Skip to Content

blogue deAnag

FIN DE CURSO 2023-2024

Rematamos este curso lembrando a festa de Fin de curso que celebramos a semana pasada, repleta de diversión, risas e grandes momentos. Pasámolo pipa! Que pasedes un bo verán familias, vémonos en setembro!

"O MAGOSTO", REPRESENTACIÓN DO POEMA DE CHARO GOLMAR

Aproveitando a visita da autora ao noso cole a pasada semana, presentamos este fantástico traballo realizado polos alumnos e alumnas sobre o magosto. Nel transportáronse ao ambiente do magosto e do outono que Charo Golmnar plasma nos seus poemas no conto "No bico do vento", que nos acompañou como liña temática deste curso. Son uns verdadeiros artistas!

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024

A semana pasada celebramos no centro o Día das Letras Galegas cun montón de actividades relacionadas coa vida da autora Luisa Villalta. Pasámolo en grande!

Día de Rosalía

O pasado venres celebramos na biblioteca do centro o Día de Rosalía a través dun mural conxunto co retrato da autora. Pasámolo pipa!!

Distribuir contido


by Dr. Radut