En pleno mes de xaneiro, Perico e Piruleta deíxanvos en formato dixital, o calendario do centro para este ano 2019. Os membros da comunidade, que o solicitaron, xa o teñen en formato papel.
Perico e Piruleta seguiron a buscar, e atoparon que no CEE Miño tamén xa se levan feito moitos vídeos e cancións adaptados para celebrar o Día da Paz, así que para non ter que buscar nas publicacións vellas deixan aquí unha selección dos últimos cursos:
Perico e Piruleta estiveron a buscar na rede ideas para ir preparando o Día da Paz, e axudar tanto ao alumnado coma as mestras que xa andan a preparar o noso proxecto.
Lembrar que dende a biblioteca íase partir do conto de "Elmer" e con esa temática elaborar o noso conto, sendo protagonista o noso galo...
E por fin aquí temos o material audiovisual no que se reflexa como vivimos no CEE Miño o comezo das vacacións de Nadal e a despedida do primeiro trimestre.
O noso festival de Nadal comezou ás 13:00 horas e celebrouse o día 21 de decembro no ximnasio cole.
Preparamos un vídeo e unha presentación de fotos para recordalo...agardamos que vos guste!!!
A semana pasada o alumnado do 4º nivel, acompañado polas súas profes foi coñecer a cociña do cole. Alí con Sagrario e a Ángeles, as nosas cociñeiras, viron moitas cousas interesantes que lles chamaron a atención, por exemplo como estaban a preparar un cocido.
A cuestión é que as profes fóronlles pedir colaboración para preparar unha receita ao día seguinte: un pastel de arroz con ovos recollidos por Marta e Abrahan no noso galiñeiro.
A continuación deixámosvos unha presentación de fotos e un vídeo con todo o proceso de elaboración dos dous doces que preparamos...tomade nota!!!
Esta semana, os axudantes da biblioteca estiveron preparando unha fermosa árbore para felicitar o Nadal e quedou exposta en forma de mural. Agardamos que vos guste.