Comunicado conxunto para información da comunidade educativa sobre a crise humanitaria derivada da invasión de Ucraína.
Enviado por Dirección do Centro o Ven, 11/03/2022 - 10:21amProceso de renovacion e preinscricion dos servizos complementarios: bos días cole, comedor escolar, tardes divertidas
Enviado por Dirección do Centro o Xov, 10/03/2022 - 10:27amApertura do proceso de renovacion e preinscricion dos servizos complementarios de educacion: bos días cole, comedor escolar e tardes divertidas.
Prazo do 1 ao 31 de marzo
Recordatorio dos Criterios para a xustificación das faltas de asistencia ou puntualidade do alumnado
Enviado por Dirección do Centro o Xov, 03/03/2022 - 9:55am
Considérase falta de asistencia a clase ou ausencia ao centro escolar a non presenza dun alumno ou dunha alumna nunha sesión completa de clase. As faltas de asistencia non debidamente xustificadas serán as que computen para a cualificación do posible absentismo.
Con carácter xeral, teñen a consideración de xustificables as seguintes faltas de asistencia a clase do alumnado:
a) Citacións que impliquen un deber inescusable, sendo xustificable o tempo necesario.
b) Morte ou enfermidade grave dun familiar de primeiro ou segundo grao.
c) Tramitación de documentos oficiais, presentación a exames e probas oficiais ou similares, sendo xustificable o tempo necesario.
d) Indisposicións, podendo ser xustificables ata un máximo de 2 días lectivos.
e) Enfermidade, sendo xustificable o tempo de prescrición médica.
No caso de faltas de asistencia a clase do alumnado non contempladas no apartado anterior, quedará a criterio da dirección do centro educativo a consideración das excepcionais circunstancias que concorran para a súa xustificación ou non. En todo caso, deberá garantirse o dereito á escolarización da alumna ou do alumno.
En todo caso, ante calquera falta de asistencia do alumno/a, os pais, nais, titores/ as ou gardadores legais, deberán xustificala por escrito nos tres días seguintes, entregando o documento xustificativo ao titor/a por correo electrónico ou a través da axenda.
A xustificación das faltas de asistencia a clase do alumnado realizarase ante o profesorado titor e por parte da nai, do pai ou das persoas titoras legais ou gardadoras do alumnado, acompañando, segundo proceda:
- Xustificante médico, no caso de enfermidade propia ou grave dun familiar de primeiro ou segundo grao.
No caso de faltas por indisposicións ou enfermidade:
Se a ausencia comprende de 1 a 2 días ao mes, consecutivos ou non, presentarase xustificante por escrito dos pais, nais, titores/ as ou gardadores legais.
Cando a falta de asistencia ao centro educativo por visita médica ou por enfermidade sexa de máis de 2 días ao mes, a xustificación deberá estar apoiada polo informe médico correspondente.
Considerarase falta xustificada por enfermidade prolongada a situación dos menores que se atopan convalecentes en domicilio ou hospitalizados por períodos superiores a un mes, e conste no centro educativo o informe médico correspondente.
2. Documento acreditativo, no caso de deberes inescusables, presentación a exames ou morte de familiares de primeiro ou segundo graos.
3. Calquera outro documento acreditativo da circunstancia que xustifique a ausencia.
Seguimento das faltas de asistencia a clase do alumnado e a súa comunicación
O profesorado titor deberá comunicar ás nais, aos pais ou ás persoas titoras legais ou gardadoras do alumnado todas as faltas de asistencia a clase de cada mes, dentro dos primeiros cinco días naturais do mes seguinte e diferenciando as faltas xustificadas das non xustificadas.
Cando as faltas de asistencia a clase do alumnado presenten dificultades para a súa xustificación ou cando se incremente de forma significativa o número de faltas sen xustificar, o profesorado titor convocará a nai, o pai ou as persoas titoras legais ou gardadoras da alumna ou do alumno a unha reunión, coa finalidade de analizar a situación que se está a producir e tratar de corrixila, evitando que se produza a apertura do expediente de absentismo. Desa reunión levantará acta o profesorado titor.
