Blogues da Biblioteca
SOMOS FINALISTAS DO FIC BUEU!
Enviado por Ainhoa Suarez o Lun, 26/09/2022 - 17:47Este venres asistimos á GALA ESCOLAS celebrada no Centro Social do Mar durante o FIC BUEU. O motivo foi a nosa nominación pola curta que fixemos o ano pasado: “OSO ATRAPABOLBORETAS”.
PARABÉNS a todo o alumnado de 3º polo traballo realizado! Noraboa tamén ao profesorado participante, especialmente á profe MARTA, que foi quen levou o peso deste proxecto. Podedes ver de novo a nosa curta facendo clic na seguinte foto.
A continuación, algunhas fotografías da Gala.
Por último, podedes ver a retransmisión da mesma no seguinte enlace.
E POR FIN CHEGOU O DÍA DA EXCURSIÓN!!!!
Enviado por Macu Rodríguez o Mar, 14/06/2022 - 23:05
E POR FIN CHEGOU O DÍA DA EXCURSIÓN!!!!
Despois de tanto tempo agardando, despois de tanta preocupación por se chovía, despois de tanto nerviosismo e de tanta ilusión contida,
POR FIN CHEGHOU O DÍA DA EXCURSIÓN!!!
QUE BEN O PASAMOS!!
Grazas ás nosas queridas GATIÑAS VIAXEIRAS emprendemos esta magnífica aventura que nos levou a viaxar en autobús entre Bueu e Moaña e en barco pola ría de Vigo!!
Visitamos o museo MEIRANDE onde nos falaron da batalla de Rande e de como era a vida dentro dun galeón!
Percorremos a ILLA DE SAN SIMÓN, onde Mari Cruz, a nosa guía, nos falou da súa Historia. Ademais, organizounos uns xogos divertidísimos e superamos a probas que nos foi poñendo ata atopar o tesouro agochado na “Ventá do vento”.
Logo, regresamos en barco a Moaña. Alí, merendamos e xogamos nun parque enorme no que o pasamos como auténticxs piratas!!!!
QUE BEN O PASAMOS!!! FOI UN DÍA XENIAL!!!
EVA MEJUTO VISÍTANOS NO BIBLIOCASTELO
Enviado por Macu Rodríguez o Dom, 12/06/2022 - 23:05
EVA MEJUTO VISITOUNOS NO BIBLIOCASTELO
Este luns por fin recibimos a ansiada visita de Eva Mejuto ao noso Bibliocastelo!
Foi un pracer coñecela e compartir con ela un anaco no que nos contou un importante segredo!!
Nós falámoslle do traballo de investigación que levamos a cabo grazas a elas e Eva explicounos que ten en mans un novo proxecto!!! Tamén de personaxes que viaxan, como as Gatiñas; pero, como aínda non ten todas as ideas moi claras, pediunos que a aconsellásemos sobre as diferentes posibilidades entre as cales escoller protagonistas, lugares de destino... e, bueno... ideas ocorréronsenos... a moreas!!!!! Non sabemos con cales decidirá quedar; pero... falar, falamos dunha chea delas!!!
Despois, foi moi moi moi amable e asinounos os libros todos, un por un!!!
FOI MOI SIMPÁTICA, MOI PACIENTE E MOI AMABLE!!!!
Agardamos que volva pronto!!! O seu libro das gatiñas encantounos!! Descubrimos con elas un montón de lugares fermosísimos que non coñeciamos!!!
MOITAS GRAZAS, EVA , POLA TÚA PACIENCIA E SIMPATÍA!!! ENCANTOUNOS COÑECERTE!!!
O PROFE ARTURO EXPLICOUNOS COMO ERAN AS ESCOLAS DE ANTES
Enviado por Macu Rodríguez o Mar, 07/06/2022 - 23:05
COÑECEMOS O PROFE ARTURO, UN MESTRE SABIO QUE NOS EXPLICOU COMO ERAN AS ESCOLAS DE ANTES!!
Mércores, 8 de xuño.
Esta mañá coñecemos a Arturo, un mestre sabio, que impartiu clases no noso cole durante moitos anos e coñece moi moi ben a historia da nosa escola.
Coincidindo co quincuaxésimo aniversario do noso cole, veunos explicar como eran as primeiras escolas que houbo en Bueu.
