20N DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DAS NENAS E NENOS

Este pasado venres celebramos no cole o día dos dereitos das nenas e os nenos.

É un día importante para conmemorar nas escolas e máis no medio desta pandemia que está a poñer a vida de moitas nenas e nenos moi moi difícil.

Como adultos debemos ter ben presente que na infancia se atopan as sementes do futuro e por iso é tan importante coidalas e protexelas. As nenas e nenos son merecedores de respecto e coidados, como sociedade debemos ser conscientes do importante que é darlles o seu lugar e atendelos como merecen.

Para lembralo, dende o cole, recreamos por aulas os dereitos que teñen e colgámolos da alambrada do centro para que todas as familias e veciñanza os poideran lembrar e desfrutalos.

Todos nos parecen fundamentais, pero recollemos este da web de UNICEF pola importancia que ten no noso contexto.

Mirade o traballo das nenas e nenos

PROCEDEMENTO PARA O REPARTO DE MÁSCARAS AO ALUMNADO

O pasado día 13 publicouse no DOG a orde de 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos.

Seguindo as intrucións:

  • Aos alumnos que contan con axudas de material escolar da Xunta as máscaras seranlles asignadas de xeito directo, polo que non precisan tramitar a solicitude

 

  • Unicamente terán que formalizar a solicitude o alumnado que aínda que no seu día non solicitaran as axudas de material escolar cumpra algunha das seguintes condicións:

                       - Pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior 

                         a 6.000 euros

                       - Alumnado matriculado en Ed. especial

                       - Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

                       - Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%

           Os datos a ter en conta son a data 31 de decmbro de 2018.

 

 

PROCEDEMENTO PARA ENTREGA DE SOLICITUDES:

    Entregaranse únicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado a/o alumna/o.

    O prazo será de 10 días hábiles a partir do día seguinte  á publicación da orde no DOG. Do 16 ao 27 de novembro de 2020.

    Deberá entregarse:

  • ANEXO I, debidamente cuberto. (Solicitude en documento anexo) e Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar, de xeito xeral.
  • ANEXO II. No caso de que o solicitante se negue á comprobación dos datos, deberán anotalo no anexo e presentar os documentos que recolle dita orde.

 Para entregalo no centro será imprescindible concertar CITA PREVIA. 886.11.02.56

Aquelas familias que teñan dificultade para imprimir a solicitude, poden chamar ao centro e facémoslle chegar unha fotocopia a través do alumnado.

 

Para resolver calquera dúbida ao respecto, chamade ao cole.

 

 

LISTA DE LIBROS

A continuación tendes o listado de libros de texto para o curso 2020-2021 por curso. Lembrade non mercalos ata que avisemos do centro.

Grazas a todos. Se tendes dúbidas, chamade ao cole. 886.11.02.56

SOLICITUDE COMEDOR E TRANSPORTE

Dende hoxe mesmo e ata o vindeiro día 10 de xullo poderedes facer a solicitude de comedor escolar e transporte para o vindeiro curso 2020/2021.

 

Poderedes escanealas e envialas por correo electrónico a ceip.abelendo@edu.xunta.es

Neste suposto as fotocopias deberán ser compulsadas.

 

No caso de non poder achegalas por medios electrónicos, poderedes facelo presencialmente no centro. Para isto, mellor chamar para concertar unha cita e non coincidir con outras familias. 886.11.02.56

 

Para calquera dúbida estaremos no centro en horario de mañán.

 

Aquí poderedes descargar as solicitudes.

 

 

LISTAXE DEFINITIVA ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2020-2021

Xa está colgada no taboleiro do centro a listaxe DEFINITIVA do alumnado admitido para o curso 2020-2021 estando incluida nela todos os alumnos e alumnas que no seu momento solicitaron praza.

Distribuir contido

Back to top