P2002003 A familia como motor de cambio. Educar no esforzo e na responsabilidade
Enviado por magovi a Mar, 27/04/2021 - 23:16Summary:
Summary:
Tema:
Sección:
Áreas-CAFI:
Summary:
Modalidade: presencial a través de videoconferencia.
Horas presenciais: 8
Prazas: 30
Temporalización: 14/04/2021 - 05/05/2021
Horario:
Data | Horario | Relator/a | Título relatorio |
---|---|---|---|
14/04/2021 | 18:00-19:00 |
Laura Pérez Seara. Inspección educativa. |
“O Equipo de Orientación Específico de Ourense” |
14/04/2021 | 19:00-20:00 |
Miguel Nogueiras Mascareñas. Especialidade en trastornos de conduta |
“O coidado do benestar emocional” |
21/04/2021 | 18:00-20:00 |
Ramona Gómez Iglesias. Especialidade en altas capacidades |
“A realidade das altas capacidades en Ourense” |
28/04/2021 | 18:00-19:00 |
Mª Jesús Mazaira Castro. Especialidade en audición e linguaxe |
“A avaliación do alumnado con dificultades na linguaxe” |
28/04/2021 | 19:00-20:00 |
Camilo Varela Blanco. Especialidade en Trastornos xeneralizados do desenvolvemento |
“A avaliación do alumnado con TEA” |
05/05/2021 | 18:00-19:00 |
Pilar Novoa Carcacía. Especialidade en traballo social |
“Propostas de intervención no traballo coas familias desde os Departamentos de Orientación” |
05/05/2021 | 19:00-20:00 |
Jorge Pérez Diéguez. Especialidade en discapacidades sensoriais |
“Discapacidades sensoriais: avaliación e intervención” |
Obxectivos:
Contidos:
Asesora responsable da actividade: Muñoz González, Rebeca (cfr.ourense.organizacionediversidade@edu.xunta.gal)
Materiais da actividade: www.edu.xunta.gal/centros/cfrourense/aulavirtual/course/view.php?id=679
Summary:
Creouse unha zona de formación aberta no CFR da Coruña.
Nesta sección ponse á disposición do profesorado galego unha serie de cursos en formato aberto.
Estes cursos, que inclúen só a parte teórica, pretenden servir de guía e non poderán ser entendidos como actividades formativas certificables nin terán o habitual soporte de titorización co que contan os cursos titorizados tanto en Platega como nos CFR da Rede de formación.
A día de hoxe contamos con dúas actividades de ferramentas institucionais:
· Actualización de ferramentas tecnolóxicas para docentes
· Aproveitamento didáctico de ferramentas institucionais para o ensino mixto
Para poder acceder aos cursos debe ser vostede unha persoa usuaria da aula virtual do CFR, si non o é, pode crear o seu usuario segundo as instrucións indicadas na propia aula virtual.
Unha vez que sexa usuario, ten a chave de automatriculación no acceso de cada curso.
Summary:
A Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña quere celebrar e compartir convosco o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
Con este propósito realizaron dous audiovisuais, un dirixido a escolares de educación primaria (que podedes consultar nesta ligazón) e outro dirixido a escolares de educación secundaria (que podedes consultar nesta ligazón). Neles participaron investigadoras da USC para dar a coñecer dun xeito sinxelo e próximo a súa traxectoria científica e vital e, ademais dos seus logros profesionais, relatan anécdotas co obxecto de incentivar a curiosidade pola profesión investigadora e científica.
Podedes participar nesta iniciativa visualizando os audiovisuais e logo gravando un pequeno vídeo preguntándolles o que queirades ás nosas científicas. Tedes ata o 31 de marzo de 2021 para vos gravar e mandar os vosos vídeos a través dunha ligazón facilitada por qr nos própios audiovisuais.
Animádevos, xa que entre os participantes realizarase un sorteo para visitar algún dos centros do Parque Tecnolóxico da nosa universidade, poderedes ver o lugar de traballo das nosas científicas!
Summary:
Nas vindeiras semanas darán comenzo os cursos de contidos dixitais:
Estes cursos pretenden dar continuidade aos xa realizados no primeiro trimestre do curso, incidindo e ampliando os contidos máis interesantes e útiles.
Se hai un número suficiente de docentes dun centro concreto, poderase facer especificamente para ese centro, do contrario, o profesorado interesado integrariase nun curso con profesorado doutros centros.
O prazo límite de inscrición é o 12 de febreiro.
Sección:
Summary:
Sección:
Summary:
Curso de tratamento do TDAH desde o ámbito educativo
Competencias profesionais: Educador/a guía no proceso de aprendizaxe e desenvolvemento do alumnado - Acción titorial e atención á diversidade.
Forma de participación: Mixta
Modalidade: Curso
Referencia: C2001012
Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización: 08/02/2021 - 03/03/2021
Lugar: CFR A Coruña (A Coruña)
Prazas: 50
Horas totais
Destinatarios: Todas as ensinanzas
Obxectivos
1.Tratamento do TDAH desde o ámbito educativo
Contidos
1.Aspectos clínicos do TDAH
2.Manexo na aula
3.Dificultades de lectura e escritura no TDAH
4.Prevención de accidentes comúns e Protocolo de Consenso sobre TDAH na infancia e adolescencia nos ámbitos educativo e sanitario
Summary:
O CFR de A Coruña ven de publicar un novo exemplar do seu “Boletín de recursos do CFR da Coruña”.
Remitimos aos centros educativos, neste momento o primeiro número dos dous que se publicarán neste curso escolar 2020/21. Número, este, que inclúe recensións actualizadas, funcionais e prácticas.
O comentario de texto, tanto en formato dixital como impreso, e unha ampla e seleccionada escolma de temática diversa que esmiúza, de xeito didáctico, o mundo educativo; é un exemplo sobre o que poderá reflexionar e/ou debater en claustro, ou ben de forma personalizada.
Estas lecturas son unha ferramenta moi interesante para profundar no debate sobre o tipo de escola que estamos a deseñar, e a escola do futuro inmediato.
Nos seguintes número desexaríamos poder contar coa colaboración de todo aquel persoal docente que teña interese e se anime.