20N DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DAS NENAS E NENOS
Este pasado venres celebramos no cole o día dos dereitos das nenas e os nenos.
É un día importante para conmemorar nas escolas e máis no medio desta pandemia que está a poñer a vida de moitas nenas e nenos moi moi difícil.
Como adultos debemos ter ben presente que na infancia se atopan as sementes do futuro e por iso é tan importante coidalas e protexelas. As nenas e nenos son merecedores de respecto e coidados, como sociedade debemos ser conscientes do importante que é darlles o seu lugar e atendelos como merecen.
Para lembralo, dende o cole, recreamos por aulas os dereitos que teñen e colgámolos da alambrada do centro para que todas as familias e veciñanza os poideran lembrar e desfrutalos.
Todos nos parecen fundamentais, pero recollemos este da web de UNICEF pola importancia que ten no noso contexto.
Mirade o traballo das nenas e nenos