Como xa Perico e Piruleta mencionaron na entrada anterior, dende o equipo da biblioteca propuxérase partir do conto de "Elmer" como elemento motivador para traballar o Día da Paz, e dende ese punto elaborar o noso conto tendo como protagonista o galo do galiñeiro que quere ser coma as galiñas; para o acto escenificación con camisetas brancas, negras e unha pintada na aula de distintas cores, imitando a cor das galiñas e galo do noso galiñeiro.
En pleno mes de xaneiro, Perico e Piruleta deíxanvos en formato dixital, o calendario do centro para este ano 2019. Os membros da comunidade, que o solicitaron, xa o teñen en formato papel.
Esta semana, os axudantes da biblioteca estiveron preparando unha fermosa árbore para felicitar o Nadal e quedou exposta en forma de mural. Agardamos que vos guste.
Hoxe, luns 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Para dita conmemoración, no CEE Miño tivemos a oportunidade de colaborar nun proxecto ao que fomos convidados polo CEE Infanta Elena de Monforte o que nos fixo chegar a seguinte nota: