Skip to Content

blogue deLucas

RADIO VELLE ENTREVISTA A CHARO GOLMAR

Bo día, o xoves pasado tivemos a visita da escritora Charo Golmar no noso cole, para ver e comprobar o ben que o pasamos coas súas obras Nobelo de Luz e No bico do vento. E dende Radio Velle quixemos aproveitar para facerlle unha pequena entrevista.

Gracias por todo Charo e ata cando queiras.

RADIO VELLE LETRAS GALEGAS

Dende Radio Velle queremos celebrar as letras galegas invitando a nosa Luisa Villalta particular a visitar as aulas do noso cole e preguntar aos nosos alumnos e alumnas algunha cousa sobre a vida e obra da autora a que se lle adica este ano as letras galegas.

Gracias a tódalas aulas pola vosa colaboración, esperamos que vos guste.

GALERÍA ARTE DO CEE MIÑO

Nos meses de febreiro e marzo deste curso levamos a cabo no centro un obradoiro de pintura impartido polo artista ourensán Manuel Penín e coas obras realizados polo noso alumnado dedicimos realizar unha exposición polos pasillos do internado do centro.

Deixamos un video co resultado desta exposición para que poidades ver as obras que fixeron os nosos artistas. 

RADIO VELLE CELEBRA O DÍA DO LIBRO

Bo día, esta semana celebramos no cole o día do libro e dende Radio Velle realizamos unha serie de entrevistas a algún dos nosos compañeiros e compañeiras para que nos contara como se leva cos libros na súa casa, canto e cando lee e cales lecturas nos recomendan.

Esperamos que vos guste e ata próxima emisión.

ATA SEMPRE DAVID

Hoxe cumplirías 15 anos David, pero nas pasadas vacacións de semana santa coñecimos a triste nova do teu falecemento.

Con este video queremos facerte unha pequena homenaxe e recordo do teu paso polo cole e xa de paso, mandar moitos ánimos a túa famila. 

RADIO VELLE CELEBRA O DÍA DA MULLER

Hoxe 8 de Marzo celebramos no cole o día da muller e dende Radio Velle realizamos unha serie de entrevistas para coñecer un pouco máis as nosas compañeiras e os diferentes traballos que desenvolven día a día no noso cole, coidadoras,cociñeiras, equipo médico, fisioterapia, equipo directivo e mestras como non.

Distribuir contido


by Dr. Radut