Skip to Content

ACTIVIDADES INFANTÍS CON ANIMAIS

Achegamos arquivo das actividades que ofrece a ASOCIACIÓN ESGAIA INSERTA nos periodos de verán para as familias.Agardamos sexan do voso interese.

CONCERTO DETAPAS

Este luns recibimos de novo a visita do grupo "DETAPAS".

Foi unha xornada musical marabillosa que sempre queremos repetir.

EXCURSIÓN A LODOSELO

O pasado xoves 23 de maio un grupo de alumnado,profesorado e coidadores do CEE MIÑO puxémonos en marcha para ir de excursión ao CDR O VISO no pobo de Lodoseso, Concello de Sarreaus.

Foi unha experiencia super completa e con vivivencias, cremos que moi significativas para o alumnado.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024

A semana pasada celebramos no centro o Día das Letras Galegas cun montón de actividades relacionadas coa vida da autora Luisa Villalta. Pasámolo en grande!

RADIO VELLE LETRAS GALEGAS

Dende Radio Velle queremos celebrar as letras galegas invitando a nosa Luisa Villalta particular a visitar as aulas do noso cole e preguntar aos nosos alumnos e alumnas algunha cousa sobre a vida e obra da autora a que se lle adica este ano as letras galegas.

Gracias a tódalas aulas pola vosa colaboración, esperamos que vos guste.

Distribuir contido


by Dr. Radut