Meredith Lance será este curso a nosa auxiliar de conversa. Vén de Atlanta no estado de Xeorxia dos EEUU. Gústalle moito poder axudar aos nos@s alumn@s a mellorar o nivel de inglés, e está encantada de poder coñecer Galicia e a nosa cultura. E nós estamos encantad@s tamén de acollela no noso equipo.
THANK YOU VERY MUCH!
XORNADAS RCP 6ºEP
Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria do noso colexio visitaron a Nave de Aceiros do Tea con motivo do Día Internacional da Parada Cardíaca.
Alí lles ensinaron algunhas nocións de reanimación por parte de @tesgalicia e @cruzrojaesp e tamén polos bombeiros, policía local e protección civil.
Coñecer como proceder en caso de urxencia salva vidas!
PRESENTACIÓN PROXECTO COÑECE O MEU RÍO 5ºEP
Hoxe tamén estiveron presentando o proxecto #megustamirío ao alumnado de 5° EP. Participaron moito contestando as preguntas e xa debecen por facer a primeira saída ao río!