Skip to Content

GRADUACIÓN ALUMNADO

Hoxe celebramos o acto de graduación de Siham, Alistair, Iker e Milito.Contamos ca presenza das familias dos alumnos graduados e foi unha mañá chea de maxia da mán dos magos MARTÍN e NINOU. Tamén asistiron o xefe territorial e a inspectora do noso centro.

Grazas a todos por facelo posible.

VISITA DA POLICÍA

Onte tivemos a visita da POLICÍA LOCAL  de Ourense no centro. Sempre é unha visita que ao alumnado lle gusta moito porque desfrutan un montón!

Trouxeron dúas motos e un coche matrulla e o alumnado pudo subirse e sentirse policías por un anaquiño da mañá!

"O MAGOSTO", REPRESENTACIÓN DO POEMA DE CHARO GOLMAR

Aproveitando a visita da autora ao noso cole a pasada semana, presentamos este fantástico traballo realizado polos alumnos e alumnas sobre o magosto. Nel transportáronse ao ambiente do magosto e do outono que Charo Golmnar plasma nos seus poemas no conto "No bico do vento", que nos acompañou como liña temática deste curso. Son uns verdadeiros artistas!

EXCURSIÓN ALLARIZ

O pasado venres día 7 de xuño fomos de visita da man da Asociación Andrea.

Un día marabilloso nun enclave incomparable e cuns amigos moi agarimosos.

Deixamos aquí unha pequena mostra.

RADIO VELLE ENTREVISTA A CHARO GOLMAR

Bo día, o xoves pasado tivemos a visita da escritora Charo Golmar no noso cole, para ver e comprobar o ben que o pasamos coas súas obras Nobelo de Luz e No bico do vento. E dende Radio Velle quixemos aproveitar para facerlle unha pequena entrevista.

Gracias por todo Charo e ata cando queiras.

ENCONTROS CO AUTOR

O día 6 de xuño recibimos a marabillosa visita de Charo Golmar acompañada de Manoele de Felisa...o resto deixámosvolo aquí...

A presentación de Manoele

A visita máxica de Charo...arroupada dun nobelo de luz...

Distribuir contido


by Dr. Radut