Skip to Content

Audición e Linguaxe

Seguimos creando o menú!

Ola, aquí seguimos recopilando imaxes para facer a rutina do menú na aula. Esta semana estas son as novas imaxes que preparamos.

Para descargar o archivo preme aquí.

 

As mil caras de Joao: PRAXIAS

 

Unha das actividades que mais se fan nas aulas de audición e linguaxe son as praxias pero...

 

Que son as praxias?

Conto "Alicia en el país de las maravillas" con pictogramas

Buscando e rebuscando atopei un conto moi coñecido que nos encanda. 

Elaborado polo CEIP de Ribadavia e adaptado cos pictogramas de ARASAAC e un conto precioso para ler co noso alumnado.

Preme aquí para acceder o pdf.

Vocabulario da vila: AS TENDAS

Ola!

Aquí estamos de novo, con novo material para traballar o vocabulario das tendas.

Tratase dun vocabulario cercano e funcional para o alumnado do noso centro.

Na aula de audición e linguaxe tentaremos traballalo ao longo do curso de diversas maneiras e con diversos materiais para afianzar as aprendizaxes.

 

Vocabulario dos alimentos: facemos o menú!

Ola!, aquí vos deixo algunhas imaxes de alimentos para ir traballando o menú do cole.Esta rutina faise nas aulas e tamén a practicamos as veces na aula de AL.

Na aula de A.L. traballamos con rutinas e vocabulario cercano e funcional. Estamos traballando o menú e as comidas con algúns nenos e como non temos todas as imaxes reais correspondentes estamos aumentando o material do que dispoñemos na nosa aula e que queremos compartir con vos por se vos é de utilidade.

Vocabulario do campo: Árbores, froit@s e animais!

Ola de novo!

Xa imos notando a chegada da nova estación no tempo e na paisaxe. E como na aula de audición e linguaxe non somos alleos aos cambios que suceden ao noso redor, aquí vos comparto vocabulario que imos traballar este trimestre (entre outro) referido ao outono e vínculado ca liña temática do centro "Sabela e a rúa". Comezamos polo campo onde atopamos...

ANIMAIS E ÁRBORES FROITEIRAS

Distribuir contido


by Dr. Radut