Gallego

A Xunta presenta o protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero, co fin de avanzar na atención á diversidade do alumnado galego

O obxectivo é proporcionar pautas a docentes e persoal dos centros que garantan o respecto e o interese superior do alumnado

Ademais, prímase a coordinación coas familias e a atención personalizada

Gallego
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou hoxe o novo ‘Protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero’
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou hoxe o novo ‘Protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero’

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou hoxe o novo ‘Protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero’, un documento co que se busca garantir o respecto á diversidade do alumnado, en concreto a aquel cuxa identidade rexistral – a que se fai no momento do nacemento- non coincide coa súa identidade de xénero.

Na presentación do documento participaron a presidenta da Asociación de familias con menores trans (Arelas), Cristina Palacios, o director xeral de Educación, FP e Innovación educativa, Manuel Corredoira; e o subdirector xeral de Ordenación e innovación educativa e Formación do profesorado, Manuel Vila.

Este novo protocolo enmárcase na Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020 “educonvives.gal”, o paraugas común baixo o que a Xunta de Galicia ordena todas as medidas postas en marcha desde o ano 2011 para facer fronte aos novos retos que o século XXI presenta á escola, nomeadamente a Lei 4/2011 de convivencia e participación da comunidade educativa, o  posterior protocolo xeral de prevención, detección e tratamento do acoso escolar (incluído o ciberacoso) e o Decreto de convivencia; aspectos todos nos que Galicia foi comunidade autónoma pioneira. Así mesmo, a Consellería ten publicado un ‘Protocolo integral de Protección de Datos Persoais’, que se completará con outro de Identidade Dixital; e un Protocolo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia

Froito tamén de escoitar as peticións da comunidade educativa, a Consellería publicou  o primeiro protocolo a nivel autonómico arredor do Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH), así como outro de ‘Atención en urxencias sanitarias e atención educativa ao alumnado con enfermidade crónica’ – coas súas addendas específicas para o alumnado con diabete e para a atención educativa domiciliaria, as primeiras que se desenvolven deste instrumento –, entre outros documentos de apoio á comunidade educativa.

Seguridade para docentes e alumnos

Estas actuacións son froito do labor ineludible de escoitar as inquedanzas da cidadanía e plasmalas en políticas e accións que solucionen problemas e que melloren a situación. Este diálogo queda exemplificado na elaboración de protocolos e orientacións moi demandados pola comunidade educativa e para cuxa redacción se contou coa colaboración das partes directamente implicadas, como foi neste caso a Asociacións de familias con menores trans (Arelas).

Trátase de documentos de traballo e, polo tanto, flexibles e adaptables a cada Plan de Convivencia de centro e situación concreta, para garantir a atención personalizada e individualizada máis axeitada. Ao mesmo tempo, son  instrumentos para mellorar a coordinación entre familias, centros e Administración educativa na atención á diversidade do alumnado e en prol da súa seguridade psicolóxica e médica.

Estes protocolos son, así mesmo, unha aposta por unha escola inclusiva, na que a normalidade sexa a diferenza e a pluralidade tomada desde o respecto.

Ferramenta de traballo para os centros

Respecto do ‘Protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero’, ten como obxectivo garantir a igualdade de trato e combater a discriminación por razóns de diversidade afectivo-sexual, con especial mención a aqueles casos nos que a identidade sexual non se corresponde coa asignada no momento do nacemento da persoa.

Para iso, o documento define os termos de ‘identidade de xénero’, ‘identidade rexistral’, ‘transexualidade’, ‘cisexualiade’, e ‘orientación sexual’; e establécense pautas para a comunicación aos centros educativos por parte dos pais ou titores legais dos casos nos que se manifeste unha identidade de xénero diferente á asignada no momento do nacemento.

