Estimados pais e nais:
Moitos saúdos para toda a nosa comunidade educativa, xa estamos ao comezo dun novo ano académico que ven con algunha novidade. Desde o día 1 de setembro contamos cun novo equipo directivo no centro formado por:
Carmen Romero Bello (directora), Santiago García Nieto (xefe de estudos) e Juan C. Avila Ribadas (secretario).
Aproveitamos estas liñas para agradecer o esforzo, traballo e dedicación da anterior directiva do noso CEIP.
Antes de comezar coas clases, gustaríanos compartir un momento convosco para que nos poidamos coñecer un pouquiño e explicarvos como imos a levar este novo curso 2021/22, que dará comezo o día 9 de setembro para o alumnado de educación infantil (4 e 5 anos) e educación primaria.
O día 10 de setembro comezará o alumnado de educación infantil (3 anos) segundo o establecido no periodo de adaptación.
Por esta razón, coidamos que é importante convocarvos ás reunións coas diferentes titorías. Lembrade que, debemos continuar respectando as medidas COVID establecidas para os centros escolares, polo que ademais das medidas xa coñecidas por todos, como o USO OBRIGATORIO de MASCARILLA, pregamos só asista un PAI/NAI/TITOR ou REPRESENTANTE LEGAL por cada un dos nosos alumnos é alumnas. Ó chegar ao centro cada titor/a irá facendo un chamamento para dirixirvos ás aulas de cada reunión.
As quendas e horarios que temos pensado son os seguintes:
7 SETEMBRO |
4º INFANTIL (3 ANOS) |
edificio E. Infantil |
16:30 |
5º INFANTIL (4 ANOS) |
edificio E. Infantil |
16:30 |
6º INFANTIL (5 ANOS) |
edificio E. Infantil |
16:30 |
3º EDUCACIÓN PRIMARIA |
edificio E. Primaria |
17:30 |
5º EDUCACIÓN PRIMARIA |
edificio E. Primaria |
18:30 |
8 SETEMBRO |
1º EDUCACIÓN PRIMARIA |
edificio E. Infantil |
16:30 |
2º EDUCACIÓN PRIMARIA |
edificio E. Primaria |
16:30 |
4º EDUCACIÓN PRIMARIA |
edificio E. Primaria |
17:30 |
6º EDUCACIÓN PRIMARIA |
edificio E. Primaria |
18:30 |
Recibide un cordial saúdo desde o profesorado do centro.