Ola familias:
Dende o cole da Barquiña queremos ofrecervos unha charla para a promoción de hábitos de alimentación saudables.
O papel do colexio é moi importante para afianzar uns hábitos de vida sans, pero non hai que esquecer que o principal núcleo que inflúe na educación nutricional dun neno ou nena, é a familia. Por iso queremos contar con vós para estas charlas informativas, para que, dende a casa, tamén apostemos por unha alimentación sa.
Cada vez é máis patente o aumento da obesidade e sobrepeso na sociedade en xeral, converténdose nun problema grave entre os máis cativos. A obesidade e o sobrepeso poden derivar en problemas de saúde tan graves como enfermidades cardiovasculares, diabetes, hipertensión e incluso, algún tipo de cancro. Polo tanto, unha correcta alimentación dende a infancia é determinante para protexelos destas doenzas.
As charlas serán impartidas por Cristina Maneiro, Diplomada en enfermería, diplomada en fisioterapia, doctora en osteopatía e psiconeuroinmunóloga e pola doutora María Castiñeira Caamaño, especialista en nutrición e dietética.
Estarán divididas en tres sesións:
O luns 10 de febreiro para 1º, 2º e 3º de primaria.
O xoves 13 de febreiro para 4º, 5º e 6º de primaria.
O martes 11 de febreiro ás 17.00h para pais/nais na biblioteca don noso cole.
Agradecemos de antemán a vosa participación nas charlas!