Fondo libros

NOVAS

 

 

 

 

Bolsas e axudas para alumnado NEAE

 

2024-2025

 

Seguindo a normativa de referencia:

Resolución do 12 de abril de 2024, da Secretaría de Estado de Educación pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativa para o curso 2024-2025.

 

Para cumprimentar a solicitude hai que facela a través da páxina web do Ministerio de Educación:

 https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2109

 

 

 

 

 

Fondo Solidario de libros de texto

e as Axudas para adquirir libros de texto

e Material escolar

para o curso 2024/2025.

 

ORDE do 7 de maio de 2024

 

CADRO RESUMO FONDO E AXUDAS

 

  • O alumnado de 5º e 6º de Primaria está excluído da axuda para Libros de texto e tamén do Fondo de Libros xa que están incluídos no Proxecto E-DIXGAL. Sen embargo, SI poden solicitar a axuda para material escolar.

  • O alumnado de 3º e 4º de Primaria poden solicitar o FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, o cal se asignará por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar ata esgotar existencias do centro.

  • As axudas para o material escolar está destinada a todo primaria, tendo en conta a renda per cápita do cadro anterior asignarase 75€ ou 60€.

    MODO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

  • De forma presencial no centro, previamente dende a secretaría do mesmo entrégase a solicitude (ED330B) para cumprimentar e adxuntar a documentación necesaria fotocopiada e coa orixinal para cotexar.

  • De forma presencial no centro, pero cumprimentada dixitalmente a solicitude ED330B (Anexo I e Anexo II) a través da Aplicación FONDOLIBROS. Posteriormente, imprímense e entréganse en secretaría.

  • De forma telemática, a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia empregando a Chave 365 ou Certificado Dixital.

 

DOCUMENTACIÓN

 ( cando se autorice a consulta telemática)

  • Impreso da solicitude (ED330B) o Anexo I e Anexo II.
  • Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables. (Situación real a 31 de decembro de 2022).
  • E de ser o caso, sería necesario presentar tamén:
  • Sentenza xudicial de separación e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  • Certificado de convivencia se a sentenza e o convenio non representan a situación real.
  • Documentación xustificativa de violencia de xénero.
  • Certificado do grao de discapacidade, se o órgano non pertence á Xunta de Galicia.
  • Certificado de defunción, de ser o caso.

PRAZOS PARA PRESENTAR SOLICITUDES

 

Do 21 de maio ao 21 de xuño.

 

PUBLICACIÓNS FONDO SOLIDARIO

As listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación FONDOLIBROS, empregando a Chave 365 ou o Certificado Dixital.

Datas límites:

 LISTAXES PROVISIONAIS (3º e 4º) 12 de xullo 2024.

RECLAMACIÓN ÁS LISTAXES PROVISIONAIS: 2 días seguintes á súa publicación.

LISTAXES DEFINITIVAS (3º e 4º) 26 de xullo 2024.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2022/23

Convocado o Fondo Solidario de libros de texto e as Axudas para adquirir libros de texto e Material escolar para o curso 2022/2023.

ORDE do 29 de abril de 2022 (DOG 18 de maio de 2022)

  • AXUDAS para adquirir LIBROS DE TEXTO, destinada ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria:                                     *210€  con renda per cápita familiar, igual ou inferior a 6000€               *140€ con renda per cápita familiar superior a 6000€ e inferior o igual a 10.000€.
  • FONDO SOLIDARIO de LIBROS DE TEXTO para o alumnado matriculado en 3º e  4º de Educación Primaria. Todo o alumnado destes niveis poderá solicitalo e asignaranse os libros,  por orde inversa á renda per capita da unidade familiar, ata esgotar as existencias do centro.
  • AXUDAS para adquirir MATERIAL ESCOLAR destinado a todo o alumnado matriculado en Educación Primaria, con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €. A axuda será de 50 €.  

O alumnado que vai cursar 5º e 6º está incluído no Proxecto EDIXGAL polo que  ESTÁ EXCLUÍDO da participación no FONDO DE LIBROS pero PODERÁ SOLICITAR a AXUDA para adquirir MATERIAL ESCOLAR.

 

 MODO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

1.- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado ANEXO I e II dispoñible na aplicación FONDOLIBROS a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia   empregando a Chave 365 ou o Certificado Dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre. 

2.- Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro: neste caso imprimirase a solicitude ANEXO I e II   e presentarase no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación precisa xa fotocopiada.

3.- Unha vez cuberto o formulario na aplicación Fondolibros, pódese gardar obténdose un número de solicitude e posteriormente optar pola forma de presentación:

  • Na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Na secretaría do centro: neste caso imprimirase a solicitude e o anexo II que terán que estar debidamente asinados e acompañados da documentación requirida.

 

DOCUMENTACIÓN (Cando se autorice a consulta telemática)

  • Fotocopia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

(Situación real a 31 de decembro de 2020)

E de ser o caso:

  • Sentenza xudicial de separación e/ou convenio regulador.
  • Certificado de Convivencia se a sentenza e o convenio non representan a situación real.
  • Documentación xustificativa de violencia de xénero.
  • Certificado de defunción.
  • Certificado do grao de discapacidade (recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia)

 

PRAZOS PARA PRESENTAR SOLICITUDES:     

Do 19 de maio ao 22 de xuño.

 

PUBLICACIÓNS FONDO SOLIDARIO:

As listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación FONDOLIBROS, empregando a Chave 365 ou o Certificado Dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

Datas límites:

  • LISTAXES PROVISIONAIS (3º e 4º) 11 de xullo 2022
  • RECLAMACIÓN ÁS LISTAXES PROVISIONAIS: 2 días seguintes á súa publicación.
  • LISTAXES DEFINITIVAS (3º e 4º) 22 de xullo 2022
Distribuir contido