8M: As nosas mulleres traballadoras

O alumnado de Valores Sociais e Cívicos de 6º de Primaria quixo celebrar o 8M homenaxeando a algunhas das mulleres traballadoras ás que admiran. 

Tras elaborar un cuestionario falaron con esas mulleres ou imaxinaron unha conversa con elas e plasmaron as súas respostas neste mural interactivo.

Recomendación de libros moi especiais

Ola Chicas e chicos:

Esta semana, apetecíame recomendarvos uns libros que me prestou un compañeiro voso e que me gustaron moito.

Creo que, como sempre, é importante compartir bos materiais, sexan libros, xogos, cancións....

 

Noah y Dix, el misterio de la dislexia : Llecha Jofre, Carlos, Sebastia  Costa, Kiko: Amazon.es: Libros  Pedro y el reto del mapa. Un libro sobre la dislexia : Packiam Alloway,  Tracy, Sanfelippo, Anna, Blanco Alonso, Vanesa: Amazon.es: Libros  El Club de los Raros: 231 (El Barco de Vapor Naranja) : Sierra i Fabra,  Jordi, Hijo, Tomás: Amazon.es: Libros

Así que xa sabedes, anímovos a facer recomendacións.

Ata a próxima.

 

Buscapistas. Formación de usuarios.

Durante a semana do 25 de outubro inauguramos a nosa Biblioteca poñendo a proba as nosas aptitudes como detectives, coñecendo as distintas zonas da biblioteca e todo o que alí podemos atopar.

Nada máis chegar á Biblioteca atopabamonos unha maleta, encadeada e pechada cun cadeado que non podíamos abrir. Tamén había unha nota que nos levaba á zona da prensa para buscar unha palabra escondida entre os xornais:

A palabra escondida era MÚSICA. Así aprendimos que na nosa Biblioteca hai unha zona que contén libros con música e cds... Ao atopar esta zona descubrimos unha mensaxe segreda:

Esta mensaxe nos levaba á zona de lectura, a cada un dos grupos a súa zona de lectura, e alí atopábamos unha nova pista escondida entre os libros: dentro dun sobre había un quebracabezas...

Este quebracabezas conformaba a portada dun libro de consulta, e unha vez alí atopábamos un novo sobre cunha nova pista:

A nova pista nos levaba á zona de cómic, que ten unha nova ubicación dentro da Biblioteca. Alí, entre os cómics, atopamos un pendrive, que nos levaba á zona dos ordenadores:

No pendrive había un vídeo duns poemas dun libro sobre Rosalía de Castro. Tocábanos agora buscar a zona de poesía da nosa Biblioteca e atopar ese libro, cunha nova pista:

Xa queda pouco para rematar... Se o misterio queres liberar, nos xogos terás que buscar. Esta era a última pista, que nos levaba á zona de xogos.

Nos xogos por fin atopamos a chave que abría o cadeado e liberaba o misterio!!

 

 

24 de outubro Día das Bibliotecas

O domingo 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, unha conmemoración que desde 1997 é impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, e á que se foron sumando o Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.

"A edición deste ano, baixo o lema "Biblitecas: ler, aprender, descubrir" céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertod apara o acceso á cutura e o coñecemento, a partir da lectura e do consunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundis."

Desde a escola quixemos aproveitar esta conmemoración para inaugurar a nosa Biblioteca e poder comenzar a facer os empréstitos. Durante toda a semana cada grupo-clase acudiu a este espazo para levar a cabo unha actividade de formación de usuarios, a través dun xogo de bucapistas...

Empezaba a andaina cunha maleta encadeada e cun cadeado pechado que escondía un misterio...

Cada pista que atopamos nos vai levando ás distintas zonas da biblioteca: prnesa, música, zona de lectura, zona de consulta, cómic, ordenadores, poesía, xogos, etc... Ata atopar a chave que abre o cadeado e desvela... un agasallo que ten que ver co noso proxecto deste ano sobre o Universo: Un universo na túa maleta.

Ambiente de lóxica - matemática. 2021 - 2022

Nos últimos días de setembro estivemos empregando materiais xa coñecidos do ano pasado, e pouco a pouco, unha vez que fomos lembrando como facer estas propostas, fomos engadindo algúns novos materiais e actividades.

Coma sempre, nesta zona da aula perseguimos favorecer a adquisición de contidos relacionados coa ordenación, seración, emparellamentos e agrupamentos, lóxica e estruturación espacial, recoñecemento dos números e asociación da grafía á cantidade...

Tanto a escalera marrón como as regretas son xa materiais coñecidos para nós, pero nos axudan a estruturar e ordenar o pensamento, así como a coñecer dviersas propiedades dos obxectos, como poden ser o grosor ou a lonxitude.

Outro material coñecido e que ademais nos axuda a afianzar a nosa coordinación óculo - manual e a reforzar a psicomotricidade fina son os pinchiños, que ademais de poder xogar libremente con eles, tamén facemos actividades máis dirixidas, como nesta ocasión que estivemos a facer series de dous e tres elementos.

Con novos xogos traballamos a lóxica, os emprellamentos, a atención, a concentración e a discriminación auditiva:

Tamén engadimos novos quebracabezas, que nos axudan na estruturación espacial, así como na planificación das nosas tarefas, e incluso co traballo en equipo cando xogamos xuntos.

E por último estivemos lembrando as grafías dos números, o conteo e a asociación da grafía coa cantidade con algúns materiais coñecidos do curso pasado.

E así seguiremos traballando neste ambiente da aula, afianzando os coñecementos adquiridos e progresando para, pouco a pouco, ir aprendendo cousas novas e seguir medrando.

 

Distribuir contido

Back to top