Preparando o Nadal

Os nenos e nenas de 1º están desexando que chegue o Nadal, por iso había que poñer unha árbore na nosa aula. Pero neste caso decidimos poñer unha moi especial, en primeiro lugar porque estaría decorada por nós e, en segundo lugar, porque precisaba da participación de todos e todas.

 

Durante a actividade os alumnos e alumas tiveron que comunicarse, poñerse de acordo, coordinarse e organizarse como un gran equipo porque o traballo duns dependía do dos outros: a árbore estaba formada por 24 folios que, todos xuntos, revelaban o seu debuxo.

O obxectivo está máis que conseguido e o resultado podedes velo no corredor e nas imaxes que veñen a continuación.

 

 

 

ANIVERSARIO MESTRA

 

 

Grazas a todos por vosos parabens foi un día moi chulo. Grazas.

BIBLIOTECA

 

A biblioteca por fín aberta para poder desfrutar dela. Grazas ao equipo de biblioteca que fixo un xogo de scaperoom para que o alumnado conseguira a chave para abrir a porta.

 

ÁMBITO O CORPO

 

Fixeron os dos aparellos como funcionan o explicaron a seus compañeiros/as e logo xogaron a xogos on line para mirar se aprendiron todo o traballado no ámbito.

 

 

Distribuir contido

Back to top