Lecturas de Samaín

Aquí vos deixamos as nosas recomendacións lectoras polo Samaín.

Tamén podedes visitar a nosa exposición de "Contos de medo"

 

Nova sinalización na zona de consulta

Na zona de consulta xa é moito máis doado atopar o libro que queremos ou a temática sobre a queremos investigar. Colocamos uns carteis coa CDU ilustrada, e uns listóns que marca onde acaba e empeza cada unha das categorías.

Esperamos tamén que agora sexa máis doado de volver a colocar os libros no seu lugar correspondente.

Guía informativa

Nesta guía podedes atopar toda a información relativa á nosa Biblioteca, así como un plano para saber onde atopar os diferentes recursos e materiais que temos na escola.

 

 

Programación do 4º obradoiro sociolingüístico 1º-2º

Nas próximas semanas o alumnado de 1º e 2º mergullarase no Antigo Exipto. Serán capaces de superar as probas que lles propoñen sete deuses exipcios?

Distribuir contido

Back to top