Skip to Content

As mil caras de Joao: PRAXIAS

 

Unha das actividades que mais se fan nas aulas de audición e linguaxe son as praxias pero...

 

Que son as praxias?

As praxias son movementos que realizamos ca lingua, labios, mandíbula e outros músculos pretos á boca. O seu dominio permítenos levar a cabo unha articulación correcta dos diferentes sons e favorecer o entendemento da fala, así como outras tarefas importantes como poden ser o sopro ou a alimentación.

 

De aí a importancia da súa práctica. As veces as facemos de forma xeral para mellorar a mobilidade dos órganos implicados na fala favorecendo así unha maior intelixibilidade da linguaxe oral do noso alumno.

 

Outras veces buscamos exercitar o necesario para lograr a mastigación e a deglución antes de pasar o paso da fala.

 

Ou buscamos exercicios concretos para obxectivos concretos como podería ser o peche da boca a través do traballo mandibular.

 

O importante é adaptarnos a cada alumno e ofrecerlle os exercicios adecuados.

 

Aquí vos deixo algunhas das praxias que fago co meu alumno Joao. Un verdadeiro experto en poñer mil caras e mais.

            

 

 



blog | by Dr. Radut