Skip to Content

LETRAS GALEGAS 2022

            “Coa ledicia de voltar” Letras Galegas 2022

 

Cun sorriso e da man de Serafín Marcos damos por rematado o ciclo de actividades dedicadas ás Letras Galegas para este curso.

Neste espectáculo, o bardo noiés transportounos a través da poesía de Florencio Delgado Gurriarán; nunha viaxe  dende o seu Valdeorras natal ata México.

 Co seu particular saber facer, achegounos un pouco máis á figura do autor homenaxeado este ano pola RAG e fíxonos gozar tanto á rapazada coma ao profesorado, nunha xornada cargada de humor, música e creatividade!


ANDAINA SOLIDARIA A FAVOR DE UCRAÍNA

 

O luns 20 de xuño realizamos a segunda fase do evento solidario a favor de Ucraína. Foi un día marcado pola chuvia, pero iso non nós quitou a ilusión por seguir adiante coa actividade. A andaina quedou reducida a unhas voltas arredor do cole como un acto simbólico. Despois, o alumnado marcouse uns bailes no polideportivo dirixidos polo profe Santi, a continuación, unha pequena paradiña para  cargar pilas cunha merenda saudable para seguir movendo o esqueleto coa actividade de zumba dirixida por Luis González.

Un pequeno grupo de alumnos e alumnas do noso cole fixéronnos unha demostración das súas habilidades físicas cunha exhibición de taekwondo guiados por Alberto Verea, monitor do Ximnasio  Maniotas.

 Todo o claustro da Barquiña queremos agradecer de corazón a vosa solidariedade e implicación con este evento.

A recaudación de alimentos superou as nosas expectativas!

 

Queremos agradecer a colaboración da ANPA que como sempre, amosa un gran interese e implicación en todas as propostas que lles presentamos, así como aos supermercados GadisEroskiFrutería RobertoLuis González (monitor de zumba) e Ximnasio Maniotas, Protección Civil de Noia e Policía Local e Concello de Noia.

Informarvos que Moncho Vidal farase cargo do envío de alimentos a Ucraína por medio da ONG.

 

PLAN XOGADE 2022

 

O martes 7 e o venres 17 de xuño, o alumnado de 6º de Primaria participou en dúas actividades deportivas do plan Xogade (xogos galegos deportivos en idade escolar)

 Unha delas foi piragüismo, na modalidade Dragóns e levouse a cabo no Náutico de Portosin. Nesta actividade os rapaces e rapazas embarcaron nun bote para 12 ou 22 palistas onde un monitor é o tambor, que dirixe o ritmo da palada, e outro é o timonel, que leva a dirección do barco.

A outra actividade estivo formada por vela e kaiak, desenvolveuse no Náutico do Freixo e, a pesares da falta de vento, puideron disfrutar dunha xornada moi divertida onde non faltaron as risas, o esforzo e a diversión.

 

                            

AXUDAS CONCELLO CURSO: 2022-2023

 

AXUDAS DO CONCELLO DE NOIA PARA MATERIAL E COMEDOR ESCOLAR CURSO 2002-2023

 

O Concello de Noia informa, da publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, da convocatoria das axudas para adquisición de libros de texto e material didáctico e para o financiamento do servizo de comedor escolar para Educación Infantil e Primaria para o curso 2022-2023.

O prazo para presentar as solicitudes será do 16 de xuño ata o 7 de xullo de 2022 (ambos incluídos).

As solicitudes deberán presentarse de xeito presencial no rexistro de entrada ou pola sede electrónica do Concello de Noia, correctamente cubertas e coa documentación obrigatoria esixida na convocatoria.

*No caso de que as axudas se soliciten para dous ou máis irmáns, deberá presentarse unha solicitude por cada alumno.

Nos arquivos adxuntos pódese descargar a resolución da convocatoria e o modelo de solicitude.

 

NATURALIZANDO O PATIO DA BARQUIÑA

 

 

NATURALIZANDO O PATIO DA MAN DE MIGUEL A. BLANCO.

Dentro do Proxecto de Dinamización  do Patio do centro, no que estamos inmersos este curso, levamos a cabo un obradoiro de plantación co noso alumnado da man de Miguel A. Blanco , xardineiro do Concello de Noia.

Aproveitando a época na que estamos plantamos flores de temporada: tajetes, hortensias, begonias, xeranios..., algunhas hortalizas (pementos, berenxenas, cenorias, berros...) e plantas aromáticas (menta, albahaca, tomillo, perexil, ....).

Como macetas reutilizamos dous neumáticos xigantes e uns hortos .

           

O alumnado documentouse nas aulas sobre o tipo de flores e plantas, o seu coidado etc...antes de realizar o obradoiro.

Pasamos un intre ben entretido !!

Grazas a Miguel e ao Concello de Noia pola súa colaboración nesta actividade.

 

 

 

REUNIÓN INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO ADMITIDO PARA CURSO 2022 /2023 (3 ANOS)

Este martes día 7 de xuño ás 17:30h, terá lugar a charla informativa para aquelas familias con fillos/as admitidos/as nas listaxes definitivas para o curso 2022/23 no curso de 4º curso de Educación Infantil. Dita reunión levarase a cabo no centro respectando as medidas do protoclo COVID vixente. Así mesmo, lembrar que nesta primeira reunión e toma de contacto non debe asistir o alumnado. Recibide un agarimoso saúdo do profesorado de Educación Infantil e a dirección do centro.