Unha vez a situación sexa comunicada ao centro, tras a valoración dos servizos de saúde, e da avaliación psicopedagóxica que poidan facer os equipos de orientación; os centros poderán apoiarse nas diferentes pautas que o documento ofrece para a atención das necesidades do menor, así como para a información ao resto da comunidade educativa.

Cómpre sinalar, ademais, que o protocolo inclúe recomendación educativas e organizativas do traballo na aula, tales como que docentes e compañeiros se dirixan ao alumnos co nome acordado de forma coordinada por dirección, titoría, servizo de orientación e o propio escolar (ou os seus representantes legais); ou que – na medida do posible- non se realicen actividades diferenciadas por sexo.

Formación do profesorado

Ademais, e co obxectivo de facilitar a información e concienciación sobre estas situacións, o protocolo recomenda que se realicen actuacións de información e sensibilización sobre diversidade sexual e de xénero dirixidas ao alumnado, con especial atención ao recoñecemento e normalización da realidade transexual; actividades formativas dirixidas aos equipos directivos, orientadores e orientadoras e equipos docentes, así como ás familias, relacionadas coa diversidade sexual, facendo especial referencia ao coñecemento da realidade transexual. Así mesmo, a través da Rede de Servizo de Formación Permanente do Profesorado facilitarase a realización de accións formativas tendentes á difusión e concienciación sobre a realidade das persoas trans

Tamén se fomentará a dispoñibilidade nas bibliotecas dos centros educativos dun catálogo de libros, manuais e material audiovisual que inclúa a temática da diversidade sexual, que se adecúen á finalidade do respecto e a dignidade para a ampla diversidade que existe dentro do seo da condición humana.

Atención individualizada

O protocolo está composto por medidas tendentes a guiar as actuacións en materia organizativa e de resposta do sistema educativo. Con todo,cada centro deberá establecer no seu plan de convivencia as medidas particulares que sexan necesarias para garantir o libre exercicio da identidade sexual de todos os membros da comunidade educativa.

Deste xeito procúrase unha atención individualizada que garanta a diversidade afectivo-sexual e o respecto á identidade sexual de cada alumna e alumno.

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade(COGAMI)

Ponse a disposición das comunidades educativas o Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI)

Gallego

Tema: 

Preto de 300 profesionais de educación abordan na EGAP os protocolos xurdidos ao abeiro da Estratexia Galega de Convivencia Escolar

As ‘VI Xornadas dos Xefes e Xefas dos Departamentos de Orientación’ enmárcanse dentro do plan anual de formación do profesorado

Gallego

Preto de 300 profesionais galegos de distintas etapas educativas participan hoxe nas ‘VI Xornadas dos Xefes e Xefas dos Departamentos de Orientación’, que se celebran na Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Neste encontro, que se enmarca dentro do plan anual de formación do profesorado, abordaranse os diferentes protocolos xurdidos ao abeiro da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020.

Organizadas polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), dependente da Consellería de Cultura e Educación, as xornadas teñen como obxectivo potenciar a formación dos profesionais nestes ámbitos, favorecendo a reflexión e o intercambio de ideas. En concreto, os participantes recibirán información sobre o Protocolo de atención educativa domiciliaria; o Protocolo xeral para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar; o Protocolo de urxencias sanitarias e enfermidade crónica; o Protocolo de protección de datos e un avance sobre o Protocolo de identidade de xénero.  

Mesa redonda con seis entidades

Pola súa banda, ao longo da sesión de tarde organizarase unha mesa redonda na que participarán seis entidades sen ánimo de lucro que teñen asinado cadanseu convenio de colaboración coa Consellería co fin de mellorar a atención do alumnado con necesidades educativas especiais.

Trátase da FEGADAH (Federación Galega de Asociacións de Persoas con Trastorno por  Déficit de Atención e Hiperactividade), BATA (Baión, Asociación para o tratamento do autismo), ONCE, FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia), APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral) e DOWN Galicia.

