O venres 25, como xa vos dixemos, celebramos o Día da Biblioteca. Sobre as 10:00, a profe Montse, vestida como Sabela, achegoulle a todo o profesorado e alumnado información sobre os novos recunchos creados na biblioteca e como facer un uso axeitado dela, así como, cales son as normas que hai que cumprir. Sabela fixo entrega dos carnets e explicou como se levará a cabo o servizo de préstamo.
Hoxe, 24 de outubro, é o Día das Bibliotecas e nós traballamos arreo na nosa...
Por motivos organizativos será mañá, a partir das 10:00, cando se desenvolvan as distintas actividades programadas pero... Non queremos deixar de compartir con todos vós, algúns dos momentos de preparación e traballo dos nosos rapaces e rapazas...
Fai uns días que luce na entrada do colexio o mural colectivo no que estivemos traballando dende que comezou o Outono...desde a aula 1 ata a 10 todo o alumnado aportou o seu grao de area e fixo con tanto amor que o resultado non podía ser doutro xeito!!!
O pasado martes, día 9 de outubro, na biblioteca, durante a 1ª, 2ª e 4ª sesión e agrupado por niveis, o alumnado asistiu á presentación do proxecto deste curso, "A Casa", que por decisión do claustro decidiuse continuar co mesmo do curso pasado por mor de repasar e profundar no tema, dado que se crearon moitos materiais adaptados, tanto dixitais coma impresos, sendo importante explorar e repasar para afianzar o traballado.
Si, si...como volo contamos...hai uns días que Perico atopou un amiguiño no cole, é o grilo Crí Crí!!! Xa vos iremos informando do que lles acontece...ata logo!!!