CAMPO A TRAVÉS

 

 

Os mellores!!!!por participar, por axudaros, por ser únicos.

 

Samaín 22/23

Desfrutamos dun día fermoso de probas, radio e comida moi rica

 

VISITA AO CENTRO CONTRAINCENDIOS 22/23

Non saen todos desculpade. É para que veades unha mostra do que fixeron.

 

 

Setembro e outubro

O curso vai avanzando, xa pasaron os primeiros meses. Foron tempos de adaptación, de aprendizaxe e de diversión. Aquí tedes unha mostra dalgúns dos feitos máis importantes que ocorreron durante este período.

 

Os primeiros días foron para coñecernos e crear vínculos entre todos os compañeiros e compañeiras.

 

Tamén coñeceron aos novos profes do cole, como o mestre de Educación Musical, que apareceu coa súa guitarra nalgunha clase.

 

Pouco a pouco vanlles perdendo o medo ás minúsculas. Moitos xa son quen de ler case calquera palabra!

 

 

 

Tivemos dúas celebracións de aniversario, aínda que pronto virán máis.

 

 

Algúns alumnos e alumnas animáronse a amosar as súas habilidades despois da asemblea. Tivemos sesións de maxia, de repaso de Inglés...

 

En 1º hai moitas ganas de seguir aprendendo e avanzando! 

ACTIVIDADES DÍA DAS ESCRITORAS 2022

Velaí compartimos algunhas das actividades que levamos a cabo para conmemorar o Día das Escritoras, a raíz das propostas elaboradas desde o Equipo de Biblioteca:

Investigación dalgunhas das autoras seleccionadas:

 

Investigación das autoras seleccionadas e recomendacións lectoras sobre algunhas das súas obras:

Manualidade "Árbores de papel", despois da lectura do libro "Sementes de papel":

Lecturas dalgunhas obras recomendadas:

 

Distribuir contido

Back to top