Por último, a xornada rematará coa conferencia “Uso saudable, seguro e responsable das novas tecnoloxías no ámbito educativo”, a cargo de Guillermo Cánovas, director de EducaLIKE.

Colectivo: 

Román Rodríguez anima a fortalecer os vínculos entre os centros educativos e os sectores produtivos galegos para mellorar a formación e a competitividade do alumnado

O conselleiro de Cultura e Educación inaugurou hoxe as Xornadas dedicadas á Industria Conserveira, organizadas polo CIFP Coroso, onde aproveitou tamén para visitar o viveiro de empresa do centro

O titular do departamento educativo da Xunta tamén se achegou ata o centro da Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Psíquica das Comarcas do Barbanza e Noia ‘AMICOS’ e ata o Museo do Gravado

Gallego
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, inaugurou hoxe as Xornadas dedicadas á Industria Conserveira organizadas polo CIFP Coroso de Ribeira
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, inaugurou hoxe as Xornadas dedicadas á Industria Conserveira organizadas polo CIFP Coroso de Ribeira

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, inaugurou hoxe as Xornadas dedicadas á Industria Conserveira organizadas polo CIFP Coroso de Ribeira, onde reivindicou a necesidade de organizar actos coma este para fortalecer os nexos de unión entre os centros educativos e os sectores produtivos do país. “Estamos –en palabras do conselleiro– nun centro de referencia, cunha oferta educativa moi vencellada ao entorno”.

Tal e como destacou, unha Formación Profesional intimamente vinculada á realidade social redundará nunha mellora da formación e da competitividade do alumnado no actual mercado global. En concreto, nestas xornadas abordarase o uso das algas na industria alimentaria, “un recurso endóxeno ao que, se lle aplicamos innovación, pode ser un fantástico recurso económico”, explicou.    

Con motivo da súa presenza no centro, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia visitou o viveiro de empresa, posto en marcha este ano co obxectivo de estimular o espírito emprendedor do alumnado e, en consecuencia, mellorar a súa inserción no futuro mercado laboral. Actualmente hai un total de 19 viveiros de empresa nos centros educativos de Galicia.

Obra de ampliación rematada

Neste contexto, cómpre lembrar a obra de ampliación realizada o ano pasado neste centro, dotada cun investimento superior aos 550.000 euros. O novo volume, rematado no mes de decembro e en funcionamento desde principios deste ano, alberga dous talleres e aseos, así como un pequeno almacén. Trátase dunha nave pensada para os alumnos e alumnas de FP Básica do centro, en concreto para os de FP Básica de Mantemento de Vehículos.     

Con esta actuación, a Consellería reafirma a súa aposta decidida pola Formación Profesional e as súas diferentes modalidades, como fórmula para combater o desemprego xuvenil, mellorar a cualificación dos nosos mozos e mozas e fomentar o emprendemento desde idades temperáns. “A FP –remarcou o conselleiro– é unha das grandes oportunidades do futuro”.  

Colaboración con ‘AMICOS’

Ademais, Román Rodríguez tamén se achegou ata o Centro de Educación Especial AMICOS, dependente da Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Psíquica das Comarcas do Barbanza e Noia ‘AMICOS’, coa que a Consellería ten asinado un convenio de colaboración para apoiar o servizo de transporte escolar adaptado que presta esta entidade a un total de 18 alumnos e alumnas.

 

Deste xeito, o conselleiro e os responsables da dita asociación, así como do centro, valoraron o traballo conxunto e analizaron as próximas colaboracións entre ambas as dúas entidades, tendo en conta que ‘AMICOS’ solicitou o concerto educativo.

Museo galego que máis exporta

Por outro lado, tamén visitou o Museo do Gravado á Estampa Dixital, especializado en arte gráfica antiga e contemporánea. Esta iniciativa singular do rural abriu as súas portas en outubro de 2001 e hoxe é xa o museo galego que máis obras exporta.