Cada centro educativo establecerá nas súas normas de organización, funcionamento e convivencia o procedemento para realizar esas comunicacións ou citacións, así como a obrigatoriedade de deixar constancia de tales accións.
Definición de Absentismo
Tal como establece o artigo 22 do decreto 229/2011, do 7 de decembro, absentismo é a ausencia ao centro escolar sen causa debidamente xustificada do alumnado en idade de escolarización obrigatoria. Para ser considerado absentismo, esta ausencia debe supor un mínimo do dez por cento (10 %) do horario lectivo mensual.
EXCEPCIÓNS
Para os efectos do protocolo para a prevención e control do absentismo escolar e do número máximo de faltas de asistencia permitidas, as ausencias derivadas da aplicación das medidas COVID consideraranse sempre xustificadas, non sendo preciso o xustificante do facultativo para a súa acreditación.
IMPRESOS OBRIGATORIOS
Impreso para a xustificación de faltas
Impreso para a comunicación de ausencias prolongadas e/ou definitivas.
IMPORTANTE: A NON ENTREGA DOS IMPRESOS SERÁ MOTIVO DE NON XUSTIFICACIÓN DAS FALTAS
PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024/25
Enviado por Dirección do Centro o Mar, 01/03/2022 - 9:12amO prazo de presentación de solicitudes é do 1 de marzo ao 20 de marzo.
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:
- Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro: Entrar en AdmisionAlumnado. Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.
- Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica: Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo bis dixitalizado.
- Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro: Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.
- Poden consultar as vacantes ofertadas para o curso 2024-2025 aquí:VACANTES
- Na seguinte ligazón poden consultar o Calendario do proceso de admisión.
- A documentación que teñen que achegar coa solicitude poden descargala aquí.
AVISO IMPORTANTE: O ALUMNADO QUE XA ESTÁ MATRICULADO NO CENTRO NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE. ISTO SÓ É PARA ALUMNADO DE NOVO INGRESO.
Normativa relacionada
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
- Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Manual para as familias que o fagan a través da aplicación
Aviso importante para os usuarios do autobús nº 2
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 23/02/2022 - 3:39pmSegundo nos traslada a empresa de transporte escolar, por mor da organización para a 2ª etapa da volta ciclista o próximo venres 25 verase afectada a seguinte parada:
A parada de PASEO FLUVIAL (Diante da Farmacia Donado) farase na entrada do parking da Travesía de Lodeiro (detrás do Mercadona) ás 8:40h.
Información importante: paso da 2º etapa da volta ciclista por diante do centro
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 23/02/2022 - 1:09pmEstimadas nais, pais, familias
Con motivo da realización da 2ª etapa da volta ciclista a Galicia aquí na nosa localidade e, posto que segundo nos informan desde o Concello de Ames, está previsto que pase por diante do noso centro entre as 11:00h. e as 11:06h., gustaríanos aproveitar este importante evento deportivo para que o noso alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria poida presencialo de primeira man.
Baixo a supervisión do profesorado do centro – pediremos tamén supervisión da policía local- gustaríanos que o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria puidese animar aos corredores e presenciar o paso do pelotón desde a beirarrúa.
O alumnado de educación infantil e o de 1º, 2º e 3º non sairán do recinto, xa que ademais coincide con outras actividades programadas para eles.
Si como nai, pai, titor/a legal dunha alumna ou dun alumno dos cursos mencionados (4º,5º e 6º) prefire que o seu fillo/a non saía a presenciar o evento deportivo, debe comunicarllo expresamente ao seu titor/a.
Aviso importante: Volta ciclista a Galicia
Enviado por Dirección do Centro o Mar, 22/02/2022 - 9:16amPor favor, consulten a información proporcionada polo Concello de Ames sobre cortes de tráfico e prohibicións de estacionamento en Bertamiráns debido á segunda etapa de “O Gran Camiño” o venres 25 de febreiro.
