VISITAMOS O MUSEO MASSÓ

VISITAMOS O MUSEO MASSÓ

Este luns, 6 de xuño, visitamos o Museo Massó.! Preparáronnos dous obradoiros interesantísimos!!:

·     “OS TESOUROS DO GALEÓN AFUNDIDO”

·     “XULIO VERNE NA SALA DA NAVEGACIÓN”

Ambos estaban relacionados co que aprendemos no noso proxecto do libro das 10 GATIÑAS VIAXEIRAS de EVA MEJUTO!!

Historias do fondo do mar, en submarinos que aínda non existían, como o do CAPITÁN NEMO...

Xs arqueólogxs do Museo explicáronos en que consiste o seu traballo; o complexo e delicado que debe ser; aínda máis cando fai nos fondos mariños. Ensináronnos un escafandro auténtico co que hai máis de 100 anos os mergulladores “camiñaban baixo as augas”....

Sorprendéronnos cunha chea de segredos sobre as viaxes que desde as Américas facían os galeóns do reino de Castela.

Relatos verdadeiros de tesouros, corsarios ( que non piratas!! ) e batallas navais como a de Rande, acontecida en 1702, na ría de Vigo.

Ensináronnos como eran por dentro, aqueles enormes barcos! Tamén nos explicaron que a raíña de Inglaterra contratara os corsarios para que abordasen os navíos españois porque este era o único país que tiña derito a comerciar coas Américas.

Ademais, amosáronnos na SALA NOBRE algúns dos tesouros do museo: mapas, instrumentos de navegación  e armas antiquísimos, maquetas de barcos...

Ah!! E tamén xogamos a descubrir obxectos agochados!!

MOITÍSIMAS GRAZAS!!!

ENCANTOUNOS A VISITA!!!