 

OBRADOIRO CANTO e TOUPICIENCIA

Esta pasada semana tivemos varias actividades das que damos conta nesta nova entrada da nosa páxina.

O martes pasado día 31  /05/ 2022 desenvolvéronse no centro dúas actividades, a primera delas consistiu nunha obra de teatro titulada TOUPICIENCIA. O noso alumnado pudo desfrutar desta representación teatral na biblioteca do centro.

 

Así mesmo, e grazas a colaboración de Narci Rodríguez o alumnado de terceiro curso de educación primaria tivo a oportunidade de participar nun obradoiro de canto. Para facelo traballaron coa canción de "Encanto": No se habla de Bruno. No enlace podedes ver o mágnifico traballo que fixeron co apoio de Narci, para que comprobedes o ben que sonan estes mágnificos artistas. Ademáis podedes botar unha ollada ó canle do cole e os seus famosos VENRES DE CONCERTO. 

ENLACE A VENRES DE CONCERTOS / OBRADOIRO de CANTO NARCI

 

CHARLA DE MONCHO VIDAL SOBRE A GUERRA EN UCRAÍNA

 

O venres 3 de xuño visitounos no cole Moncho Vidal, máis coñecido na nosa vila como Moncho O Ceboleiro. Relatou a súa experiencia colaborando como membro dunha ONG dedicada á axuda humanitaria en países en conflito. Neste momento a súa actividade está centrada na repatriación de persoas de orixe ucraína ao noso país e no envío de artigos de primeira necesidade, como poden ser alimentos non perecedoiros, material sanitario cirúrxico, artigos de hixiene persoal…

Moncho chegou en compaña de dúas mozas ucraínas, Liza e Nika, que acudiron ao centro para contarnos a súa experiencia nestes máis de 100 días nos que o seu país leva en guerra. Tres alumnos de 6º: Manu, Celtia e Mateo Tomé, coa colaboración de Queta, a  profe de inglés, foron os encargados de entrevistalas dende a radio do cole.  Resultou unha entrevista moi persoal onde contaron como eran as súas vidas antes de comezar a guerra e onde manifestaron o seu sentimento de angustia ante un futuro cheo de incertidume.

Despois do programa de radio, todo o alumnado de Infantil e Primaria xunto co profesorado, escoitamos a experiencia vivida por Moncho nas dúas viaxes que realizou ata a fronteira de Polonia para repatriar a persoas ucraínas a Galicia. Amosounos imaxes destas viaxes que, unidas ás súas palabras, impactaron de cheo nos nosos  corazóns.

Tamén apelou á nosa solidariedade e agradeceu o interese por coñecer de primeira man o que está a acontecer en Ucraína.

Esta charla foi a primeira parte dunha actividade solidaria programada dende a escola, que culminará o día 20 de xuño coa realización dunha andaina solidaria a favor de Ucraína. A marcha partirá dende o centro e percorrerá a contorna da Barquiña. 

Xa de volta, no cole, os rapaces e rapazas gozarán dunha merenda saudable para, de seguido, amenizar a xornada cunha actividade de zumba impartida por Luis Sampaio, que coloborará de forma altruísta connosco.

 


CAMPAMENTO VERÁN

 

PLAN CONCILIA VERÁN 2022

Dende a ANPA " A Barquiña" estase preparando O PLAN CONCILIA VERÁN do 4 de xullo ao 19 de agosto de 2022, en horario de 9:00h a 14:00h. Será levado a cabo a través da empresa AXÓUXERE DEPORTE E ANIMACIÓN, S.L. e xestionado a través da ANPA, coa colaboración do Concello de Noia.

 

CONVOCATORIA FONDO LIBROS CURSO 2022 - 2023

ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 19 de maio ao 22 de xuño do 2022

 

BENEFICIARIOS: Alumnado de Educación primaria matriculado no curso 2022 /2023 en centros sostidos con fondos públicos.

MODALIDADES:

-       Libros de texto : Alumnado de 1º, 2º 3º e 4º e educación especial.

O alumnado de 5º e 6º do noso centro participa no programa EDIXGAL (ordenadores alumnado), polo que non debe participar neste apartado.

-       Axudas de material: Alumnado de educación primaria de 1º a 6º e educación especial.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR: (OS ANEXOS I E II, OS PODEDES DESCARGAR DESDE ESTA NOVA)

      - Solicitude segundo o Anexo I.

- Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

- Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

           - Certificado ou volante de convivencia.

           - Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

- Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

 

- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai ou a nai ou o/a titor/a ou titores/as carezan de DNI ou NIE.

Comprobación de datos 

   Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo I e achegar unha copia dos documentos.

                 DNI ou NIE da persoa solicitante.

                 DNI ou NIE da persoa representante.

 

Marque o recadro correspondente no Anexo I para sinalar as circunstancias que lle sexa de aplicación 

Certificado de discapacidade expedido pola Administración autonómica.

Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez ou equivalente de clase pasivas.

 

Consentimento para a comprobación de datos 

A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente: 

Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou certificado tributario de imputacións do exercicio 2020.

 

A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PODESE FACER VÍA TELEMÁTICA NO SEGUINTE ENDEREZO OU BEN A TRAVÉS DA APLICACIÓN FONDO LIBROS:

 

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

 

NO PROPIO CENTRO EDUCATIVO, NO HORARIO DE ATENCIÓN AS FAMILIAS.

 

FORA DESTE HORARIO NON SERÁ POSIBLE ATENDELOS.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut