Información para as persoas que forman parte da rede de contactos dun caso esporádico da COVID-19 nun centro educativo
Enviado por Dirección do Centro o Xov, 27/01/2022 - 7:15pmAnte a aparición de casos esporádicos nunha contorna específica dun centro educativo de educación infantil e primaria, non se identificarán contactos estreitos no centro. Non obstante, as persoas que formen parte da rede de contactos máis próxima a un caso positivo (persoal do centro e alumnado) deberán seguir unha serie de medidas preventivas durante os 10 días seguintes ao último contacto coa persoa positiva.
Estas medidas son as seguintes:
● Realice unicamente actividades que sexan esenciais para a súa vida diaria (Ex.: acudir ao seu posto de traballo/centro educativo ou realizar compras básicas).
● Manteña a distancia de seguridade con outras persoas de polo menos 1,5 metros e usar sempre a máscara. Evite as actividades que impliquen quitar a máscara se non se pode asegurar a distancia de seguridade. No caso de menores de 6 anos que non poidan facer un uso adecuado da máscara, recomendase valorar o uso de FFP2 para as persoas que vaian a estar a menos de 2 metros (Ex.: persoal do centro, compañeiros que poidan facer uso da máscara, familiares etc.)
● Lave as mans con frecuencia.
● Non acuda a eventos ou lugares con moitas persoas nin reunións social con familiares ou amigos.
● Evite contacto con persoas vulnerables como as persoas maiores ou enfermas.
● Vixie que non aparece ningún dos síntomas sospeitosos da COVID-19 e se aparece algún, quede na casa e pida unha cita telefónica no seu centro de saúde ou no 881 540 045 (consultar instrucións de illamento para o caso sospeitoso).
PROTOCOLO DE VIXILANCIA E CONTROL EPIDEMIOLÓXICO FRONTE AO VIRUS SARS-CoV-2 (COVID-19) NO ÁMBITO EDUCATIVO NON UNIVERSITARIO
Enviado por Dirección do Centro o Lun, 17/01/2022 - 5:40pmAchégase unha nova edición do PROTOCOLO DE VIXILANCIA E CONTROL EPIDEMIOLÓXICO FRONTE AO VIRUS SARS-CoV-2 (COVID-19) NO ÁMBITO EDUCATIVO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA.
Ten como obxectivo incorporar as modificacións no seguimento de casos e contactos aprobadas na “ADAPTACIÓN DE LA GUÍA DE ACTUACIÓN ANTE LA APARICIÓN DE CASOS DE COVID-19 EN CENTROS EDUCATIVOS A UN CONTEXTO DE ALTA CIRCULACIÓN DE VIRUS SARS-CoV-2”, documento aprobado pola Ponencia de Alertas y Planes de Preparación y Respuesta e pola Comisión de Salud Pública del Consejo Interterritorial o 08.01.2022
A Xunta comeza desde o luns o reparto de 55.000 test de saliva nos centros escolares
Enviado por Dirección do Centro o Lun, 17/01/2022 - 10:13amA Xunta de Galicia comezará, dende o vindeiro luns, a repartir 55.000 test de antíxenos en saliva no ámbito educativo de primaria pública e privada, con motivo da volta ás aulas no medio dunha onda de covid, e que o alumnado poderá realizar voluntariamente no seu domicilio. Esta iniciativa do Goberno galego engádese ao test gratuíto que xa se puxo ao dispor de todos os nenos de 5 a 11 anos nas farmacias antes das vacacións de Nadal, e ao segundo test que se ofreceu á volta das vacacións.
A toma de mostra e a técnica diagnóstica será realizada no domicilio do alumno. Antes de comezar a proba, hai que asegurarse de que o neno ou nena non coma, beba, cepille os dentes nin mascara chicle polo menos 30 minutos antes da recolección da saliva. Así mesmo, non se deixará caer o hisopo nin depositalo sobre ningunha superficie. O cativo deberá respirar profundamente e logo tusir de 3 a 5 veces nun pano desbotable. A recollida dunha mostra de saliva pode tomar de 2 a 5 minutos.
Todos os nenos ou nenas que obteñan un resultado positivo na proba de antíxenos de autodiagnóstico serán considerados directamente como caso confirmado, polo tanto, deberán seguir as medidas de illamento. O caso confirmado sempre deberá cumprir as indicacións dos profesionais sanitarios que se encarguen do seu seguimento clínico.
Coa fin de realizar o seguimento e estudo do caso confirmado, a persoa responsable do neno ou nena deberá notificar o positivo á Saúde Pública a través do formulario de declaración responsable de autotest positivo dispoñible na páxina web do coronavirus, ou chamar ao 881 540 045. A Xunta remarca que en ningún caso notificaranse os resultados negativos.
Como indica o protocolo de educación, calquera persoa con resultado positivo deberá informar ao centro educativo desta circunstancia.
O teléfono COVID do centro é o 679462703
RECORDATORIO TELÉFONO COVID DO CENTRO
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 12/01/2022 - 11:11amCOORDINADORA COVID: 679462703
Información novas medidas Covid-19
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 12/01/2022 - 8:43amPara coñecemento de toda a comunidade educativa achégase a ligazón aos diferentes documentos que durante a mañá de onte o Ministerio de Sanidade foi publicando no espazo específico de información para centros educativos:
- Propuesta de refuerzo y adaptación de las medidas de prevención COVID-19 en centros educativos y centros universitarios para el reinicio de la actividad presencial en enero de 2022.
- Adaptación de la guía de actuación ante la aparición de casos de COVID-19 en centros educativos a un contexto de alta circulación de virus SARS-CoV-2 0
- Infografía de refuerzo de medidas COVID-19 centros educativos
Moitas grazas pola súa colaboración.
RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN (IES DE AMES) PARA O CURSO 2022/2023
Enviado por Dirección do Centro o Mar, 11/01/2022 - 11:09am
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro.
As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual ou a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:
1. Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.
2. Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.
IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo I bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).
Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.
· Galego
· Castelán
Comunicado sobre a volta ás aulas o 10 de xaneiro
Enviado por Dirección do Centro o Lun, 10/01/2022 - 11:51amEstimadas familias
Como saben, de acordo coas novas pautas establecidas a nivel nacional, os casos activos deberán seguir un illamento de 7 días máis 3 de vixilancia activa contados desde o inicio de síntomas ou a toma de mostra para proba diagnóstica no caso de asintomáticos.
Os menores de 12 anos e outras persoas sen a pauta vacinal completa deberán facer unha corentena de 7 días máis 3 de vixilancia activa.
Os contactos estreitos de 12 ou máis anos con pauta vacinal completa seguirán unha vixilancia activa durante 7 días con especial atención ao inicio de síntomas.
A pertinencia de probas diagnósticas, test de detección, etc, serán sempre determinadas por Sanidade en función da situación e protocolos en cada momento.
En todo caso, os períodos de corentenas e illamentos serán os que Sanidade paute nas súas guías e protocolos, que son documentos vivos e van adaptándose á situación cambiante.
En calquera caso, nos centros educativos segue en vixencia o protocolo que ven funcionando desde principio de curso (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/35304 ).
Agradecéndolles especialmente o gran esforzo que toda a comunidade educativa están a facer, reciban un cordial saúdo.
Guía de lecturas para o Nadal
Enviado por Dirección do Centro o Lun, 20/12/2021 - 6:45pmEsta guía foi elaborada conxuntamente polas bibliotecas escolares do concello de Ames.
Preme aquí para acceder
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- …
- seguinte ›
- última »