Gallego

Proba de nivel Cursos CALC

Summary: 

Ábrese o prazo para a inscrición na Proba de Nivel dos cursos CALC ata o 27 de setembro de 2020.
Gallego

Ábrese o prazo para a inscrición na Proba de Nivel dos cursos CALC. Para acceder a un curso CALC é necesario posuír o certificado/título que xustifique o nivel de lingua inmediatamente anterior, segundo a escala de niveis do MCERL (A1-A2-B1-B2-C1-C2). As persoas que NON POSÚEN ningún título ou certificado que acredite o seu nivel de lingua poderán facer esta Proba de Nivel. O resultado desta proba indicará o nivel no que se pode inscribir o/a participante. As persoas que posúen un certificado recollido na ORDE do 21 de xuño de 2016 NON TEÑEN que realizar a Proba de Nivel.

O prazo de inscrición nesta proba remata o 27 de setembro de 2020.

proba de nivel CALC
proba de nivel CALC

Boletín xuño 2020

Summary: 

Boletín de publicacións do CFR de A Coruña de xuño 2020
Gallego

Boletín de publicacións do CFR de A Coruña de xuño 2020

Para baixar o arquivo fai clic aquí

 

Boletín 2020
Boletín 2020

C1901154 Primeiros experimentos de ciencia para infantil e primaria

Summary: 

Curso impartido por Patricia Barciela e José Viñas.
Undefined

Data: 

15/04/2020 - 21/05/2020

Lugar: 

CFR A Coruña

Horario: 

16:30 a 20:00

Tema: 

Sección: 

C1901152 Exercicios para o coidado e hixiene da voz. Ortofonía

Summary: 

Todos os mércores non festivos dende o 12 de febreiro ao 1 de abril
Gallego

Data: 

12/02/2020 - 01/04/2020

Lugar: 

CFR da Coruña, salón de Actos da UNED

Tema: 

Sección: 

C1901152 Exercicios para o coidado e hixiene da voz. Ortofonía

Summary: 

Estase a celebrar no CFR da Coruña a actividade formativa Exercicios para o coidado e hixiene da voz. Ortofonía todos os mércores non festivos dende o 12 de febreiro ao 1 de abril.
Gallego

O profesorado somos un colectivo que temos a voz como a principal ferramenta de traballo. É moi frecuente que o seu uso diario durante longas horas obrigue a un esforzo que vaia deteriorando pouco a pouco a súa calidade e é moi complicado recuperala sen someterse a tempadas de repouso. Malos hábitos de vida, acompañados dun mal uso desta pode provocar longas tempadas de afonía.

Este problema pode agravarse ata impedir o exercicio da nosa profesión. Por este motivo, o coidado da voz e a aprendizaxe de técnica vocal que fomenten o seu bo uso e eviten a aparición de alteracións gañan especial relevancia na nosa profesión. Neste curso imos achegarche esa información básica para o bo coidado e hixiene da voz.

Exercicios para o coidado e hixiene da voz. Ortofonía
Exercicios para o coidado e hixiene da voz. Ortofonía

Angélica Sátiro en Dombate

Summary: 

Charla café de Angélica Sátiro en Dombate o 12 de xuño ás 17:00
Gallego

Café – coloquio con Angélica Sátiro
Creatividade en Infantil e Primaria
 

12 de xuño ás 17 horas no Centro de interpretación
Dolmen de Dombate
 
http://www.angelicasatiro.net/el-pais-entrevista-angelica-satiro-sobre-como-despertar-la-creatividad

Con máis de 200 libros pedagóxicos publicados e innumerables publicacións sobre creatividade e pensamento crítico na infancia, Angélica Sátiro é unha firme defensora de fomentar o pensamento crítico nos nenos, intentando que o sistema educativo conxugue o reflexivo co autónomo. Nos máis de trinta anos dedicados a educación foi conferenciante, creadora e asesora de proxectos de innovación educativa en máis dunha ducia de países de Europa e América. Outra das súas liñas de traballo é a chamada filosofía para nenos, avogando por aproveitar cada situación cotiá para que os nenos aprendan a pensar de forma creativa.

Angélica Sátiro
Angélica Sátiro

Unha metodoloxía eficaz para resolver conflictos nas aulas

Summary: 

Conferencia do profesor Juan de Vicente no IES Fernando Blanco
Gallego

Conferencia do profesor Juan de Vicente Abad no IES Fernando Blanco o venres 3 de maio ás 9:00 horas.

Ademáis impartirá un taller de resolución de conflictos no que participará o alumnado de 1º  e 2º da ESO.

Juan de Vicente Abad
Juan de Vicente Abad

G1802012 Xornadas de Educación Inclusiva. Curso 2018-2019

Summary: 

Actividade formativa dirixida a todo o profesorado que imparte docencia nos niveis non universitarios na que darán a coñecer prácticas inclusivas e se favorecerá o contacto dos centros educativos coas entidades con convenio que prestan atención ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
Gallego

DATA: 30 de marzo.

LUGAR: Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia

 

A actividade ten por obxecto divulgar experiencias inclusivas na comunidade autónoma e promover a participación da comunidade escolar para favorecer a atención á diversidade de todo o alumnado.

 

Educación inclusiva
Educación inclusiva

G1814001 XX Foro galego de educación en igualdade. Plan Proxecta. Curso 2018-2019

Summary: 

O XX Foro Galego de educaión para a igualdade é unha actividade complementaria ao Plan Proxecta que se organiza desde a Secretaría Xeral de Igualdadade.
Gallego

DATAS: Venres 5 e sábado 6 de abril.

LUGAR: EGAP-Santiago de Compostela.

OBXECTIVOS:

1.Fomentar unha cultura de emprendemento, creatividade, innovación e excelencia.

2.Impulsar a iniciativa e participación activa do alumnado nos procesos de aprendizaxe como factor de transformación social.

3.Integrar a perspectiva feminina e masculina no traballo docente.

CONTIDOS:

1.Aplicación da perspectiva de xénero na promoción de actitudes e habilidades que configuran o talento: liderado, iniciativa e autonomía persoal.

2.Integración da variable xénero nas iniciativas para o fomento da creatividade persoal e social e da cultura emprendedora.

XX Foro galego de igualdade
XX Foro galego de igualdade