Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (procedemento ED330B)
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 21 de maio ao 21 de xuño do 2024.
BENEFICIARIOS (no noso centro): Alumnado de Educación Primaria matriculado no vindeiro curso 2024 /2025 en centros sostidos con fondos públicos.
MODALIDADES:
- Libros de texto : Alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º e educación especial.
O alumnado de 5º e 6º do noso centro participa no programa EDIXGAL (ordenadores alumnado), polo que non debe participar neste apartado.
- Axudas de material: Alumnado de educación primaria de 1º a 6º e educación especial.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Anexo I e II (solicitude e comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
- Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.
- En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
- Certificado ou volante de convivencia, no caso que non se poda acreditar o membros da unidade familiar mediante o libro de familia.
- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
DE SER O CASO...
- Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.
- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai ou a nai ou o/a titor/a ou titores/as carezan de DNI ou NIE.
- Calquera outra documentación que sirva para xustificar algún dos items sinalados.
A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PÓDESE FACER:
- VÍA TELEMÁTICA NO SEGUINTE ENDEREZO: (unha por alumno/a)
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B
- A TRAVÉS DA APLICACIÓN FONDO LIBROS:
https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
- NO PROPIO CENTRO EDUCATIVO, NO HORARIO DE ATENCIÓN AS FAMILIAS. (fora deste horario non será posible atendelos)
- Presentando os anexos I e II, xunto coa documentación requirida na secretaría do centro no seguinte horario:
IMPORTANTE. Fora deste horario non será posible a atención o público, por estar os responsables desenvolvendo as súas tarefas docentes. O presente horario pode sufrir modificacións ó longo do curso. (2023_09_10)
DOCUMENTOS: