UNHA BONITA EXPERIENCIA PARA O CORO DO COLEXIO

Como sabedes, o pasado sábado 3 de decembro o coro participou no 46 Festival de vilancicos Novacaixagalicia.


 


Vaia mañá máis intensa pasamos. Un ensaio no ximnasio do cole para quecer as voces, reparto de grupos cos pais e nais que nos coidaron, subida ao autobús e chegada ao Teatro.


Estaban  esperándonos na entrada moitos dos nosos pais e nais que ían con ganas de escoitarnos.


Xa dentro unhas azafatas informáronnos onde estaban os nosos camerinos.


Deixamos as cazadoras e colocámonos xa uniformados no corredor principal  á espera de que nos avisaran para actuar.


Fixemos as filas, tentamos relaxarnos e... cara ao escenario por escaleiras de caracol!!!!.


Aquí colgaremos algunhas fotos e o vídeo da actuación.


Repertorio: Campanita del lugar, Noite de Nadal e Aló entre as pallas.


Esperamos que vos guste.


 


 


 


AGRADECEMENTOS


 


As mestras non queremos deixar de agradecervos aos pais e nais o esforzo para mercarlles aos nenos o necesario para o uniforme.


Temos moi claro que a imaxe conta. A estampa que ofrecemos no Teatro foi impecable.


Así mesmo o noso agradecemento ao Centro e á ANPA por mercar o necesario para facernos cos complementos que servirán para moitas máis actuacións.


Mención tamén para as nais que cortaron e coseron as bandas, bufandas e flores  que sería imposible dar rematado sen contar con tantas mans colaborando.


Grazas tamén por acompañarnos e facervos cargo dos rapaces/as.


Coidamos que este é o principio dunha gran aventura.


Recibide unha aperta.


Ceci e Ruth