As obras que posúe abranguen desde o século XV á actualidade, e entre os artistas gravadores representados están Goya, Rubens, Van Dyck, Toulouse-Lautrec, Saura, Ricardo Baroja, Eberhard Schlotter, Dalí, Alberti ou Picasso.

Colectivo: 

Orientacións sobre Plan de Convivencia

Achéganse orientacións para facilitar e acompañar os procesos de elaboración, revisión e actualización dos Plans de Convivencia dos Centros, no marco da normativa vixente.

 

 

 

Gallego
Orientacións sobre Plan de Convivencia

A Consellería de Cultura e Educación presenta o primeiro protocolo para o alumnado con Trastorno do Espectro de Autismo (TEA)

O departamento educativo da Xunta de Galicia elaborou este documento en colaboración coas asociacións e colectivos implicados

Gallego
 O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou esta mañá o que é o primeiro Protocolo para o Alumnado con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) do sistema educativo galego
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou esta mañá o que é o primeiro Protocolo para o Alumnado con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) do sistema educativo galego

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou esta mañá o que é o primeiro Protocolo para o Alumnado con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) do sistema educativo galego, un documento elaborado en colaboración coas asociacións e colectivos implicados nesta diversidade, dada a importancia do traballo conxunto para acadar o maior éxito escolar posible destes estudantes. No marco da presentación, desenvolvida na Sala Eisenman, o conselleiro explicou que o protocolo busca ser unha ferramenta de uso para profesionais do ensino e para as familias, que estableza o camiño que se debe seguir para unha actuación o máis temperá posible, percibindo os primeiros indicadores ou indicios de que algo non vai segundo o agardado; e que axude a orientar a intervención educativa que se debe realizar por todas as persoas que participan na educación do alumnado con TEA.

Román Rodríguez fixo fincapé na necesidade da cooperación entre familia, Administración e outras institucións que promove o documento; e no deber social que se impón á hora de responder ás necesidades de cada alumnos, dado que “a diversidade somos todos e todas”. Neste sentido lembrou que un dos compromisos máis importantes do departamento de Educación da Xunta  é o da atención á diversidade, regulada mediante o decreto 229/2011, de 7 de decembro. “Unha normativa autonómica que nos fixo ser pioneiros no conxunto do estado”, lembrou, e que representou un salto cara adiante na atención educativa ao alumnado en contornos inclusivos. Sobre este decreto articulouse un sistema baseado na igualdade de oportunidades, pensado para desenvolver as potencialidades e promover a autonomía de cada alumna e alumno, no que existen espazos para a colaboración das familias e do conxunto da sociedade; aspectos nos que afonda o protocolo presentado hoxe para o caso concreto do TEA

Obxectivos

O protocolo hoxe presentado é resultado dun traballo multidisciplinario, que contou con participación de profesionais de ámbitos como a orientación educativa, os centros de educación especial e as entidades sen ánimo de lucro que traballan para mellorar a calidade de vida das persoas con TEA e das súas familia. O obxectivo que se persigue con el é facilitar a detección do TEA e proporcionar a este alumnado unha atención educativa na que se implique o conxunto do centro e as familias en prol do maior e mellor desenvolvemento persoal e social do estudante.

O Protocolo articúlase en epígrafes, centrados no concepto do TEA (conforme co manual de trastornos mentais DSM-5), a  diagnose do mesmo, o tratamento educativo do alumnado con este trastorno, e o proceso de seguimento e avaliación. Finalmente achégase un pequeno glosario de termos ou conceptos utilizados ao longo do documento, referencias bibliográficas e tres anexos con documentos que poden servir de axuda como indicadores do trastorno, con probas específicas de screening e cun esquema que sintetiza ou orienta o percorrido que cómpre seguir ante a sospeita dun caso de TEA.

En definitiva, o Protocolo para o tratamento educativo do alumnado con trastorno do espectro do autismo busca ser unha ferramenta de uso para profesionais do ensino e para as familias, pretende establecer o camiño que se debe seguir desde a aparición dos primeiros indicios e procura, tamén, orientar a intervención educativa que se debe realizar por todas as persoas que participan na educación dese alumnado.

