Skip to Content

Actividades

Estimulación multisensorial: a vista

Dende a aula de Estimulación Multisensorial queremos achegarvos as últimas actividades do curso, nas cales suxerimos unha serie de tarefas para que poidades desenvolver o sentido da vista.

Esperamos que vos guste, de igual modo que tamén desexamos que pasedes unhas boas vacacións.

Descargar o arquivo premendo aquí.

Psicomotricidade na casa

Traémosvos actividades para continuar reforzando a psicomotricidade dende a casa nos próximos días. Concretamente, estes xogos permiten traballar o ritmo e a expresión corporal. Algúns son moi sinxelos e outros máis complexos.  

A pasalo moi ben! 

 

 Preme en aquí para descargar estas actividades! 

Actividades multisensoriais: o oído

Chegou a hora de preparar as orellas e poñer a punto os nosos oídos para poder gozar coas actividades que vos propoñemos a continuación. Esperamos que vos gusten!

 

                                    

Para descargar o arquivo, preme aquí.

Psicomotricidade na casa

Nos vindeiros días imos practicar a relaxación na casa, co cal poderemos traballar ao mesmo tempo diferentes contidos como a percepción e a discriminación de estímulos sensoriais, a orientación espacial e temporal ou a coordinación e control da respiración.

Por suposto, podedes cambiar as cancións que se suxiren por calquera outra que axude ao rapaz ou rapaza a relaxarse. Desfrutade!

Para descargar o arquivo, preme en adxunto.

 

 

 

Psicomotricidade na casa

Velaquí tedes algunhas ideas de circuítos psicomotores que poden facerse no fogar, utilizando material de refugallo ou calquera outro material de uso común que teñamos pola casa.

Tamén seguides tendo dispoñibles as actividades anteriores de reforzo da psicomotricidade, con diferentes xogos en función do nivel do neno/a.

Esperamos que vos gusten e que o pasedes moi ben!

Preme en adxunto para descargar o arquivo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut