Gallego

Resolución provisional da selección de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek

dw
Gallego

Achégase a  Resolución provisional de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2023/24.

Ábrese un prazo de 3 días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación, para efectuar reclamacións ou renuncias.

Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, convocatoria para o ano 2023

Gallego

Xúntase a Orde do 6 de xullo de 2023, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedementos ED481B e IN606B).

Programa: Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral
Data de publicación DOG:  20.07.2023
Código do procedemento: ED481B
Prazo de presentación de solicitudes: 1 mes a partir do día seguinte ao de publicación da convocatoria no DOG ( ata o 21/08/2023 )

Cal é o obxecto destas axudas?

A finalidade do programa de axudas á etapa de formación posdoutoral é incrementar a incorporación de persoal investigador ao Sistema de I+D+i galego fomentando, na súa etapa inicial, a adquisición e perfeccionamento das habilidades propias do persoal investigador doutor, mediante contratos nos axentes que conforman o sistema e permitindo a súa mobilidade internacional para mellorar a súa formación e capacitación. Ademais, as entidades solicitantes poderán presentar a persoas investigadoras que opten a acadar a condición de bolseiras Fulbright.

 

Novidades desta convocatoria:

  • A duración global da axuda segue a ser dun máximo de tres anos.

  • A duración das estadías será dun mínimo de 20 meses e un máximo de 24 meses de forma continuada e deberán desenvolverse durante as anualidades 2024 e 2025, tendo en conta as características indicadas no artigo 5 das bases da convocatoria. As solicitudes das persoas candidatas a obteren a condición de bolseiras Fulbright terán que realizar un período mínimo de 20 meses e un máximo de 24 meses de estadía que, de forma obrigatoria, deberá desenvolverse integramente nos EUA.

  • De acordo coa modificación da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, inclúese unha axuda que permite cubrir o custo da indemnización por expiración do tempo convido do contrato laboral que asinen coas entidades beneficiarias as persoas seleccionadas ao abeiro desta convocatoria.

Quen pode solicitar estas axudas?

  • A Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades financia as universidades do Sistema Universitario de Galicia (en adiante, SUG).

  • A Axencia Galega de Innovación financia ás entidades alleas ao SUG: organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia.

Tipo e intensidade da axuda:

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva

  • Tipo de axuda: axuda a fondo perdido

  • Intensidade da axuda: 100 %

  • Duración das axudas: un máximo de 3 anos

  • Orzamento total: 7.575.340,00 euros (a achega por parte da Axencia Galega de Innovación será de 1.388.940,00 euros namentres a da Secretaría Xeral de Universidades será de 6.186.400,00 euros)

Número e importe das axudas

Poderanse conceder ata 49 axudas, coa seguinte distribución:

  • 40 para as universidades do SUG, das cales 10 poderán obter a condición de bolseiras Fulbright.

  • 9 para as demais entidades, das cales 2 poderán obter a condición de bolseiras Fulbright.

Os importes destas axudas son os seguintes:

  • 32.000 € brutos anuais en concepto de salario e de custos sociais

  • Un complemento por cada mes de estadía de:

    • 1.000 euros se o destino da estadía está en Portugal ou Andorra (zona 1)

    • 1.500 euros se o destino da estadía está en Europa (agás Portugal ou Andorra), África ou América, agás EUA e Canadá (zona 2)

    • 2.000 euros se o destino da estadía está en EUA, Canadá, Asia ou Oceanía (zona 3)

  • Un total de 500 euros brutos mensuais durante cada período de estadía nos EUA para as solicitudes daquelas persoas investigadoras que acaden a condición de bolseiras Fulbright.

  • Un complemento a cada unha das entidades, que se establece en 1.500 euros anuais por cada persoa contratada con cargo a estas axudas.

  • Para cubrir o custo da indemnización ao remate do contrato, incluirase unha axuda total de 3.160,00 euros.

A onde acudir?

  • Para solicitudes presentadas por universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG):

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES
SECRETARÍA XERAL DE UNIVERSIDADES
SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA UNIVERSITARIA
SERVIZO DE XESTIÓN CIENTÍFICO-TECNOLÓXICA
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
Teléfonos: 881995152 / 881995980
Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal
Información web: http://www.edu.xunta.gal

 

  • Para solicitudes de organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións de investigación sanitaria de Galicia e centros do CSIC radicados en Galicia:

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
R
úa Airas Nunes, s/n
15702 Santiago de Compostela
Teléfonos: 881999213 / 981543991
Email: axudas-rrhh-xestion.gain@xunta.gal
Información web: http://gain.xunta.gal

 

 

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria de bolsas para estadías no estranxeiro dirixidas ao alumnado do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía das escolas de arte e superiores de deseño

Gallego

Xúntase Resolución do 6 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se fai pública a convocatoria de bolsas para estadías no estranxeiro dirixidas ao alumnado do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía das escolas de arte e superiores de deseño da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución do 4 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se convocan os Premios Educativos Innovagal para o curso 2023/24

i
Gallego

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a Resolución do 4 de xullo de 2023 pola que se convocan os premios educativos Innovagal para os centros docentes públicos da comunidade autónoma de Galicia durante o curso 2023/24.
Establécense dúas categorías de participación:

  1. Categoría A: escolas de educación infantil, colexios rurais agrupados, centros de educación especial, colexios de educación infantil e primaria e colexios de educación primaria.
  2. Categoría B: centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros públicos de educación e promoción de persoas adultas.

Poderán concorrer os centros anteriormente citados que impartan e presenten proxectos vencellados ás ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación de persoas adultas e bacharelato.

Os centros poderán presentar as súas candidaturas dende o día posterior á publicación desta resolución no Portal Educativo ata o día 6 de outubro.

 

Colectivo: 

Sección: 

Orde do 22 de xuño de 2023 pola que se establecen medidas para a validación ou a exención de materias de ESO, BAC e ensinanzas profesionais de música e de danza

Gallego

Xúntase a Orde do 22 de xuño de 2023 pola que se establecen medidas para a validación ou a exención de materias da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato e materias das ensinanzas profesionais de música e de danza ou a condición de deportista de alto nivel ou de alto rendemento.

 

Apertura do prazo para solicitar comisión de servizos, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, para o persoal que superou os procedementos selectivos extraordinarios de establización mediante concurso de méritos, curso 2023/24

Gallego

De conformidade co artigo 2.2 da Orde do 7 de xuño de 2018 o persoal docente interino que supere o procedemento selectivo no mesmo corpo e na mesma especialidade e lle fora concedida unha comisión de servizos por razón da conciliación da vida familiar e laboral non estará obrigado a formular unha nova solicitude de comisión de servizos. No suposto de formular unha nova solicitude quedará sen efecto a realizada como persoal interino.

O persoal interino que supere o procedemento selectivo por distinto corpo e especialidade poderá formular unha solicitude de comisión de servizos por razón da conciliación da vida familiar e laboral.

Por último, o persoal que supere o procedemento selectivo extraordinario de estabilización mediante concurso de méritos  que non tivese formulada solicitude de comisión de servizos por razón da conciliación da vida familiar e laboral, poderá formular solicitude neste prazo.

O prazo do persoal que supere o procedemento selectivo extraordinario de estabilización mediante concurso de méritos para formular solicitude de comisión de servizos por razón da conciliación da vida familiar e laboral será de dous (2) días hábiles desde a publicación deste anuncio na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Xa que logo, o prazo para formular a dita solicitude abranguerá desde o día 6 de xullo ata o día 7 de xullo de 2023, ambos incluídos.

 

Colectivo: 

Convocatoria para participar no programa de innovación educativa "Club de Ciencia" para centros docentes públicos durante o curso 2023/24

cc
Gallego

Achégase a Resolución do 28 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se convoca a participación no programa de innovación educativa “Club de Ciencia” para centros docentes públicos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 2023/24.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo (http://www.edu.xunta.gal/portal/) ata o 18 de setembro de 2023.

A solicitude realizarase a través da aplicación Programas Educativos. Acceso á aplicación

 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución definitiva de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras

ac
Gallego

Xúntase Resolución definitiva da Orde do 28 de decembro de 2022 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras (código de procedemento ED504E).

Colectivo: 

Resolución dos premios a curtas de animación en galego Nós tamén creamos! 2022-2023

Gallego

Resolución da XI edición dos premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos! da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e OQO editora.

A Comisión de Selección, logo de avaliar as curtas presentadas á XI edición de Nós tamén creamos!, resolveu outorgar os seguintes galardóns:

 

Categoría 1: 2º ciclo de educación infantil

1º Premio

Tonino. Un pingüín en Ames - EEI do Milladoiro, Ames (A Coruña)

Accésit

Non fai falta a voz - CEE A Barcia, Santiago de Compostela (A Coruña)

Categoría 2: 1º e 2º de educación primaria

1º Premio

O cascabel da gata - CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera, Ponteareas (Pontevedra)

Accésit

A princesa do Caurel - CEIP A Canicouva, Vigo (Pontevedra)

Categoría 3: 3º e 4º de educación primaria

1º Premio

Sígueme - CEIP Padre Feijoo, Allariz (Ourense)

Accésit

A Princesa do Caurel - CEIP Plurilingüe Virxe do Carme, Sober (Lugo)

 

Relación provisional de admitidos e excluídos na proba substitutiva de titulación de graduado na ESO e nas probas específicas de acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio. Curso 2023/24

Gallego

Xúntase Relación provisional de persoas admitidas e excluídas na proba substitutiva de titulación de graduado en educación secundaria obrigatoria e nas probas específicas de acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio. Curso 2023/24.

Poderanse presentar alegacións os días 3 e 4 de xullo de 2023 a través das secretarías dos centros nos cales se presentou a solicitude.

Tema: 

Colectivo: