SESIÓN DE CINE.
O xoves 28 de febreiro disfrutamos dunha sesión de cine na aula. A película que vimos titulábase “Gnomeo y Julieta”, e formaba parte do proxecto que estamos desenrolando a cerca dos duendes.
Durante a semana fixemos diferentes actividades para preparar o evento:
1.CARTEL ANUNCIO DA PELÍCULA
Decidimos elaborar a carteleira do cine e entre todos pensamos en escribir no cartel o seguinte:
- Nome do cine.
- Título da película e imaxe da mesma.
- Data da proxección.
- Hora do evento.
Clica na imaxe para ver máis fotos.
2. ENTRADAS
Conversando chegamos á conclusión de que é imprescindible dispoñer de entradas para ver a película e as elaboramos
escribindo o título da película, a data e o número de fila e butaca.
3. AS BUTACAS
Decidimos colocar as butacas coma nun cine de verdade e dispoñelas en filas. Fomos colocando na beira de cada fila o cartel correspondente en orde ascendente, tivemos ata nove filas!. Fixemos o mesmo ca numeración das butacas, os nenos/as foron colocando por orde o número de cada butaca no respaldo.
Pero para facer todo isto tivemos que razoar un pouquiño e pensar cantas butacas necesitábamos para entrar tódolos nenos/as de infantil. Para isto tivemos que empregar as sumas e as restas ata chegar ao número preciso.
Finalmente, convertemos a nosa clase no cine "Infantil" colocando as butacas numeradas diante da PDI.
4. A TAQUILLA
Puxemos unha mesa na entrada, xa que no cine a cola faise fóra, alí dous compañeiro/as vendéronnos as entradas que xa elaboraramos.
Cada entrada custaba 3 euros e para mercala de novo tivemos que realizar pequenas operacións matemáticas entre nós. “Se costa 3 euros e me das 5 téñoche que devolver 2 euros”.
Unha vez mercada a entrada os encargados da taquilla partíanos a nosa entrada e …os acomodadores axudábannos a atopar o noso sitio.
5. O QUIOSCO
Como en todos os cines non podía faltar un quiosco. Ca entrada dábannos un vale por un vaso de palomitas que tiñamos que ir buscar ao quiosco do cine. Ummmmm, que boas estaban!!!!
Durante esta semana disfrutamos de cada unha das actividades realizadas e as conversacións mantidas para organizar a nosa sesión de cine .
A experiencia resultou moi boa!!!!
É moi divertido empregar os números e as letras cando nos resultan útiles.