Diagnose

Ademais do concepto do TEA segundo o DSM-5 o protocolo facilita pautas de identificación do TEA, unha ampla relación de indicadores para que as familias e os propios centros educativos poidan distinguir – en diferentes idades- signos ou manifestacións do trastorno. Neste sentido os signos que o profesorado titor detecte deberán ser comunicados ás familias e á xefatura do departamento de orientación que, previo informe á familia, iniciará un procedemento para valorar a posible existencia de TEA. 

A intervención do departamento de orientación centrarase no desenvolvemento do proceso da avaliación psicopedagóxica, segundo a normativa que a regula, e terá por finalidade identificar as necesidades educativas que puidese presentar un alumno ou unha alumna e poder fundamentar as correspondentes propostas, decisións e posibles derivacións. Neste proceso poderá colaborar o Equipo de Orientación Específico.

As conclusións da avaliación psicopedagóxica deben trasladarse ao informe psicopedagóxico, onde se concretarán as propostas de apoio e as orientacións para o centro, o profesorado e a familia. Así mesmo, deberán figurar aquelas axudas e/ou recursos que un alumno ou unha alumna precise para o seu desenvolvemento. Se a avaliación psicopedagóxica confirma a sospeita de indicadores de TEA, trasladarase á familia a conveniencia de que o neno ou a nena reciba atención por parte dos servizos sanitarios. 

En calquera caso, e tal como indica o propio documento, nin a xefatura de departamento de orientación nin o Equipo de Orientación Específico poderán empregar terminoloxía referida a un posible diagnóstico ou adiantalo, dado que a diagnose é unha competencia médica.

Así mesmo o protocolo, como xa indica o Decreto de atención á diversidade, recomenda a escolarización con carácter preferente en centros ordinarios.

Normativa

ORDE do 6 de outubro de 1995 pola que se regulan as adaptacións do currículum nas ensinanzas de réxime xeralDERROGADA

DECRETO 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria

DECRETO 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria

ORDE do 31 de outubro de 1996 pola que se regula a avaliación psicopedagóxica dos alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais que cursan as ensinanzas de réxime xeral, e se establece o procedemento e os criterios para a realización do dictame de escolarizaciónDERROGADA

ORDE do 28 de outubro de 1996 pola que se regulan as condicións e o procedemento para flexibiliza-la duración do período de escolarización obrigatoria dos alumnos con necesidades educativas especiais asociadas a condicións persoais de sobredotación intelectualDERROGADA

DECRETO 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

ORDE do 24 de xullo de 1998 pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada polo Decreto 120/1998

LEI 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia

DECRETO 7/1999, do 7 de xaneiro, polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias

ORDE do 27 de decembro de 2002 pola que se establecen as condicións e criterios para a escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado de ensino non universitario con necesidades educativas especiaisDERROGADA

ORDE do 20 de febreiro de 2004 pola que se establecen as medidas de atención específica ó alumnado procedente do estranxeiroDERROGADA

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2004, da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, pola que se ditan instrucións para os departamentos de orientación dos centros de educación especial

CIRCULAR 18/2007 das Direccións Xerais de Ordenación e Innovación Educativa e de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais pola que se ditan instrucións para unificar as
actuacións e establecer as accións prioritarias dos servizos de orientación educativa e profesional das ensinanzas escolares de Galicia

CIRCULAR 8/2009 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan algunhas medidas de atención á diversidade para o alumnado de Educación Secundaria Obligatoria

CIRCULAR 10/2010 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se ditan instrucións para coordinar as actuacións e establecer as accións prioritarias dos servizos de orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia

DECRETO 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia

LEI 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa

DECRETO 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

LEI 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia

DECRETO 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar

ORDE do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

Gallego