Skip to Content

Actividades

Estimulación multisensorial: o cheiro

Agora que estamos de volta da Semana Santa imos organizar as actividades de Estimulación Multisensorial por quincenas. Por este motivo, no seguinte adxunto achegamos unha serie de tarefas relacionadas co cheiro que se poden facer de xeito sinxelo dende a casa.

Esperamos que vos gusten!

 

 

Preme en adxunto para descargar o arquivo.

Estimulación multisensorial

Levamos moitos días confinados nas nosas casas para impedir que o virus COVID-19 continúe avanzando, pero iso non quere dicir que nos esteamos aburrindo. Por este motivo, dende a aula de estimulación sensorial do CEE Terra de Ferrol propoñemos unha serie tarefas para que o noso alumnado poida seguir aprendendo dende os seus fogares.

 

Para descargar o arquivo, preme en adxunto e disfruta das actividades para realizar na casa.

Psicomotricidade na casa

Xa podedes descargar o pdf que nos envía a especialista de Psicomotricidade, con varios xogos psicomotrices para realizar na casa. 

Esperamos que vos sexan de utilidade!

Pincha en adxunto para descargar o pdf.

Actividades multisensoriais e piscomotrices

Ante a situación de alerta sanitaria provocada polo COVID-19, dende as unidades de psicomotrocidade e estimulación multisensorial poñemos a disposición das familias unha serie de actividades a modo de xogo que poden ser de utilidade para que empregar cos nenos e nenas na casa. Tendo en conta a grande heteroxeneidade e diversidade do noso alumnado, cremos que se trata de xogos que poden adaptarse en función das necesidades e capacidades de cada neno/a.

 
 
Exemplo de actividades para realizar no domicilio
 
Exemplo de actividades para realizar no domicilio

Para descagar o arquivo completo con todas as actividades, preme en adxunto

Distribuir contido


by Dr. Radut