Toda a información neste enlace
ENTROIDO 2022
Enviado por Dirección do Centro o Ven, 18/02/2022 - 10:56am
Prezadas nais, pais, familias:
Tendo en conta que a incidencia da COVID 19 está baixando, para a semana do 21 ao 25 de febreiro gustaríanos celebrar o Entroido. Como xa viña sendo habitual en cursos anteriores, invitamos ao alumnado a seguir os “ Mandados do Meco”, que este ano vén Tanxugueiro.
Os mandados para a semana son:
1. Luns 21: Hoxe é luns e virás con moita alegría. Filigranas nos ollos has de traer, como as Tanxugueiras no Benidorm Fest.
2. Martes 22: Aínda que polo Entroido non esteamos de loito, vestir de negro favorece moito.
3. Mércores 23: Para acadar un estilo tanxugueiro, engalánate de ouro como se foras un rapeiro.
4. Xoves 24: Rapaces, búscade unha saia! Rapazas, un pantalón! Gústavos aturuxar? Pois o Entroido vén para quedar!!!
Estes mandadiños poderán ser acumulativos ou non, deixámolo a vosa elección.
O venres 25 poderán vir con disfrace.Os disfraces son de temática libre, creativos, respectuosos, que lles fagan sentirse ben e cómodos e consoantes co consumo responsable. Non se poden traer complementos que fagan alusión á guerra o inciten á violencia tales como: réplicas de armas, pistolas, escopetas, espadas, lanzas, etc., xa que temos comprobado que xeran disputas entre o alumnado e son totalmente contrarios aos valores que transmitimos dende o centro; e sempre procurando que non fomenten estereotipos nen trazos violentos e discriminatorios.
Por último, informarvos que ao longo desta semana tamén poderán traer larpeiradas típicas de Entroido para consumir durante o tempo de recreo. Debido ao protocolo COVID, cada un traerá a súa merenda individual e non poderá compartir.
Grazas pola vosa colaboración.
23 DE FEBREIRO: ROSALÍZATE
Enviado por Dirección do Centro o Mar, 15/02/2022 - 10:59am
Estimadas nais, pais, familias.
O día 23 de febreiro conmemoraremos o Día de Rosalía.
A nivel de centro dispoñemos de materiais variados para traballar nas aulas e montaremos unhas instalacións “O xardín vertical de Rosalía”, con producións do noso alumnado. Ademais das actividades de carácter educativo que temos previstas no centro, como cada ano e en colaboración co Departamento de Dinamización do Concello de Ames, colaboraremos nas actividades propostas por el.
A proposta para este 2022 é unha actividade que está aberta a participación de toda a veciñanza.
Vanse instalar dúas estruturas a modo de photocall, unha na Travesía do Porto do Milladoiro e outra na Praza da Maía de Bertamiráns, entre o 15 e o 28 de febreiro. Nesas estruturas, ademais do pousadoiro, estarán dispoñibles máscaras rosalianas para que quen queira poida fotografase con elas (#rosalízate). A idea é que esas fotografías se suban ás redes acompañadas de versos rosalianos e do cancelo #rosalízate.
Nos documentos adxuntos podedes descargar as máscaras para empregar no photocall.
Ademais realizaranse as seguintes actividades:
TEATRO INFANTIL (a partir de 6 anos): Rosalía , o lugar onde medran as poetas (convites xa na Billeteira do concello de Ames). 17/02/22 ás 18.30 h. Casa da Cultura de Bertamiráns
-TEATRO ADULTO: Libre coma os paxaros, de Teatro do Atlántico (entradas xa na Billeteira do concello de Ames). 17/02/22 ás 20.30 h. Casa da Cultira de Bertamiráns
-Mural As Rosalías de Yoseba Muruzabal (inauguración o 23/02/22 ás 18.30 na Casa da Cultura do Milladoiro)
ADAPTACIÓN DAS MEDIDAS DE PREVENCIÓN DA COVID-19 EN CENTROS EDUCATIVOS FEBREIRO 2022 PREGUNTAS FRECUENTES
Enviado por Dirección do Centro o Xov, 10/02/2022 - 8:50am- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- …
- seguinte ›
- última »