IMPORTANTE: HORARIOS E PARADAS DOS AUTOBUSES CURSO 21_22
Enviado por Dirección do Centro o Xov, 09/09/2021 - 10:41amO horario das paradas sempre é aproximado. Deben estar 10 minutos antes nas paradas.
Os horarios a ter en conta son os de saída da parada inicial, as seguintes poderán sufrir pequenas variacións dependendo do tráfico. Deben cubrir e asinar a autorización que figura a continuación e entregarlla á acompañante do autobús xa o primeiro día que usen o transporte.
BUS Nº 1 Saída de Igrexa - Covas ás 8:38h Lombao: 8:40 Ventosa:8:41 Aldea Nova: 08:45h. Porto: 08:50h
|
BUS Nº 2 Saída Paseo Fluvial : 08:43h. Centro Médico: 8:48h
|
BUS Nº 3 Saída de Cortes: 08:30h. Tarroeira:08:37h. Condomiña: 08:38h Praza da Maía: 08:45h
|
BUS Nº 4 Pedregal: 08:45h. Chavián (Panadería Xallas): 08:50h
|
BUS Nº 5 Praza da Maía:08:40h Panadería Xallas: 08:45h
|
BUS Nº 6 Centro Médico: 08:45h Praza de Maía:8:50 h.
|
BUS Nº 7 Avenida Rosalía Castro, 34 (Supermercado): 8:40h A Madalena: 8:44h.
|
|
AUTORIZACIÓNS
Autorización para educación infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria.
Autorización para 5º e 6º de educación primaria.
NORMATIVA SOBRE ACOMPAÑANTES NO TRANSPORTE
Todos os autobuses levan Acompañante Escolar.
MANUAL DE SEGURIDADE VIARIA E BOAS PRÁCTICAS PARA PERSOAS USUARIAS DO TRANSPORTE DE ESCOLARES
RECOMENDACIÓNS CONCRETAS
No caso do alumnado, a guía inclúe 22 accións de como deben actuar os menores para ir ata a parada e subir ao autobús, durante o traxecto e tamén ao baixar do mesmo. Especifícase, por exemplo, que deben chegar uns 5 minutos antes, que non deben camiñar nunca por diante ou por detrás do autobús ou que deben ir sempre sentados co cinto de seguridade.
Para os familiares, o documento especifica un total de 7 normas para velar pola seguridade dos seus fillos, entre as que destacan a de avisar con antelación se non se usa o servizo ou levar pezas de visibilidade reflectora se se desprazan andando.
En relación aos acompañantes, a guía recolle 13 accións concretas, entre as que destacan o coñecemento preciso do roteiro e do alumnado que cada día sobe e baixa ao autobús. Tamén se apela á responsabilidade de entregar os escolares ao familiar ou persoa autorizada, tanto no colexio como na parada e, no caso de non estar presente, facerse cargo do escolar.
No que se refire aos usuarios do transporte, indícanse 5 deberes, entre eles, o de ocupar as prazas que designe o persoal acompañante e cumprir as mesmas normas que as demais persoas usuarias.
Para o caso dos condutores, o protocolo sinala 2 normas de obrigado cumprimento, que son respectar todas as normas de tráfico e seguridade viaria e revisar que todos os dispositivos funcionen correctamente e que os carteis avisadores estean á vista.
ENTRADAS CURSO 2021_22 EDUCACIÓN PRIMARIA
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 08/09/2021 - 5:18pm
AGRUPAMENTOS DE ALUMNADO
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 08/09/2021 - 8:35amEstimadas nais, pais, familias
Como xa saben, por protección de datos non podemos publicar as listas de alumnado para este curso que iniciamos mañán.
Si desexan saber en que grupo está a súa filla ou o seu fillo, poden chamar ao 881866006 (Lourdes) ou ao 881866001 (Vicente)
MEDIDAS ORGANIZATIVAS PARA O CURSO 2021/22
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 08/09/2021 - 8:23amInformación sobre as medidas organizativas para o curso 2021/22
Profesorado Curso 2021/22
Enviado por A Maía o Sáb, 04/09/2021 - 10:40amPresentamos o Claustro do centro para o curso 2021/22.
