MOMENTOS DE PATIO NOS DÍAS DE CHOIVA

Nos días de choiva tamén saímos ao patio. Ás veces temos sorte e na nosa hora de saír non chove, pero outras pìllanos a choiva cando xa estamos fóra... así que tócanos poñernos a cuberto e procurar alternativas de xogo:

Noutras ocasións, saímos á entrada e facemos diversos xogos de construccións:

E tamén aproveitamos cando a pista está baleira e saímos a correr, a camiñar polas liñas, saltar nos charcos...

A choiva non detén o noso desfrute no cole de Abelendo!

Uns dentistas moi creativos

Os alumnos e alumnas de 5º de Primaria convertíronse en dentistas por un día e axudaron a catro pacientes moi especiais que perderan os dentes. Botando man duns cantos lapis de cores e algúns rotuladores conseguiron devolverlle o sorriso a un neno, un coello, un león e un extraterrestre. De paso aproveitamos para traballar diferentes trazos e diferentes técnicas co material de Educación Plástica.

Estes son os sorrisos creados polo alumnado. 

 

        

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Este venres inauguramos a Biblioteca do cole e o proxecto que desde alí ímos a desenvoler sobre os mares e océnaos, e que leva por título "enMARañados".

Pero antes de ir a Biblioteca, vimos un video na aula onde saían uns animais moi fermosos que viven no mar: as medusas.

Despois na Biblio, pudiemos ver un libro de consulta sobre diversos animais mariños, e un pequeno video onde ademais de ver criaturas fermosas que viven nese medio acuático, pudiemos observar que se non coidamos ese contorno os animais e as plantas que alí viven vense moi perxudicados.

Quedamos moi impresionados con toda esta información. Tanto que no patio atopamos lixo e por iniciativa propia decidiron limpar o noso cole e tirar o que atopáramos no contenedor axeitado.

 

E por último, dedicamos a última parte da mañá para facer unha pequena manualidade: unha medusa que decorará o teito da biblioteca e que nos acompañará durante este proxecto.

 

Seguro que aprendemos moitas cousas sobre o mar, os océanos e o seu coidado!

MANUAL WEBEX PARA VIDEOCONFERENCIAS

Ola a todos/as:

Deixámosvos aquí unhas instruccións que vos poden axudar para o emrprego da aplicación Cisco Webex para as videoconferencias que imos realizar.

Adxuntamos nun pdf ditas instruccións, pero se premedes na seguinte ligazón tamen poderedes acceder a elas.

PROFESORADO CURSO 2020- 2021

O profesorado co que conta o centro para este curso 2019-2020 è o seguinte: 

  • 3 mestres/as de Educación Infantil.
  • 4  mestres/as de Educación Primaria.
  • 1  mestra de Filoloxía Inglesa.
  • 1  mestre de Filoloxía Francesa
  • 1 mestre de  Educación Musical.
  • 1 mestre de Educación Física.
  • 1 mestra de Pedagoxía Terapéutica.
  • 1 mestra de Relixión (Compartida co Ceip de Quintela).
  • 1 mestra Audición e Linguaxe (Compartida co Ceip de Tirán).
  • 1 orientadora (Compartida co CEIP de Tirán). 
Distribuir contido

Back to top