Skip to Content

CURSO 2016-2017

GRADUÁNDOSE OS PEQUECHOS...

Graduándose os pequechos...  

UN GRAN CONCERTO...

Un gran concerto...e uns grandes músicos...  

OS QUE SE VAN....E OS QUE COMEZAN UNHA NOVA ETAPA CON NÓS...A TODOS NORABOA

 

 

SALVAMENTO E PRIMEIROS AUXILIOS

  

O xoves 27 de abril, o alumnado de 6º, disfrutou dunha xornada de Salvamento Acuático e Primeiros Auxilios na piscina Municipal de Noia. Por unhas horas experiementaron o duro que é o salvamento acuático e a necesidade de estar preparado/a fisicamente para exercer este deporte, que para algunhas persoas, é a súa profesión.

Tamén coñeceron o Salvamento como modalidade deportiva e practicaron o RCP ( Reanimación cardio pulmonar) cun maniquí.

A verdade é que a experiencia soubo a pouco, pero esperamos que aportáramos o noso gran de area, non só aprendendo coñecementos teóricos, senon tamén concienciación da necesadade de ter un estilo de vida san, onde a actividade física teña cabida,  e como non, entender o principio básico do Salvamento:PAS (PROTEXER, AVISAR E SOCORRER)

 

CARLOS CASARES DA MAN DE SERAFÍN MARCOS

Xa é un clásico neste centro, que Serafín Marcos, nos acerque, a través da súa parodia, a vida e obra do escritor ao que se dedica cada ano as Letras Galegas.

Así este curso, descubrimos a un Carlos Casares moi entrañable e un gran escritor que podemos descubrir a través das súas innumerables obras de narrativa.

O seu interés polos nenos/as levouno a escribir contos tan coñecidos como: "A galiña azul", As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas", "O can Rin e o lobo Crispín"...

Se queredes coñecer máis sobre as súas obras e a súa vida, clicade nos enlaces.

 

PERCORRENDO A NOIA MEDIEVAL CON SERAFÍN MARCOS

   
                                                   

NA CIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ENTROIDO 2017

 

 

A LETRA "G" DE GAITA DA MAN DE MIGUEL GONZÁLEZ EX ALUMNO DESTE CENTRO

       

Partindo do tema central que se traballa este curso desde a biblioteca do centro "A cultura tradicional", os nenos/as de Educación Infantil están construíndo o abecedario tradicional; para isto pediuse colaboración ás familias e achegados para que con cada letra do abecedario lles mostrásemos aos alumnos/as algún aparello, instrumento, construción, oficio, afección..da nosa cultura. Para comezar decidimos facelo coa "G" de gaita, pois no Entroido esta etapa disfrázase de gaiteiros/as..e foi así como Miguel nos fixo pasar un intre ben divertido tocando a gaita, explícándonos o seu funcionamento, partes, e respondendo,a tódolas dúbidas que tiñan os nosos pequenos e pequenas. Grazas Miguel por vir a que foi a túa escola.

INFORMACIÓN

A dirección do deste centro, comunica a tódalas familias que hoxe, día 27 de xaneiro, foron ingresados 183,00 euros a MÉDICOS SIN FRONTEIRAS ESPAÑA, recaudados no mercadillo solidario que se celebrou o día 21 de xaneiro coincidindo coa festa do Nadal.

Graciñas  pola vosa colaboración.

Distribuir contido


by Dr. Radut