Educación Infantil (EI) | |
4ºA | María Dolores Corujo Martínez |
4ºB | Sandra María Maceira Castro |
5ºA | Rosa María Gato Lueiro |
5ºB | Rosa Pérez Nogueiras |
5ºC | Ramón Xosé Rodríguez Orol |
6ºA | Noelia Pereira Saavedra |
6ºB | Vanessa Blanco Figueira |
6ºC | María San Martín Góme |
Apoios | María Jesús Janeiro Caramés e María Isabel Abelleira Bardanca |
Educación Primaria (EP) | |
1ºA | Miriam Ruso Valiña |
1ºB | Beatriz Guerra Bastida |
1ºC | Antía Cores Torres |
2ºA | Irene López Díaz |
2ºB | Mercedes Rey Rañal |
2ºC | José Luís García Ríos |
3ºA | José Carlos Domínguez Valcárcel |
3ºB | Estefanía Pena Bascoy |
3ºC | Vanessa Rodeiro Cereijo |
4ºA | María Isabel Rodríguez Becerra |
4ºB | Francisco López Cañás |
4ºC | Ana Katterina Gómez Pardo |
4ºD | José Antonio Villaverde Vaya |
5ºA | Cristina Barros Martínez |
5ºB | María Inmaculada Rodríguez Maceira |
5ºC | Patricia Pose Ponte |
6ºA | Manuela López Cea |
6ºB | Marina Laura Fernández López |
6ºC | María Teresa Freiría Tato |
Especialistas | |
Lingua Inglesa | |
Infantil, 1º e 2º EP | Pablo Fernández Otero |
3º e 4º EP | Lidia Brenlla López |
5º e 6º EP | María Isabel Mallo Míguez |
Educación Musical | |
Infantil e 1º EP | Anxo Manuel Diéguez Romero |
2º a 6º EP | Mercedes Blanco Álvarez |
Educación Física | |
1º e 2º EP | Luís Anxo Sánchez García |
3º e 4º EP | Jesús García Vázquez |
5º e 6º EP | Miguel Ángel Enríquez Echevarría |
Relixión Católica | |
Infantil | Marta do Pilar Vieites Sabel |
Infantil e Primaria | Raquel Suárez Noya |
Departamento de Orientación | |
Concepción Merayo Buján | Orientadora |
María Jesús Picher Núñez | PT |
Carolina Villar Álvarez | PT |
María Teresa Pérez González | AL |
Alba Ben Valle | AL |
AVISO IMPORTANTE PARA ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Enviado por Dirección do Centro o Xov, 02/09/2021 - 12:01pmEstimadas familias de alumnado de 4º de educación primaria
Neste inicio de curso 2021/22 recibimos instrución da Consellería para crear un novo grupo en 4º de educación primaria por exceder a ratio.
Nos próximos días recibirán unha chamada do titor ou titora asignada ao grupo do seu fillo/a.
PERÍODO DE ADAPTACIÓN PARA O CURSO 2021/22
Enviado por Dirección do Centro o Lun, 30/08/2021 - 12:45pmEstimadas familias, a partir do día 2 de setembro recibirán unha chamada telefónica da titora asignada ao seu fillo ou filla indicándolle en que grupo e en que quenda se incorporará, aula, normas de acceso nestes primeiros días, data e hora para titoría individual, etc.
O horario dos distintos grupos e quendas axústase á seguinte planificación común para os dous grupos de 4º de educación infantil ( 3 anos):
4º A e 4º B de EDUCACIÓN INFANTIL |
|||
Na primeira semana de Xoves 9 e venres 10 de setembro faranse 3 quendas
|
|||
QUENDA A: de 9:30h a 10:30h |
QUENDA B: de 10:45h a 11:45h
|
QUENDA C: de 12:00h a 13:00h |
|
Na segunda semana de luns 13 ao venres 17 de setembro faranse 2 quendas |
|||
QUENDA A: de 9:30h a 11:00h |
QUENDA B: de 11:30 a 13:00h |
||
Na terceira semana o luns 20 e o martes 21 de setembro faranse 2 quendas |
|||
QUENDA A: de 9:30h a 11:30h |
QUENDA B: de 12:00h a 14:00h |
||
Desde o mércores 22 de setembro |
|||
Todas e todos de 9:05h a 14:05h |
|||
Lembren que si solicitaron os servizos complementarios, NON PODERÁN FACER USO DO TRANSPORTE ESCOLAR NIN DO SERVIZO DE COMEDOR até o día 22 de setembro, data na que o seu fillo ou filla se incorporará en horario completo.
BECAS PARA ALUMNADO CON NEAE
Enviado por Dirección do Centro o Lun, 30/08/2021 - 12:29pmAberto o prazo até o 30 de setembro para presentación de becas para alumnado con NEAE.
Máis información na páxina https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html
Unha vez cuberta a solicitude deberase entregar no centro escolar xunto coa documentación pertinente.
AVISO IMPORTANTE: LISTAXES DE TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2021/22
Enviado por Dirección do Centro o Lun, 26/07/2021 - 9:16amTodo o alumnado que solicitou praza de transporte para o curso 2021/22 resultou admitido.
Por protección de datos non publicamos as listaxes polo que deben poñerse en contacto co centro para confirmar que o autobús e a parada son as correctas.
Horario de atención: De luns a venres de 10:00h a 13:00h
Teléfonos de atención
881866002
881866006
Lembren que esta adxudicación podería verse afectada si houbera que adoptar outras medidas fronte a pandemia do COVID, posto que un empeoramento da situación puidera supoñer a imposición de outras medidas de protección e seguridade.
AVISO IMPORTANTE: RECOLLIDA DE VALES PARA LIBROS E MATERIAL
Enviado por Dirección do Centro o Xov, 08/07/2021 - 3:50pmXa están a disposición dos solicitantes os vales para libros e material, poden chamar ao teléfono 881866006 para comprobar si lle foi concedido e, desde mañá venres 9 de xullo, poderán pasar polo centro a recollelos.
O horario do centro para recollida será de 10:00h. a 13:00h.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- …
- seguinte ›
- última »