Contounos unha chea de cusriosidades!! En lugar de haber un único edificio con aulas, había unha morea delas repartidas en diferentes casas das parroquias ( en Bueu, en Cela, en Beluso...). Non había cuartos de baño!! Tiñan que usar a corte dos animais; que habitualmente, estaban no andar de abaixo!! apenas había libros, para facer as tarefas da escola, xs cativos usaban pizarríns e o no pouco papel do que se dispoñía, escribíase con pluma!!
As nenas e os nenos estudaban por separado e mesmo lles ensinaban cousas distintas!! A eles, matemáticas, ciencias e tecnoloxía; e a elas, a coser, a bordar..QUE INXUSTO!!
Aló polos anos 70, cando se construíu o noso cole, construíron tamén o de Cela e mais o de Beluso e as cousas foron comezando a mellorar. Xa se mesturaban xs nenxs. Había moitísimxs alumnxs; eran case 1000!!! Pero, a biblio non semparecía en nada ao noso Bibliocastelo e os patios, tampouco!!
Hai que ver canto cambiou a escola e canto melloramos...!! Está ben sabelo!! Así, aprenderemos a coidar máis o que temos!!
MOITAS GRAZAS, PROFE ARTURO
POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS!!
VISITAMOS O MUSEO MASSÓ
Enviado por Macu Rodríguez o Lun, 06/06/2022 - 23:05VISITAMOS O MUSEO MASSÓ
Este luns, 6 de xuño, visitamos o Museo Massó.! Preparáronnos dous obradoiros interesantísimos!!:
· “OS TESOUROS DO GALEÓN AFUNDIDO”
· “XULIO VERNE NA SALA DA NAVEGACIÓN”
Ambos estaban relacionados co que aprendemos no noso proxecto do libro das 10 GATIÑAS VIAXEIRAS de EVA MEJUTO!!
Historias do fondo do mar, en submarinos que aínda non existían, como o do CAPITÁN NEMO...
Xs arqueólogxs do Museo explicáronos en que consiste o seu traballo; o complexo e delicado que debe ser; aínda máis cando fai nos fondos mariños. Ensináronnos un escafandro auténtico co que hai máis de 100 anos os mergulladores “camiñaban baixo as augas”....
Sorprendéronnos cunha chea de segredos sobre as viaxes que desde as Américas facían os galeóns do reino de Castela.
Relatos verdadeiros de tesouros, corsarios ( que non piratas!! ) e batallas navais como a de Rande, acontecida en 1702, na ría de Vigo.
Ensináronnos como eran por dentro, aqueles enormes barcos! Tamén nos explicaron que a raíña de Inglaterra contratara os corsarios para que abordasen os navíos españois porque este era o único país que tiña derito a comerciar coas Américas.
Ademais, amosáronnos na SALA NOBRE algúns dos tesouros do museo: mapas, instrumentos de navegación e armas antiquísimos, maquetas de barcos...
Ah!! E tamén xogamos a descubrir obxectos agochados!!
MOITÍSIMAS GRAZAS!!!
ENCANTOUNOS A VISITA!!!
ENTREVISTA ELENA
Enviado por Ana Cabaleiro o Mér, 25/05/2022 - 15:35
Dentro do noso proxecto do 50 aniversario, seguimos coas entrevistas e hoxe foi a quenda da nosa compañeira Elena. Amiga, nai, mestra, directora e agora avoa, eso sí son títulos!
Un grupo de cinco nenxs fíxolle esta bonita e emotiva entrevista. Esperamos que vos guste!
Na aula puidemos coñecela un pouquiño mellor. Contounos que naceu en Montevideo, que estudou nun colexio de nenas con moitas compañeiras, que sempre foi unha nena moi inqueda que lle encantaba ler e aprender. Dende moi nena quixo ser mestra, e menuda mestra!
Como despedida deixounos un consello; estudar o que vos faga felices, porque ir traballar e ser feliz non ten prezo!
MIL GRAZAS, ESTA É A TÚA CASA!
Querémoste moito xa o sabes!
