Skip to Content

PRESENTACIÓN

Biblioteca

 

    A BIBLIOTECA 

      A Biblioteca Escolar é o espazo educativo ó servizo da comunidade escolar, integrado no Proxecto Educativo e curricular do centro e dende o que fomentar métodos activos de ensinanaza aprendizaxe.
Proporciona informaión e ideas que son fundamentais para desenvolverse con éxito na sociedade contemporánea, baseada na información e no coñecemento.

OBXECTIVOS

  •  
    • Inculcar e fomentar nos nenos/as o hábito e o pracer da lectura.
    • Utilizar as bibliotecas como lugar de búsqueda de información a fin de adquirir coñecementos, comprender, desenvovver a imaxinación e entreterse.
    • Organizar actividades que estimulen a concienciación a sensibilización no plano cultural e social.

ACTIVIDADES

Para conseguir este obxectivos está traballando un equipo de biblioteca que (coa colaboración do resto do profesorado) realiza un servizo de préstamo catalogación e rexistro de novos libros no programa Meiga e organiza actividades encamiñadas a animación da lectura.

Realizamos un proxecto e concedéronnos o Plan de Mellora de Bibliotecas cunha dotación mobiliaria, fondos, material informático...
Contamos cuns fondos de máis de catro mil libros a disposición do alumnado.
Para coñeceros fondos da nosa Biblioteca podedes entrar neste enderezo.

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org

 

Álvaro Cunqueiro

 

2011 CENTENARIO DE ÁLVARO CUNQUEIRO

ÁLVARO CUNQUEIROcunqueiro

 

 Álvaro Cunqueiro Mora naceu en Mondoñedo en 1911. En 1922 trasladouse a Lugo para cursar o Bacharelato, e despois a Compostela para estudar Filosofía e Letras, onde se decantou polas tertulias e as lecturas antes do que polas aulas. Descubriu así a obra de autores como Yeats, Rilke, Breton, Verlaine que deixarán pegada nos seus primeiros poemarios. Nas tertulias do Derby e do Español coincidirá con García-Sabell, Torrente Ballester,Carvalho Calero, Luís Seoane, Maside, Colmeiro e moitos outros integrantes do movemento artístico compostelán. Estes contactos estimularon a Cunqueiro a tomar consciencia do país e da lingua. De volta en Mondoñedo, participou no movemento editorial dos anos trinta promovendo a aparición de varias publicacións (Papel de color, Galiza, Editorial Un...) inseridas no ambiente vangardista da época. Na liña vangardista publicou os poemarios Mar ao Norde (1932),Cantiga nova que se chama Ribeira (1933) e Poemas do si e do non (1933).
     Afiliado á Falanxe desde 1937, Cunqueiro exerceu de mestre en Santa Marta de Ortigueira e de periodista en Vigo, Donostia e Madrid. En 1944 o réxime retiroulle o carné de xornalista e voltou a Mondoñedo onde comezo a súa andaina como narrador galego.

 Ingresou na Real Academia Galega en 1961, ano en que foi vivira Vigo para traballar no xornal Faro de Vigo.
     Desde 1978, en que gaña unha bolsa vitalicia da Fundación Pedro Barrié de la Maza, e até a súa morte en 1981, sucedéronse as homenaxes: Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela, Pedrón de Ouro do Patronato Rosalía de Castro, homenaxe pública en Vigo...
Morre en Vigo no ano 1981.

 

 

 Se queres máis información clica nos seguintes enlace:

http://www.bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=%C1lvCunqu&alias=%C1lvaro+Cunqueiro&solapa=obras

  http://www.consellodacultura.org/cunqueiro2011/

A mascota da Biblioteca Curso 2007-2008

 


 


Clica na imaxe para ver o día da miña elección. 


Repepico



      Ola! Chámome Repepico e son a mascota da Biblioteca do Colexio. Como cheguei ata aquí? Pois a través da vosa imaxinación. De momento só tendes a miña foto pero moi pronto estarei aí con todos e xa non vos deixarei.
      A miña casa  é a Biblioteca e poderedes estar conmigo sempre que vos apeteza ler, consultar algo nos libros, no ordenador ou escoitar música que tamén teremos.
     Ata pronto! que seguro que será despois de Reis.
 Ah! por certo, portádevos ben para que vos traian moitos regalos.

     Sabedes que lles vou pidir eu? Seguro que o adiviñáchedes, un libro cun CD de música que se chama " A memoria das árbores". 
     Xa sei que viredes rapidamente a lelo e a escoitalo.
                                   Ata moi pronto e non vos olvidedes de visitarme!!
                                                                   Unha aperta,

                                                                                                 Repepico


 


                  


 


 

Eleccións ó Consello escolar

Neste curso 2011- 2012 correspóndenos a renovación parcial dos membros do Consello Escolar.
Por iso estes días, estamos mandando información as familias xa que o período para presentar candidaturas está abero desde o día de hoxe, 8 de novembro ata as 14:30 h.o día do 16 de novembro.
Animamos a tódalas familias a participar para que a representación de pais/nasi neste órgano colexiado non quede vacante.
O impreso da candidatura podédelo recoller no centro ou baixándoo de aquí.
Distribuir contido


by Dr. Radut