REUNIÓN INFORMATIVA IES

in

Tras ter a reunión dos Departamentos de Orientación do noso centro e do IES Plurilingüe A Paralaia, queremos informarvos que a reunión informativa para as familias do alumnado que pasa ao IES, que adoita ser no mes de xuño, este ano celebrarase en setembro, agardando ás instrucións da Consellería sobre como será o desenvolvemento do curso 2020-21.

Para calquera información estamos á vosa disposición.

Para máis información sobre as optativas, podedes ver o pdf do IES.

ADMISION NO PROXECTO EDUCACION DIXITAL (E-DIXGAL)

Comunicamos que o noso centro foi admitido para participar no Proxecto de Educación Dixital (E-Dixgal) cara o curso 2020-2021 no curso 5º de Primaria. Para máis información, premede na imaxe

INFORMACIÓN DO IES

in

No seguinte documento adxunto podedes atopar información dirixida ao alumnado de 6º e ás súas familias, sobre o IES Plurilingüe a Paralaia.

No mes de xuño, haberá unha nova reunión informativa. Xa vos informaremos directamente cando estea concretada a data e o lugar/modo de celebración. 

Observa_Acción

Por segundo ano consecutivo o noso centro participa no programa Observa_Acción.

Este ano, despois de facer as observacións no noso centro,recibimos a visita das compañeiras do Ceip da Torre Cela e logo nós  poidemos visitar o seu centro, as súas aulas e espazos interiores e exteriores. 

Foi unha actividade e experiencia moi proveitosa da que sacamos moitas ideas que esperamos ir poñendo en práctica.

 

OBRADOIRO DE IGUALDADE

No mes de marzo e co motivo da celebración do 8M, Día da Muller, desenvolvéronse varios obradoiros en torno á temática da Igualdade!

Aquí deixamos algunhas fotos dos mesmos.

Distribuir contido

Back to top