23 DE FEBREIRO: ROSALÍZATE
Estimadas nais, pais, familias.
O día 23 de febreiro conmemoraremos o Día de Rosalía.
A nivel de centro dispoñemos de materiais variados para traballar nas aulas e montaremos unhas instalacións “O xardín vertical de Rosalía”, con producións do noso alumnado. Ademais das actividades de carácter educativo que temos previstas no centro, como cada ano e en colaboración co Departamento de Dinamización do Concello de Ames, colaboraremos nas actividades propostas por el.
A proposta para este 2022 é unha actividade que está aberta a participación de toda a veciñanza.
Vanse instalar dúas estruturas a modo de photocall, unha na Travesía do Porto do Milladoiro e outra na Praza da Maía de Bertamiráns, entre o 15 e o 28 de febreiro. Nesas estruturas, ademais do pousadoiro, estarán dispoñibles máscaras rosalianas para que quen queira poida fotografase con elas (#rosalízate). A idea é que esas fotografías se suban ás redes acompañadas de versos rosalianos e do cancelo #rosalízate.
Nos documentos adxuntos podedes descargar as máscaras para empregar no photocall.
Ademais realizaranse as seguintes actividades:
TEATRO INFANTIL (a partir de 6 anos): Rosalía , o lugar onde medran as poetas (convites xa na Billeteira do concello de Ames). 17/02/22 ás 18.30 h. Casa da Cultura de Bertamiráns
-TEATRO ADULTO: Libre coma os paxaros, de Teatro do Atlántico (entradas xa na Billeteira do concello de Ames). 17/02/22 ás 20.30 h. Casa da Cultira de Bertamiráns
-Mural As Rosalías de Yoseba Muruzabal (inauguración o 23/02/22 ás 18.30 na Casa da Cultura do Milladoiro)
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Rosalizate_Lieders.pdf | 521.75 KB |
Rosalizate_FollasNovas.pdf | 1.57 MB |
Rosalizate_CantaresGallegos.pdf | 1.48 MB |
- blogue de Dirección do Centro
- APIs de Blogue