MIGALLAS TEATRO VISITA O NOSO CENTRO
Enviado por Ana Cabaleiro o Mar, 10/05/2022 - 20:44
Grazas ao concurso de "Búscase talento" que celebrou a Deputación de Pontevedra, un dos nosos alumnos, Goro de 3ºA foi premiado con varios agasallos e un deles foi unha representación teatral para os dous cursos de 3º. Pasamos unha sesión moi divertida con MIGALLAS TEATRO, como sempre fixéronnos gozar dos contos, da música e do galego, porque sempre aprendemos algunha palabra nova, que bonito idioma temos!
Ollade que ben o pasamos!
MOITAS GRAZAS, DEICA OUTRA!
5 DE MAIO, DÍA MUNDIAL DA HIXIENE DE MANS
Enviado por Macu Rodríguez o Xov, 05/05/2022 - 19:28
Cada 5 maio, celébrase o DÍA MUNDIAL DA HIXIENE DE MANS.
E para celebralo, esta mañá visitáronnos unha chea de enfermeirxs e médicxs do Centro de Saúde.
Ensináronnos varias cuestións moi importantes:
· POR QUE DEBEMOS LAVAR AS MANS?
Porque, ao lavalas, evitamos que entren no noso corpo os xermes, as bacterias, os virus e todos eses bechiños “invisibles” que transmiten enfermidades.
· CANDO DEBEMOS FACELO?
- Despois de ir ao baño.
- Antes de comer.
- Despois de sonar os mocos.
- Despois de tocar un animal.
- Antes e despois de manipular froitas ou hortalizas.
- Despois de xogar coa terra.
- ...
· DURANTE CANTO TEMPO?
O recomendable é facelo, polo menos, durante 30 segundos.
· COMO?
Ensináronnos a seguir 8 pasos, tantos como os tentáculos do noso querido Papirus:
1º Mollar moi ben as mans.
2º Botar xabón.
3º Frotar moi ben as palmas.
4º Logo, os dorsos das mans.
5º A continuación, os dedos.
6º Despois, as unllas.
7º Enxaugar ben as mans con auga abondosa.
8º Secar moi ben as mans cunha toalla de papel e antes de tirar con ela á papeleira, utilizalo para asegurarnos de que a billa da auga queda pechada.
O mellor de todo foi que non só nos explicaron como facelo; senón que puxemos en práctica o que aprenderamos e para iso, manchamos as mans de pintura!!!
RESULTOU IGUAL
DE INTERESANTE QUE DE DIVERTIDO!!!!
ADEMAIS, ERAN TODXS
MOI SIMPÁTICXS E AMABLES!!!
PUXEMOS AS NOSAS MANS
NAS MELLORES MANS!!!
FOI ESTUPENDO!! MOITAS GRAZAS!!!
CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL.
Enviado por Anónimo o Dom, 24/04/2022 - 14:41Co gallo da conmemoración do día do libro, o alumnado de 4º B, estivo elaborando unha chea de relatos e contos nos seus diarios. Todo isto que co seu maxín e creatividade crearon, quixemos compartilo, convertíndoos en audiocontos, que fomos a grabar a radio. Foi unha semana chea de letras, arte e literatura para conmemorar ese día tan importante, e cunha data tan sinalada no calendario como é o DÍA DO LIBRO, que cada 23 de abril celebramos.
"Un libro é unha proba de que os seres humanos son quen de facer maxia" Carl Sagan.
A continuación podedes escoitar o resultado final do traballo tan bo que fixeron os rapaces e rapazas.
AXUDAMOS A PILABOT A COIDAR O PLANETA RECOLLENDO PILAS USADAS!!!!
Enviado por Macu Rodríguez o Dom, 03/04/2022 - 23:00
AXUDAMOS A PILABOT A COIDAR O PLANETA
RECOLLENDO PILAS USADAS!!!!
Desde o 9 de febreiro ata finais de marzo, colaboramos con PILABOT na súa campaña de coidado medioambiental.
Tratábase de traer da casa pilas usadas porque contaminan moitísimo e deben tirarse nun contedor especial.
Pouco a pouco, todxs fomos traendo; tamén a profe Cris!!!
Foi moi emocionante!! Colaborarmos todas as clases e chegamos a encher varios bidóns!!! A ver se hai sorte e gañamos o concurso por ser o cole que máis pilas recuperou!!! E se non gañamos, tanto ten, sentirémonos igualmente orgullosxs por poñer o noso granciño de area para coidar o noso planeta!!!