VISITA A COCIÑA E PREPARACIÓN DUN PASTEL DE ARROZ
A semana pasada o alumnado do 4º nivel, acompañado polas súas profes foi coñecer a cociña do cole.
Alí con Sagrario e a Ángeles, as nosas cociñeiras, viron moitas cousas interesantes que lles chamaron a atención, por exemplo como estaban a preparar un cocido.
A cuestión é que as profes fóronlles pedir colaboración para preparar unha receita ao día seguinte: un pastel de arroz con ovos recollidos por Marta e Abrahan no noso galiñeiro.
A continuación deixámosvos unha presentación de fotos e un vídeo con todo o proceso de elaboración dos dous doces que preparamos...tomade nota!!!