Blogues da Biblioteca
E CHEGOU A SAMAÍN!!!!
Enviado por Macu Rodríguez o Lun, 01/11/2021 - 20:12
E CHEGOU O SAMAÍN!!
Vaia semana máis intensa...!!!
Como o venres celebrabamos o SAMAÍN, Ao longo deses días fixemos actividades interactivas, debuxamos e recortamos cabazas para o mural grande do recibidor do cole e decoramos a clase.
Tamén fomos traendo as nosas cabazas decoradas facendo referencia ao 50º aniversario da escola. Había unha chea delas, TODAS CHULÍSIMAS!!!
Ademais, o venres puidemos vir disfrazados. Mirade que guapxs saímos na foto!!!!!
24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, ANIVERSARIO DE PAPIRUS!!!
Enviado por Macu Rodríguez o Lun, 01/11/2021 - 20:07
24 DE OUTUBRO, ANIVERSARIO DE PAPIRUS!!
O 24 de outubro foi o aniversario de PAPIRUS. El enviounos unha carta dixital para convidarnos, pero como cadrou en domingo, tivemos que agardar a que comezase a semana e chegase a nosa quenda para ir visitalo.
Preparámoslle unha tarxeta de felicitación e cantámoslle os PARABÉNS!!!
El agasallounos cun maracapáxinas que puidemos decorar ao noso gusto.
Por certo, na súa carta, Papirus contounos que este ano o cole cumpre 50 anos e propúxonos que lles preguntemos as nosas familias se teñen fotos antigas do cole para ver de preparar unha exposición.
18 DE OUTUBRO, DÍA DAS ESCRITORAS
Enviado por Macu Rodríguez o Lun, 01/11/2021 - 20:00
O 18 de outubro celebramos o DÍA DAS ESCRITORAS e baixamos ao BIBLIOCASTELO DE PAPIRUS para coñecer os nomes das autoras dalgúns dos contos que alí nos agardan.
Para isto, as profes preparáronnos unha actividade de investigación por equipos. Entregáronnos dúas fichas; unha con imaxes de portadas de libros e outra, cunha táboa chea de nomes para recortar.
Tiñamos que localizar os contos da primeira ficha nun expositor e logo, buscar o nome da autora ou autoras, recortalo na segunda ficha e pegalo debaixo da imaxe que aparecía na primeira.
RESULTOU MOI INTERESANTE!!!
ORGANIZAMOS UNHA EXPOSICIÓN DE FOLLAS E FROITOS DE OUTONO
Enviado por Macu Rodríguez o Lun, 01/11/2021 - 19:55
O 23 de setembro comezou o outono e propuxémonos, igual que auténticxs científicxs, observar a natureza e comprobar como todo ía cambiando arredor de nós;.
Pouco a pouco , as follas das árbores ían mudando de cor e, co paso dos días, caían e formaban unha fermosa alfombra.
Entón, decidimos recoller algunhas delas e aprender os nomes das árbores das que procedían. Logo, quixemos averiguar cales desas árbores daban froitos e tamén recollemos algúns.
Tras varias semanas de observación, recollida e análise, organizamos unha exposición. QUEDOUNOS CHULÍSIMA!!!
FOMOS AO FIC!!!
Enviado por Macu Rodríguez o Dom, 19/09/2021 - 19:47Este xoves fomos ao Centro Social do Mar para ver cinco curtametraxes que no FIC seleccionaron para nós. MIRADE QUE GUAPXS ESTAMOS!!!
Antes de ir, na clase fixemos algunha das actividades que nos propoñían; tratamos de adiviñar que historia contaba cada curtametraxe a partir dunha imaxe e na sesión de Plástica debuxamos o protagonista dunha delas.
Estas son as imaxes:
De regreso, votamos as que máis nos gustaran. Quedaron empatadas "Vuela", porque aínda que era moi triste, era moi emocionante; e "HEART3", porque resultou divertidísima!!
PASÁMOLO MOI BEN!!
CATA GONZÁLEZ CABODEVILA, de 6º A, FINALISTA NO CONCURSO DA EDITORIAL COMBEL CO SEU DESEÑO DO EX LIBRIS DO Sr. FLAT !!
Enviado por Macu Rodríguez o Ven, 18/06/2021 - 19:14
HOXE ESTAMOS DE CELEBRACIÓN E
CATA É A PROTAGONISTA!!!
Hoxe estamos contetísimxs e queremos compartilo con vós! CATA GONZÁLEZ CABODEVILA, de 6º A, quedou finalista nun concurso da Editorial Combel. O seu deseño foi un dos dez finalistas seleccionados entre varios miles de traballos presentados .
Hai algún tempo, a profe Silvia propúxonos que participásemos nun concurso organizado pola Editorial Combel en relación coa colección de libros de banda deseñada "AGUS Y LOS MONSTRUOS". Trátase dunha serie de libros que temos na nosa biblio e que nos gusta moito.
A tarefa consistía en deseñar o “ex libris” do Sr. FLAT, un dos personaxes da colección de AGUS Y LOS MONSTRUOS. Para levala a cabo tivemos toda a axuda da profe Silvia que nos aconsellou e orientou, ademais de encargarse de inscribirnos no concurso, enviar os noso traballos e manterse en contacto coa editorial. MOITAS GRAZAS, PROFE!!!!
Participaron moitísimos os centro de ensino de toda España. Non queremos equivocarnos, pero cremos que nos dixeron que presentaron os seus deseños algo así como uns 10000 alumnxs.
Esta mañá veu un representante da EDITORIAL COMBEL a facerlle entrega do agasallo en nome do xurado que escolleu o deseño do seu selo.
Aquí vos deixamos a imaxe do deseño de CATA e algunhas fotos da celebración.
MOITÍSMAS FELICIDADES, CATA!!!
ESTAMOS MOI ORGULLOSXS DE TI!!!
PARABÉNS PAPIRUS!!
Enviado por Susi Fernandez o Lun, 26/10/2020 - 18:06O venres 23 de outubro celebramos o día das Bibliotecas Escolares. Tamén foi o aniversario de Papirus, a mascota da nosa biblioteca e fomos a cantarlle a canción "Parabéns para ti".
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4