Orientación
NOVAS
Enviado por Anónimo o Mar, 21/05/2024 - 17:53
Bolsas e axudas para alumnado NEAE
2024-2025
Seguindo a normativa de referencia:
Resolución do 12 de abril de 2024, da Secretaría de Estado de Educación pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativa para o curso 2024-2025.
Para cumprimentar a solicitude hai que facela a través da páxina web do Ministerio de Educación:
https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2109
Fondo Solidario de libros de texto
e as Axudas para adquirir libros de texto
e Material escolar
para o curso 2024/2025.
CADRO RESUMO FONDO E AXUDAS
-
O alumnado de 5º e 6º de Primaria está excluído da axuda para Libros de texto e tamén do Fondo de Libros xa que están incluídos no Proxecto E-DIXGAL. Sen embargo, SI poden solicitar a axuda para material escolar.
-
O alumnado de 3º e 4º de Primaria poden solicitar o FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, o cal se asignará por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar ata esgotar existencias do centro.
-
As axudas para o material escolar está destinada a todo primaria, tendo en conta a renda per cápita do cadro anterior asignarase 75€ ou 60€.
MODO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
-
De forma presencial no centro, previamente dende a secretaría do mesmo entrégase a solicitude (ED330B) para cumprimentar e adxuntar a documentación necesaria fotocopiada e coa orixinal para cotexar.
-
De forma presencial no centro, pero cumprimentada dixitalmente a solicitude ED330B (Anexo I e Anexo II) a través da Aplicación FONDOLIBROS. Posteriormente, imprímense e entréganse en secretaría.
- De forma telemática, a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia empregando a Chave 365 ou Certificado Dixital.
DOCUMENTACIÓN
( cando se autorice a consulta telemática)
- Impreso da solicitude (ED330B) o Anexo I e Anexo II.
- Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables. (Situación real a 31 de decembro de 2022).
- E de ser o caso, sería necesario presentar tamén:
- Sentenza xudicial de separación e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
- Certificado de convivencia se a sentenza e o convenio non representan a situación real.
- Documentación xustificativa de violencia de xénero.
- Certificado do grao de discapacidade, se o órgano non pertence á Xunta de Galicia.
- Certificado de defunción, de ser o caso.
PRAZOS PARA PRESENTAR SOLICITUDES
Do 21 de maio ao 21 de xuño.
PUBLICACIÓNS FONDO SOLIDARIO
As listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación FONDOLIBROS, empregando a Chave 365 ou o Certificado Dixital.
Datas límites:
LISTAXES PROVISIONAIS (3º e 4º) 12 de xullo 2024.
RECLAMACIÓN ÁS LISTAXES PROVISIONAIS: 2 días seguintes á súa publicación.
LISTAXES DEFINITIVAS (3º e 4º) 26 de xullo 2024.
5 DE MAIO, DÍA MUNDIAL DA HIXIENE DE MANS
Enviado por Macu Rodríguez o Xov, 05/05/2022 - 19:28
Cada 5 maio, celébrase o DÍA MUNDIAL DA HIXIENE DE MANS.
E para celebralo, esta mañá visitáronnos unha chea de enfermeirxs e médicxs do Centro de Saúde.
Ensináronnos varias cuestións moi importantes:
· POR QUE DEBEMOS LAVAR AS MANS?
Porque, ao lavalas, evitamos que entren no noso corpo os xermes, as bacterias, os virus e todos eses bechiños “invisibles” que transmiten enfermidades.
· CANDO DEBEMOS FACELO?
- Despois de ir ao baño.
- Antes de comer.
- Despois de sonar os mocos.
- Despois de tocar un animal.
- Antes e despois de manipular froitas ou hortalizas.
- Despois de xogar coa terra.
- ...
· DURANTE CANTO TEMPO?
O recomendable é facelo, polo menos, durante 30 segundos.
· COMO?
Ensináronnos a seguir 8 pasos, tantos como os tentáculos do noso querido Papirus:
1º Mollar moi ben as mans.
2º Botar xabón.
3º Frotar moi ben as palmas.
4º Logo, os dorsos das mans.
5º A continuación, os dedos.
6º Despois, as unllas.
7º Enxaugar ben as mans con auga abondosa.
8º Secar moi ben as mans cunha toalla de papel e antes de tirar con ela á papeleira, utilizalo para asegurarnos de que a billa da auga queda pechada.
O mellor de todo foi que non só nos explicaron como facelo; senón que puxemos en práctica o que aprenderamos e para iso, manchamos as mans de pintura!!!
RESULTOU IGUAL
DE INTERESANTE QUE DE DIVERTIDO!!!!
ADEMAIS, ERAN TODXS
MOI SIMPÁTICXS E AMABLES!!!
PUXEMOS AS NOSAS MANS
NAS MELLORES MANS!!!
FOI ESTUPENDO!! MOITAS GRAZAS!!!
O BANCO DA AMIZADE
Enviado por Macu Rodríguez o Lun, 24/01/2022 - 20:39
O BANCO DA AMIZADE
A semana pasada recibimos na nosa escola unha visita moi especial:
O BANCO DA AMIZADE, que non é un banco calquera!!!!
O mércores, a orientadora do noso cole, a “profe” Ángeles, veu falar con nós e contounos unha fermosísima historia.
Tratábase do acontecido cun bidueiro moi grande que medrara solitario nun recuncho afastado do bosque. A falta compañía facía que se sentise cada vez máis triste e, por iso, as súas pólas parecían caídas e sen vida.
Un día, uns leñadores achegáronse ao monte para talar unha árbore coa que fabricar un banco para unha escola. Había ser un lugar de encontro, un refuxio no que poder sentar agardando unha man amiga disposta a regalar un aloumiño e a escoitar a quen o necesitase.
Cando o bidueiro oíu o que dicían, pensou que a súa madeira podería servir para construír aquel banco. Dese xeito, sempre estaría rodeado de nenas e nenos e podería axudalos a non sentir a soidade que a el tanto o entristecera.
Así que, sen dubidalo un intre, dirixiuse aos homes para dicirlles que el quería ofrecerlles as súas pólas; que, por arte de maxia, volvían estar firmes e cheas de enerxía!
Ao principio, as leñadores quedaron abraiados, pero axiña comprenderon que era un agasallo que non podían desprezar!
Unha vez que cortaron as pólas, leváronllelas aos artesáns e artesás de HABITAR LAS FORMAS, un grupo de artistas que teñen o seu obradoiro na Coruña e que crean xoguetes de madeira preciosos.
E, como era de esperar, deseñaron e construíron o banco con tanto mimo, que resultou a máis orixinal e fermosa das súas obras!. Era realmente especial! Érao porque nacera da xenerosidade do bidueiro que quixo ofrecer todo canto posuía para axudar a quen necesitase amizade.
Por esa razón, decidiron renderlle unha homenaxe á arbore chamándolle BANCO DA AMIZADE e prestándollelo a todas as escolas do país que o solicitasen.
E mirade que sorte tivemos, que ata o día 3 de febreiro imos gozar del no patio do noso cole!!
Ademais, a profe Loli preparounos unha ficha sobre os bidueiros e estivemos investigando sobre o seu nome científico, as propiedades da súa madeira e as súas follas, as utilidades que se lle daban en distintos lugares do mundo...”
Casualmente, este venres celebraremos o DÍA DA PAZ e está ben claro que se todas as persoas ofrecésemos a nosa amizade, o mundo sería un lugar mellor!!
MOITAS GRAZAS A
“HABITAR LAS FORMAS”!!!
ENCÁNTANOS
O BANCO DA AMIZADE!!!